30/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

O pasado xoves, ao redor das 12 da mañá, comezáronse a escoitar sirenas de policía no cole!!! Ao mirar pola ventá, quedamos pasmados... Un coche da Garda Civil no patio!!!

Paula, de profesión garda civil e mamá de Alma (5 anos) e Martina (4 anos), estaba no patio, xunto cos seus compañeiros, recibindo aos primeiros nenos de Infantil que saían, abraiados, a ver o coche...

Os alumnos e alumnas de 5 anos foron á biblioteca a escoitar unha pequena charla sobre o traballo de Paula. Así de atentos e atentas estaban:
Mentres o alumnado de 5 anos estaba na biblioteca, os nenos e nenas de 4 saían, entusiasmados, a ver o coche patrulla.

Coas explicacións dos gardas, aprendemos o que é un "punto de control" da Garda Civil.

Na biblioteca do Centro, Paula explicounos como desenvolve o seu día a día e cales son os seus materiais de traballo, que puidemos tocar e probar! Hai que ser moi fortes para rexelos! E ela pode!

E, mentres Paula explicaba o seu labor, os seus dous compañeiros viñeron ás aulas de tres anos a buscarnos! Corremos de alegría con eles, pois sabiamos que tocaba ver de preto o seu coche.

Subimos e baixamos todo o que quixemos, puxemos a funcionar a sirena, probamos o chaleco, a gorra...
Despois, fomos á biblioteca a escoitar unha explicación moi sinxela sobre o traballo que desenvolven estes axentes. Ao rematar, estabamos tan felices que, para agradecer a amabilidade e simpatía do axente, nos fundimos nun gran abrazo con el.

O xoves aprendemos que o labor de Garda Civil pode ser desenvolto por mulleres e homes, pois a experiencia de Paula nolo demostrou. 

Moitas grazas, Paula, por vir ata o colexio a explicarnos o teu traballo!!!

Grazas aos teus compañeiros por acompañarte e ser tan pacientes e atentos!!!

Grazas ao corpo da Garda Civil por facilitar a visita destes profesionais!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario