Este curso quixemos contar coa colaboración das familias no noso mural de Nadal. Pedimos que nos escribisen nunha estrela a palabra máis significativa no seno familiar relacionada co Nadal. Un sinfín de estreliñas cheas de sentimento comezaron a chegar ao colexio: amor, paz, cariño, ilusión, familia, ledicia, xuntos, sorrisos, amigos, infinito... Todas estas palabras e moitas máis forman o fermoso firmamento onde colocamos a estela de Nadal deste ano.
Moitísimas grazas, familias, pola vosa colaboración!!!
As árbores e as estrelas son as grandes protagonistas do Nadal de infantil este ano. Xunto a elas, elaboramos outros adornos e, por suposto, postais!! Neste vídeo resumo podedes ver todo o noso traballo, agardamos que vos guste!
A principios de mes visitounos o Apalpador e deixounos contos e castañas! Quixemos, entón, investigar quen era!!
Fixemos un montón de actividades relacionadas con este personaxe do Nadal Galego: limos contos, cantamos cancións, realizamos un mural da serra do Courel coa fauna representativa e a imaxe do Apalpador e xogamos co taboleiro e o Bee bot a buscar a información agochada nas fotografías. Utilizamos a tablet e a pantalla dixital para saber máis ou, simplemente, para xogar con actividades lim sobre o Apalpador...
Canto aprendemos e canto gozamos!!!
Este é un vídeo resumo de todas as nosas actividades.
Para conmemorar o Samaín, nas aulas de tres anos, realizamos moitas actividades terrorificamente divertidas!! Xogamos a pescar ollos e arañas, creamos monstros, baleiramos e decoramos cabazas, limos contos de medo e realizamos diferentes motivos decorativos. Tamén fixemos "unha pantasma comemedos" e "un monstro comemedos".
Neste video resumo recollemos algunhas fotos de todas as actividades.
Durante o periodo de adaptación, os nenos e nenas de tres anos realizaron un mural de benvida ao novo curso. Foi moi divertido, e tiveron a oportunidade de coñecer á mascota da Biblioteca do Centro: Mimi.
Velaí tedes unha mostra da realización do mural e de como quedou!!!!
As aulas de 5º e 6º de Infantil realizamos a nosa viaxe de final de curso a Campolameiro. Como
colofón do Proxecto dos Petróglifos e Prehistoria realizamos unha visita guiada e un obradoiro
ao PAAR de Campolameiro, podedes ver no seguinte vídeo un resumo desta actividade.
Nestas últimas semanas de clase tivemos unha compañeira de viaxe moi especial....Petra!, unha nena da Idade de Bronce que viaxou no tempo para abrirnos as portas dunha etapa moi importante no desenvolvemento da nosa historia.
O proxecto arrancou dende a biblioteca do Centro cun xogo de pistas que nos levou a coñecer a Petra e iniciar o noso Proxecto de Petróglifos.
Pintamos fermosos murais con distintas técnicas e planos...
Na nosa investigación, sentimos curiosidade polos traballos coa palla, a profe Amelia ensinounos como se trenza a palla...
Nesta pequena ventá ao pasado que abrimos tivo moito protagonismo tanto o presente coma o futuro máis inmediato da nosa sociedade: as novas tecnoloxías. Dende o inicio xogando co robot Mbot que nos guiou nas pistas da biblioteca ata o final co achegamento da moita información do noso Concello sobre os petróglifos con códigos Qr.
O día 13 de xuño viñeron Pili, da Biblioteca Pública, e o Sr Abraldes, o alcalde de Barro, para entregar uns agasallos ás aulas de infantil pola participación no Concurso de contos convocado polo Concello : "Os contos que contan"
O pasado 8 de xuño, as nenas e nenos de tres anos do noso Centro visitamos a Biblioteca pública "Padre Martín Ferro" de Caldas de Reis. Rosa e Cristina, as responsables da biblioteca, ensináronnos que hai moitos libros diferentes: grandes, moi grandes, pequenos, moi pequenos, libros acordeón, con lapelas, con sorpresa, ... Contáronnos unha manchea de contos moi divertidos!!! Para rematar a visita na biblioteca, puidemos coller e ver os libros que quixemos da zona infantil!! Foi xenial e gozamos moitísimo!!!
Antes de voltar ao cole, merendamos no Xardín. Aquí podedes ver un vídeo resumo da xornada.
Grazas Rosa e Cristina por amosarnos a biblioteca, por facernos pasar unha mañá marabillosa entre risos, sorpresas e fantasía, grazas por abrirnos, un pouquiño máis, as portas do mundo máxico dos contos e dos libros!!
Rematamos o Proxecto Voces de Mulleres amosando e expoñendo o que aprendimos.
Os nenos e nenas de 3 anos faláronlle ás aulas de 4 e 5 anos de Maruja Mallo (pintora) e Marie Curie (científica).
Na aula de 4 anos B investigaron tamén a Marie Curie, a Alicia Suárez (ilustradora) e Menchu Lamas (pintora).
Na aula de 4 anos A investigaron a Paula Carballeira (escritora), Soledad Penalta (escultora) e Susana Martínez Conde (científica).
Na aula de 5 anos A investigaron a Adela Turin (escritora), Sonia Delaunay (pintora e deseñadora) e Susana Oubiña (científica, experta en robótica).
Na aula de 5 anos B investigaron sobre a vida de varias mulleres "Pioneiras" galegas: Isabel Barreto (almiranta), Celia Rivas (condutora de camión), Isabel Zendal (enfermeira), Áurea Rodríguez (gaiteira), Irene González (futbolista) e Ángeles Alvariño (bióloga).
O pasado 15 de maio as aulas de 3 anos fomos cantar unha canción aos nenos e nenas da EEI A Galiña Azul de Barro. Foi a nosa aportación aos Contacontos Interciclos que o noso centro
programou no marco das actividades "Do Libro ás Letras" para a semana
grande das Letras Galegas.
Despois, o profesorado da Escola Infantil contounos o conto "Unha eiruga moi larpeira". Para rematar pintamos unha bolboreta!!
Pasámolo moi ben!!
Moitas grazas ao equipo docente da EEI A Galiña Azul de Barro pola súa colaboración.
O 16 de maio as aulas de cinco anos fomos contar un conto aos nenos e nenas da EEI A Galiña Azul de Barro. Foi a nosa aportación aos Contacontos Interciclos que o noso centro programou no marco das actividades "Do Libro ás Letras" para a semana grande das Letras Galegas.
A aula de 5 anos A contou e representou o conto "Imos cazar un oso" de Michael Rosen.
A aula de 5 anos B contou "Tres lobos e un Pirata" un conto de produción propia.
As profes da Escola tiñan preparada unha bonita sorpresa! Participamos como actores e actrices na representación do conto "Os tres porquiños".
Foi xenial!!!
Queremos agradecer ao equipo docente da EEI A Galiña Azul de Barro a súa colaboración.
E veñen falarnos dos seus traballos aos nenos e nenas de 4ºde Infantil...
Marcelino, o papá de Lucas S. de 3 anos B, ensinounos unha grúa para o transporte de coches. Puidemos ver as luces de emerxencia, como baixa a plataforma para subir un coche, o velocímetro... E o mellor... Deixounos subir e ver a cabina!!!
E veñen cantar con nós, os nenos e nenas de 6º B de Infantil.
Laura, mamá de Jorge de 5 anos B, estivo no cole e trouxo o disco de Andrea Bayer "Puño puñete". Cantaron as cancións : Puño puñete; Xoaniña voa, voa e Ha, ha, ha.
Trouxeron consigo algunha sorpresiña ... e pasámolo moi ben!!
Elen, a mamá de Elba, estivo na Biblioteca para contarnos un conto: A cebra Camila. Pero, non viña soa..., na súa maleta viña Camila e... algún amiguiño máis!!!
E veñen cociñar con nós, á aula de 4ºB de infantil...
Sergio, o papá de Teo, preparou unhas recetas fáciles de cociña. Primeiro fixemos un batido de fresas e plátano. Nós colaboramos a pelar as fresas. Por último, fixo un "pastel máxico!!!" pois estaba feito de escuma e cando o aplastabamos, enseguida recuperaba a forma.
Dentro do Programa de Drogodependencias e prevención de Condutas Adictivas, promovido polo Concello de Barro e a Consellería de Sanidade, os nenos e nenas de 6ª de Educación Infantil aprendemos a mellorar a nosa alimentación cun obradoiro chamado "Merendas saudables"
Fai unhas semanas recibimos unha "maleta saudable" cargadiña de xogos e contos, que gozamos un montón e coa que puidemos aprender moitas cousas sobre os alimentos, as emocións...
E o pasado martes 22 realizamos no comedor unha actividade moi interesante: Julia, psicóloga encargada deste proxecto, amosounos cun semáforo de alimentos cales son fantásticos para a nosa alimentación, cales debemos descartar da nosa dieta e cales podemos tomar de vez en cando. Tamén aprendemos a diferenciar alimentos polo seu cheiro.
E para rematar esta actividade tan divertida e á vez tan interesante preparamos uns pinchos de froita, estaban moi ricos!!!
Canto aprendemos!!! Grazas Julia por ensinarnos deste xeito tan divertido!!
E veñen contar contos ás nenas e aos nenos de 6º A de Infantil ...
Marián, mamá de Sara, e Nuria, mamá de Eric, estiveron na Biblioteca do cole para agasallarnos cunhas bonitas máscaras e contar o conto... "Gato vermello, gato azul"