Na aula de 4 anos levamos un tempo aprendendo a poñer nome ás nosas emocións, xa que é moi importante, dende ben cativos, entender o que sentimos e saber como reaccionar, como calmarnos e como solucionar pequenos conflitos no día a día...
A nosa andadura comezou cos contos "O Monstro de Cores" e "O Monstro de cores vai ao Colexio" da autora Anna Llenas.
Grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Barro temos na aula os "botes das emocións" e o "monstro da calma" inspirados nestes contos. Durante un montón de días fomos poñendo nome ás nosas emocións e coñecéndoas máis profundamente.
Tamén elaboramos unhas "botellas da calma" ou "botellas máxicas" que nos axudan a sentirnos mellor cando estamos tristes ou enfadados. Velaí o resultado!
Pero a nosa viaxe polas emocións non remata aquí. Durante estas últimas semanas acudiu á nosa aula Natalia. Da man dos seus contos: "¿Qué bigotes me pasa?" da autora Olga de Dios, "Tengo un Volcán" de Miriam Tirado Torras, e "Valeria" de Margarita del Mazo e os seus talleres, puidemos profundizar un pouco máis e aprendemos que a timidez e a vergonza son emocións importantes que hai que xestionar, e que o volcán que se acende no noso interior cando sentimos ira, pódese apagar con só respirar moi profundamente.
Da gusto vérmonos así de implicadas e implicados!!!
MOITAS GRAZAS!!!