21/12/19

NADAL EN INFANTIL

O Nadal é unha época chea de moita ilusión. En Infantil sempre a vivimos dun xeito moi intenso porque as nenas e os nenos sabemos que a maxia existe e que calquera cousa é posible, basta con soñar!!

Puxemos moito empeño en poñer bonito o cole e en plasmar os nosos mellores desexos.

 Mesturamos as tradicións de sempre coas novas tecnoloxías, facendo este "tempo de espera" moi divertido e enriquecedor.


As crianzas do cole desexámosvos...

...BO NADAL!!!

19/12/19

AS FAMILIAS CONTAN

O ACUARIO DE ALEXA


Hoxe, na aula de 5 anos estivo Patricia, a mamá de Alexa. Entre as dúas explicáronnos moitas cousas sobre o acuario que teñen na casa e puidemos observar algúns peixiños e ver como comían.

24/11/19

AS FAMILIAS CONTAN

O pasado xoves viñeron á aula de catro anos Mónica e Ana, nais de Mario e Mauro. Traían un montón de elementos da natureza recollidos por elas mesmas e secadas con moito agarimo: follas de diferentes árbores, cocos de eucalipto, follas de arbustos aromáticos... para realizar unha manualidade relacionada co noso proxecto do Outono.

Coas follas que trouxeron decoramos as nosas fotos.
Así de guapos e guapas quedamos!!!

Moitas grazas, Ana e Mónica, por vir regalarnos o voso tempo!!

19/10/19

PROXECTO DO MAR

Ao longo do mes de setembro e parte do mes de outubro, na aula de 4 anos desenvolvemos un pequeno proxecto relacionado co mar e coas vivencias das vacacións.


 Unha das cousas que máis nos gustan é xogar coa area e recoller cunchas... durante todo este tempo tivemos o noso rincón do proxecto onde cada día podiamos ir a xogar.... era como ter a praia na clase!

Grazas á colaboración das familias tivemos unha biblioteca do proxecto moi ampla, cada día desfrutamos de todos eses libros.


Para rematar fixemos un simpático cangrexo... así de atarefados nos tivo.

Moitas grazas familias polas vosas aportacións!!
Puidemos gozar cun montón de cousas relacionadas co mar na aula!


14/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

A semana pasada tivemos a enorme fortuna de contar coa colaboración dunhas familias moi involucradas na educación vial dos nenos e nenas...
Irene e Rosi, nai e tía, respectivamente, de Lara (4 anos) viñeron ao cole acompañadas por Pepe, un burriño que lles explicou aos nenos e nenas as normas viais básicas.

Despois, Eva e Nuria, mamás de Xabi e Antía, viñeron facer con nós un taller moi divertido de elaboración de disfraces de semáforos.

Pasámolo en grande e, o máis importante, aprendemos o valor que ten  respectar os semáforos para a nosa seguridade.

Moitísimas grazas, familias!!!

EMOCIÓNS

Durante estas últimas semanas, nas aulas de 3 e 4 anos, e da man da nosa mestra de apoio Ana, desenvolveuse un proxecto sobre as emocións a través do libro "O Monstro de Cores". Aprendemos a poñer nome ás diferentes emocións e fixemos un sinfín de actividades.

  Debuxamos e coloreamos ao "noso monstro" feito un lío coas emocións. 

A calma é unha emoción importantísima. Nós elaboramos "botellas da calma" que nos axudan a relaxarnos.

Así de felices e calmados estabamos ao rematar as nosas botellas!!


4/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu a visitarnos ás aulas de 4 anos, o papá de Sabela, Gero.Veu falarnos do seu traballo, el é camioneiro. E...


Si, si, siiii, trouxo o seu camión!! E todos e todas subimos á cabina e tocamos a bucina. Foi xenial!


Moitas grazas, Gero, pola túa paciencia e por cumprir o soño de calquera neno e nena: montar nun camión así de grande!

SAÍDA FIN DE CURSO AO ACUARIO

O pasado venres, as nenas e nenos de 4 e 5 anos fomos de excursión ao Acuario do Grove.

Dende o primeiro momento, a nosa atención quedou cautiva por todos os peixes e animais mariños que alí puidemos ver. Grazas ás explicacións dos nosos monitores, coñecemos moitas cousas sobre o seu hábitat.

Miramos raias, lorchos, escachos, morenas, rodaballos, cabaliños de mar, polbos... O que máis nos chamou a atención foi ver ovos e crías de tiburón! E deixáronnos tocar os ourizos e as estrelas de mar!

Durante a visita, vimos un esqueleto de balea que apareceu varada na praia. Cando lle fixeron a necrose, atoparon a súa barriga chea de plástico; morrera pola irresponsabilidade das persoas. Foi unha gran lección!


Logo de alimentar o noso a saber, fomos alimentar os estómagos coas nosas merendas nun fermoso piñeiral.

Pasámolo en grande!!



2/6/19

AS FAMILIAS CONTAN

O pasado luns veu Diana, nai de Dani (4 anos) e Noa (1º primaria). Traía con ela sementes de xirasol para facer unha pequena plantación.

Enchemos os vasos con terra, puxemos as sementes e regamos un chisquiño...

Cando rematamos o traballo, estabamos felices e desexosos de que os nosos xirasoles naceran!!!...
E querederes saber algo? O venres algún vasiño xa tiña un pequeno brote!!

Moitas grazas, Diana, por vir a facernos pasar un momento tan gozoso!!!

23/5/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe estivo coas nenas e nenos de catro anos Patricia, nai de Alexa (4 anos). Veu contarnos uns fantásticos contos.

Contounos, entre outros, "Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" e "Te quiero, casi siempre".  Así de atentos estabamos...

Moitas grazas, Patricia, por facernos pasar un rato tan agradable cos teus contos!!!



14/5/19

AS FAMILIAS CONTAN

Mónica, nai de Mario (3 anos) e Anxo ( 4ºprimaria) estivo na aula de 3 anos A divertíndose cun taller con diversas actividades  relacionado cun proxecto de aula sobre os bombeiros...

Elaboramos uns cascos moi simpáticos, cantamos cancións e coloreamos un camión de bombeiros.
Así de guapos e guapas estabamos!


Moitas grazas, Mónica. Encantounos a túa visita !!

5/5/19

AS FAMILIAS CONTAN

Diana, mamá de Dani e Noa (5º EI e 1º EP) veu ao cole o pasado xoves cunha maleta cargadiña de contos para compartir coas aulas de catro anos ...

Contounos "O Rato Paco", "Cocorico"," A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e " O Coelliño branco".

Así de atentos e felices estivemos, expectantes por saber que conto sacaba da súa maleta!

Moitísimas grazas, Diana, por vir ata o cole e facérmonos pasar un momento tan estupendo!

30/4/19

SAÍDA A PONTEVEDRA

O pasado 23 de Abril, o alumnado de 5º e 6º de Infantil desprazouse a Pontevedra para gozar coa magnífica representación da compañía Periferia Teatro: "Guyi Guyi". Unha adptación libre para títeres do clásico conto  "O parrulo feo".
Coa mañá de choiva que apareceu, o alumnado tivo que facer a súa merenda no vestíbulo do auditorio.

A continuación, desprazáronse ao Café Moderno onde gozaron cunha exposición sobre o loro Rabachol e un obradoiro no que recrearon unha máscara.


Unha mañá moi proveitosa!!!

11/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Tamara, nai de Lucas (3 anos), estivo na aula para contarnos cal é a súa profesión: administrativa nunha nave onde limpan e trocean tiburón e peixe espada.

Explicounos todo o proceso dende que se pesca o tiburón ata que chega ao supermercado.

Visionamos diferentes imaxes e poidemos colorear un tiburón entre todas e todos.

Moitas grazas por vir, Tamara!

Foi moi interesante todo o que nos contaches!!

AS FAMILIAS CONTAN

Mónica e Pepe, nai e avó de Mario (3 anos) e Anxo (4º de primaria), estiveron onte divertíndose en 3 anos.

Cantamos cancións, xogamos, falamos dos xoguetes de cando Pepe era pequeno, do oficio de fontaneiro...

Pepe contounos que foi adestrador do Celta e nos fixo "adestrar" coma verdadeiros futbolistas!!

Moitas grazas, Mónica e Pepe, por vir ata a aula e compartir con nós tantas experiencias!

Pasámolo xenial!!

10/4/19

APRENDEMOS A RECICLAR

Os máis pequenos de educación infantil chegamos un día ao cole moi preocupados porque na televisión saíra a noticia dunha balea que morrera por comer moito plástico!! Non entendiamos como unha balea podía comer plástico, se as baleas non caben nunha papeleira!! A profe explicounos que hai moitas persoas que non botan o lixo onde teñen que botalo, e xeramos moito plástico que remata nos océanos...

Decidimos converternos nuns superheroes e salvar o planeta. Queriamos aprender que temos que facer para que a basura non remate nos ríos, nos bosques e nos mares... Así, iniciámonos na reciclaxe...
 

Aprendemos que hai diferentes contedores para a nosa basura. Nós centrámonos nos contedores dos residuos orgánicos, do plástico e do papel.


Elaboramos uns libros para levar á casa e poder ter moi presente nos nosos fogares a importancia da reciclaxe e saber onde vai cada cousa.


Agora non hai lixo que non vaia ao contedor que ten que ir!!!

9/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Sonia, nai de Danae (3 anos), veu á aula da súa filla a mostrarnos como é unha colmea dentro do proxecto "As mascotas de aula: as abellas".


Ademais, puidemos ver como son os paneis co mel, un traxe de apicultor e o afumador.

Moitas grazas, Sonia, por acercarnos un pouco máis o mundo das abellas e da apicultura!!!

6/4/19

NO PAÍS DAS BOLBORETAS ...

... CADAQUÉN FAI O QUE LLE PETA

Este é o título do traballo que o noso centro presenta no Salón do Libro en Pontevedra, e aquí estamos os nenos e nenas das aulas de 6º de Infantil que o elaboramos (xunto con 3º e 4º de Primaria). 



Podedes ler no blog de MIMI como fixemos o traballo:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/04/salon-do-libro-infantil-e-xuvenil-de.html

2/4/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu a divertirse con nós Nuria, a mamá de Martiño (3 anos). Fixemos un obradoiro de brochetas de froita...

Mazá, plátano, mandarina, uvas, sandía e fresas...Esas foron as ricas froitas que traía lavadas, peladas e cortadas para que nós foramos espetando na brocheta combinando todas as cores...


 Despois do traballo, tocou a recompensa!!, e con gozo as degustamos. 

Moitas grazas, Nuria, por vir ata o colexio e facernos pasar un rato moi divertido e con sabor!!


30/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

O pasado xoves, ao redor das 12 da mañá, comezáronse a escoitar sirenas de policía no cole!!! Ao mirar pola ventá, quedamos pasmados... Un coche da Garda Civil no patio!!!

Paula, de profesión garda civil e mamá de Alma (5 anos) e Martina (4 anos), estaba no patio, xunto cos seus compañeiros, recibindo aos primeiros nenos de Infantil que saían, abraiados, a ver o coche...

Os alumnos e alumnas de 5 anos foron á biblioteca a escoitar unha pequena charla sobre o traballo de Paula. Así de atentos e atentas estaban:
Mentres o alumnado de 5 anos estaba na biblioteca, os nenos e nenas de 4 saían, entusiasmados, a ver o coche patrulla.

Coas explicacións dos gardas, aprendemos o que é un "punto de control" da Garda Civil.

Na biblioteca do Centro, Paula explicounos como desenvolve o seu día a día e cales son os seus materiais de traballo, que puidemos tocar e probar! Hai que ser moi fortes para rexelos! E ela pode!

E, mentres Paula explicaba o seu labor, os seus dous compañeiros viñeron ás aulas de tres anos a buscarnos! Corremos de alegría con eles, pois sabiamos que tocaba ver de preto o seu coche.

Subimos e baixamos todo o que quixemos, puxemos a funcionar a sirena, probamos o chaleco, a gorra...
Despois, fomos á biblioteca a escoitar unha explicación moi sinxela sobre o traballo que desenvolven estes axentes. Ao rematar, estabamos tan felices que, para agradecer a amabilidade e simpatía do axente, nos fundimos nun gran abrazo con el.

O xoves aprendemos que o labor de Garda Civil pode ser desenvolto por mulleres e homes, pois a experiencia de Paula nolo demostrou. 

Moitas grazas, Paula, por vir ata o colexio a explicarnos o teu traballo!!!

Grazas aos teus compañeiros por acompañarte e ser tan pacientes e atentos!!!

Grazas ao corpo da Garda Civil por facilitar a visita destes profesionais!!!