Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN. Compartiron esta data tan especial cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto. As familias tamén foron convidadas a este fantástico momento. O acto foi amenizado pola Banda Infantil de Barro, baixo a dirección de Manuel Fariña. Fixérono todos estupendamente. ¡Botádelle un ollo!
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
25/6/15
19/6/15
TALENT SHOW 2015
Por cuarto ano consecutivo rematamos o curso cun "TALENT SHOW". Os alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais... ¡Botádelle un ollo, hai moito artista!
16/6/15
XOGAMOS COA AUGA
Aproveitando que se achega o verán e a calor, organizamos unha serie de xogos para facer con auga en pequenos equipos coma: soprar barquiños de papel, soprar con pallas, pescar con cana e axudar a encher un vaso grande con outro máis pequeno.¡Pasámolo xenial! ¡Botádelle un ollo a estas fotos!
8/6/15
PIRATAS
Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que aprendemos de "Piratas", os nenos e nenas de 4 anos. A verdade é que aprendemos unha morea de palabras novas. ¡Botádelle un ollo o vídeo e xa veredes!
5/6/15
ENTREGA DO VII PREMIO MIMI
Este 3 de xuño, o grupo musical galego "Os da Ría" recibiu o VII Premio Mimi ao persoeiro do ano. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo Fabián Santomé (Tomás Lijó) e Suso Pián (Suso Alonso. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar este proxecto adiante, algúns dos seus temas máis coñecidos: "Se me dan a escoller un país", "Infanta Elena", "Himno Galego" e tamén nos agasallaron cun novo tema. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que algueirada!
Despois da entrega do Premio fixemos algunhas fotos:
SOMOS PIRATAS
Estes son os piratas que inventamos os nenos e nenas da clase de 5 anos.
Clica na imaxe do pirata para ver o libro con todos os nosos traballos.
(Se queres visualizar o libro dende o móbil clica nesta outra ligazón en versión HTML5)
Clica na imaxe do pirata para ver o libro con todos os nosos traballos.
(Se queres visualizar o libro dende o móbil clica nesta outra ligazón en versión HTML5)
OS PIRATAS
Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando neste curso nun proxecto sobre os piratas.
Clica na imaxe para ver o libro con algunhas das cousas que fixemos.
(Se queres visualizar o libro dende o móbil podes acceder a esta outra ligazón en HTML5)
Clica na imaxe para ver o libro con algunhas das cousas que fixemos.
(Se queres visualizar o libro dende o móbil podes acceder a esta outra ligazón en HTML5)
3/6/15
XOGAMOS COS PIRATAS
Está é outra das actividades LIM de Piratas que fixemos os nenos e nenas de 4 anos. Podedes botarlle un ollo e probar a facela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)