7/12/22

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Sara, mestra de Audición e Linguaxe, déixanos a presentación "Estimulación da Linguaxe" con información, pautas e algunhas actividades. 

Botádelle un ollo!


Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:



26/10/22

OBRADOIRO DE CABAZAS DE SAMAÍN!

Hoxe viñeron ao colexio, a pasar un ratiño con nós, Sonia e Vanesa (mamás de Saúl e Alma, respectivamente). Con elas fixemos un obradoiro de decoración de cabazas para a celebración do Samaín.


                               Baleiramos as cabazas, picamos os ollos e a boca e ... decorámolas!!!

                                                 Pasámolo xenial!!!  Velaí o resultado!

                                                Moitas grazas, Vanesa e Sonia!!!


15/6/22

PROXECTO SOBRE O MEDIO AMBIENTE

     Con motivo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, na aula de 3 anos do noso cole estivemos vendo o conto ¿Qué le pasa al Planeta? de Eva Clemente.


    Na clase, estivemos falando da importancia de que cada persoa coide o noso entorno, pero...como podemos facelo? Pensamos que si procuramos non tirar basura ao chan, os animais non comerán cousas que non deben, se aprendemos a separar e reciclar o que xeramos, non malgastaremos os recursos, non haberá basura no mar, no campo...

    Fixemos uns libros cos que aprendemos o básico da separación de residuos e a importancia de que cada cousa vaia no seu contedor.

    Durante a semana pasada, recibimos unha grata sorpresa: uns carnés que acreditan que xa formamos parte do "Clube de nenos e nenas coidadoras do planeta".

Felices e con moita ilusión, tomarémonos esta responsabilidade moi en serio... E vós?...

AXUDÁDESNOS A SALVAR O PLANETA? NON HAI OPCIÓN B!

9/6/22

Facendo un tramo do Camiño de Santiago!

As nenas e os nenos de 3 anos, despois de rematar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, enmarcado no proxecto de Centro "Barro no Camiño", quixemos facer un pequeno tramo do Camiño que pasa por Barro. 

Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora!!! Puidemos comprobar "in situ" a simboloxía dos fitos e vimos moitos pelegríns aos que lles desexamos "bo camiño!".

Para a ocasión, tiñamos preparados uns sombreiros de pelegrín e unhas cunchas. Fomos a sensación do camiño!!! e moito fachendeamos.

Durante a nosa andaina tivemos unha grata sorpresa: Mónica deixounos ver o peixe que levaba na súa furgoneta e a todas e todos nos entrou moita fame!!! 

Tamén puidemos ver os carteis que elaboraron as nosas compañeiras e compañeiros maiores.

Para rematar, merendamos no parque de Santo Antoniño e xogamos un pouco; aínda tiñamos forzas para troulear.

Deixámosvos un vídeo resumo da nosa aventura de hoxe. 


FOI UN GRAN DÍA!!!


Excursión ao Grove

O pasado venres, día 3, o alumnado de 4 e 5 anos foi de excursión ao Acuario do Grove. Desfrutou moito e mesmo tivo un ataque virtual dun tabeirón!


Comimos nun precioso parque que hai na illa da Toxa, no que viven os grobits. Pero non había ninguén nas súas casiñas. Deberon ir tamén de excursión.

2/6/22

CAMIÑO DE SANTIAGO NA AULA DE 3 ANOS.

    Durante as últimas semanas, na aula de 3 anos do cole estivemos traballando o Camiño de Santiago. Nós quixemos centrarnos nos símbolos do Camiño e no tramo que pasa polo noso Concello. Durante a nosa "andaina" acompañounos un amigo moi especial: Valentiño!!! (do libro Bo camiño, Valentiño).

    Achegámonos ao noso patrimonio dun xeito moi divertido! Deixámosvos un vídeo resumo das nosas actividades máis destacadas.

     Lembrarvos que segue activo o padlet do Camiño de Santiago para continuar subindo a vosa foto ao lado dun fito do Camiño. Este é o enlace  👇

PADLET BARRO NO CAMIÑO

ANIMÁDEVOS!!!


28/5/22

FIN DO CAMIÑO PORTUGUÉS: SANTIAGO

Vexo as torres da catedral. Estou en Santiago!!! Rematou o meu camiño. Espero que o pasarades tan ben coma min!! Moitos bicos.


27/5/22

CUARTA ETAPA DO CAMIÑO INGLÉS: BETANZOS

Cheguei a Betanzos e tiven sorte. Están de festa. Constrúen un grande globo de papel e pola noite bótano a voar.



26/5/22

TERCEIRA ETAPA DO CAMIÑO INGLÉS: PONTEDEUME

Acabo de cruzar unha bonita ponte sobre o Eume e estou diante dunha gran torre: O Torreón dos Andrade. Estou en Pontedeume!!!


19/5/22

PRIMEIRA ETAPA DO CAMIÑO: LONDRES

Esta semana recibimos nas aulas de 4 e 5 anos unha sorpresa...

A teacher chegou con Paddington, o popular osiño inglés, e comezou con nós o proxecto do Camiño de Santiago. Presentounos a cidade desde donde MIMI inicia esta andaina: LONDON e o seu icono, o BIG BEN.

 

 

Mirade!, Paddy enviou unha carta... para quen será?



18/5/22

AS LETRAS DE FLORENCIO

Que ben celebraron o Día das Letras Galegas as nenas e nenos de 6º de Infantil coas letras e os versos de Florencio Delgado Gurriarán.


14/5/22

FACEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUALMENTE!!!

Dende Infantil, queremos propoñervos unha actividade en familia ao aire libre e relacionada co proxecto anual do noso Cole "Barro no Camiño".

A nosa proposta é que fagades un ou varios tramos do Camiño de Santiago que pasa polo noso Concello, facer unha foto xunto a un dos fitos que hai ao longo do camiño e subila a este padlet:

PADLET BARRO NO CAMIÑO

Tamén podedes acceder ao padlet a través deste código Qr:


Mimi xa está facendo o Camiño!!! 

Como boas e bos pelegríns iremos selando a "nosa credencial", cun selo moi especial. Cantas máis fotos en diferentes fitos, máis selos acumularedes!!! No pé da foto deberedes poñer onde vos atopades.

Deixámosvos un pequeno titorial de como subir a foto (clicade enriba para ampliar):


Animádevos a desfrutar do noso patrimonio cultural e natural, gozade do voso tempo en familia e descubride as particularidades do Camiño de Santiago no noso Concello.


23/3/22

CON MOITA ARTE!

As crianzas de Infantil participaron moi emocionadas no xogo de pistas "Do 8 ao 18" que desenvolvemos no colexio no marco da conmemoración do Día da Muller. Día tras día, indagaron sobre cada unha das mulleres artistas homenaxeadas e, incluso, crearon e recrearon as súas imaxes como ben fixeron, por exemplo, as nenas e nenos de 6º de Infantil.

Moitísimos Parabéns, artistas!!! 


9/3/22

8-M Día Internacional da Muller

No Día internacional da Muller quixemos ensalzar a figura de todas as mulleres que forman parte das nosas vidas. Elaboramos un mural con debuxos representativos destas figuras: avoas, nais, tías, irmás.. A figura da "mamá" foi a máis reproducida. 

Neste momento tan convulso, debido á guerra en Ucraína, eleximos unha frase da canción Ay mamá de Rigoberta Bandini como lema.

A continuación deixámosvos unha foto de cada aula de Infantil.


Por unha sociedade máis igualitaria e xusta!!!

Por un mundo sen guerras!!!


23/2/22

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemórase  o día de Rosalía de Castro. Este ano quixemos celebralo rememorando o seu poema Alborada, velaí tedes o resultado!!

Podedes tamén escoitalo se escaneades este código Qr

 

 Amais de recitar dito poema, elaboramos unhas carautas de Rosalía, facendo deste día unha celebración moi divertida!!

Feliz día de Rosalía no seu 185 aniversario!

11/2/22

11 F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, en Infantil estudamos a dúas importantes mulleres: Isabel Zendal (primeira enfermeira en misión internacional) e Felisa Martín Bravo (primeira doutora en física de España e primeira muller en ingresar no Centro Superior de Metereoloxía).


E falando de metereoloxía...realizamos un experimento: "fixemos choiva".
Deixamos documento gráfico do resultado nas seguintes fotografías.