23/12/10



CELEBRACIÓN DO NADAL

Este ano para o Nadal fixemos moitas cousas: decoramos o corredor con estrelas e farois, fixemos postais para as familias, colaboramos na decoración do ximnasio cunha árbore feita con caixas, cantamos panxoliñas... Podedes mirar este vídeo para facervos unha pequena idea.

17/12/10

CANTIGA DE NADAL

Os peques de infantil están preparando nas clases de inglés unha cantiga moi bonita "Twinkle Twinkle Little Star" , ¡escoitádea! O grupo de 5 anos vaina cantar o día do Festival de Nadal.

1/12/10

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO


No mes de decembro celebraremos todos estes cumples. ¡FELICIDADES!
¡Non vos esquezades de felicitalos!

18/11/10

A VISITA DE CHICHO CACHO


Se queres coñecer esta pequena historia que nos ocorreu no colexio, preme na imaxe

16/11/10

O MAGOSTO


Coma vimos facendo tódolos anos, no outono celebramos a festa do MAGOSTO, comemos asadas e pasámolo moi ben cos xogos tradicionais que organizan os profes. ¡Botádelle un ollo!

1/11/10

SAMAÍN 2010


Un ano máis celebramos o Samaín. Agradecemos a colaboración das familias respecto á ornamentación das cabazas. Todo o alumnado do centro participou na ambientación do ximnasio para a ocasión, resultando moi vistosa. Como poderedes ver ademais de bruxas e fantasmas o que máis abundaban nesta celebración eran os esqueletes.

ANIVERSARIOS NOVEMBRO


No mes de novembro imos celebrar os seguintes cumples. ¡MOITAS FELICIDADES! Non vos esquezades de felicitalos.

28/10/10

THE SKELETON DANCE


Polo Samaín imos cantar e bailar "The Skeleton Dance", escoitádea e bailádea todos na casa.

1/10/10

ANIVERSARIOS OUTUBRO


No mes de outubro imos celebrar todos estes cumples. ¡MOITAS FELICIDADES!Non vos esquezades de felicitalos.

11/9/10

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO


No mes de setembro celebraremos todos estes cumples. ¡Non vos esquezades de felicitalos! ¡Mirade!

1/9/10

22/6/10

FESTIVAL FIN DE CURSO


Aquí vos deixamos as actuacións dos peques do cole: os nenos/as de tres anos interpretaron "Cabeza, hombro, rodilla, pie", os nenos/as de catro anos "La vaca Lola" e os alumnos/as de cinco anos "A vaca Amarela". Tamén, podedes ver o baile que prepararon nas actividades extraescolares os nenos/as de infantil.

21/6/10

ENTREGA DE ORLAS



A profe Amelia, no ximnasio fixo entrega das orlas e un pequeno agasallo ós alumnos e alumnas de 5 anos que para o próximo curso comezarán a Primaria. Despois, tamén se lles deu ós alumnos e alumnas de 6º que para o próximo curso comezarán no Instituto a Secundaria. Foi un día moi emocionante, as bágoas encheron os ollos de máis de un, nun momento tan especial de despedida.

8/6/10

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


Hoxe recibimos unha visita moi especial. Tivemos como convidada, grazas á ANPA, a PAULA CARBALLEIRA que veu a compañada de MIRO MAGARIÑOS. Paula contou dous contos cos que gañou en pouco tempo a todo o público. Logo, os rapaces emocionados fixéronlle entrega dun libro, no que traballaron días antes, con debuxos e agradecementos que fixeron con moita ilusión. Tamén, se lle fixo entrega dunha caixa de bombóns que a boa de Paula repartiu entre tódolos rapaces/as. Os representantes da ANPA agasallárona cunha carta de agradecemento e cunha cesta. En fin, esperamos volver ver a Paula pronto, para que nos regale algún dos seus fantásticos relatos.

7/6/10

GRANIZADO DE LARANXA


Aproveitando que chega a calor do verán, imos facer un granizado de laranxa que como veredes é moi sinxelo de facer. Despedímonos este obradoiro con esta receita tan apetitosa. E, non deixedes de cociñar este verán na casa, xa que resulta moi divertido e gratificante.

31/5/10

OBRADOIRO DE CUNCHAS


Hoxe pasámolo moi ben con Fran, o pai de Elena. Ensinounos a facer unha figura de escaiola con cunhas en relevo. Foi unha experiencia moi emocionante e sorprendente. Sobre todo ó final cando separamos o barro da escaiola e apareceron as formas das cunchas que introducimos na base de barro. ¡Veredes que interesante!

28/5/10

EXCURSIÓN FIN DE CURSO



Este ano a excursión de fin de curso fixémola ó ACUARIO do Grove e ó Museo da Salazón. No acuario estabamos algo abraiados mirando tantos peixes, bivalvos e crustáceos. O que máis nos chamou a atención foi o tiburón toro, as raias, o cabaliño de mar e un pez pallaso que nos lembraba a Nemo. Logo fomos ó Museo da Salazón que está moi preto do acuario o que máis nos chamou a atención foi o piso de cristal sobre o que podiamos camiñar e dende o que se via os salgadoiros antigos, pero dábanos moito medo a algúns. Seguro que despois de ver as fotos, vos apetece ir de excursión, xa veredes.

24/5/10

TRUFAS DE CENORIA

Esta semana fixemos unha receita moi curiosa: Trufas de cenoria. Polo nome non resultan moi saborosas, porén, saben moi ben. Mírade como as fixemos e probade a facelas.

20/5/10

VISITA Ó TALLER DE FRAN



Hoxe pola tarde xuntámonos profes, nais, pais e nenos/as para visitar o taller de Fran, o pai de Elena. Pasamos un rato moi agradable. Fran mostrounos algunhas das obras que xa tiña feitas (como un busto de Elena e variedade de esculturas en madeira, barro, poliéster) e outras nas que aínda está a traballar como: unha nora para un muíño andaluz, un relevo, unha dorna...

14/5/10

BANDA MÚSICA DE BARRO

A Banda de Música de Barro volveu ó cole, coma o ano anterior polas Letras Galegas, para ofrecernos unha audición musical, interpretando algúns temas musicais de películas de debuxos coñecidas polo alumnado. Remataron convidando a algúns alumnos/as a tocar os instrumentos, así como a formar parte da Banda.

LETRAS GALEGAS 2010


Este ano como ben sabedes o Día das Letras Galegas está dedicado ó escritor Uxío Novoneyra. Nacido en 1930, na serra do Courel, inspiración da súa futura creación poética, morre en 1990 en Compostela e é enterrado en Lugo. Entre as súas publicacións de literatura infantil destacan: "O cubil do xabarín", "Gorgorín e Cabezón", "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín"... e moitas outras obras: "Os eidos", "Elegías do Courel", "Poemas Caligráficos"...
No cole para homenaxear a Uxío Novoneyra realizamos diferentes actividades: teatro, poesía, presentación, murais...

11/5/10

ENTREGA DO II PREMIO MIMI

Aquí vos deixamos os vídeos do paso do Xabarín polo cole.


Hoxe visitunos "XABARÍN" O SUPERCOCHO DO "CLUBE DA GALEGA" para recibir o II Premio Mimi, mascota do colexio. Xabarín foi "o persoeiro do ano" gañador, tralas votacións, de entre os candidatos propostos. Para recibilo preparamos carteis que se levaron para decorar a Biblioteca do Concello, tamén fixemos pegatinas e cantamos míticas cantigas do Clube. Falou moito e respondeu a tódalas preguntas que lle fixemos. Ademais, deixounos como agasallo unha carpeta e un CD+ DVD para cada un.

10/5/10

MARMELADA DE AMORODOS

Esta semana a receita que preparamos foi a de "marmelada de amorodos". É moi fácil de facer, só precisamos amorodos e azucre. Ademais a marmelada pode acompañar en: torradas, galletas, tortas, iogures...

5/5/10

BATIDO DE MAZÁ

Esta semana preparamos un riquísimo batido de mazá, que ademais é moi rápido de facer. ¡Podedes probar a facelo na casa coa mamá ou co papá!

3/5/10

A MASCOTA DE MARCOS

Hoxe MARCOS trouxo ó cole a súa mascota para presentárnola a todos. É unha cobaia, chámase Pipo. Marcos está moi emocionado co seu novo amigo, ocúpase de axudar na casa a limpalo e a darlle de comer. ¡A que é moi bonitiño!

OBRADOIRO DE CAMISETAS

Este luns despois do patio, Anabel axudounos a pintar con pincel camisetas con motivos moi variados. Foi moi divertido. Veredes que somos uns artistas e que quedaron moi vistosas.

30/4/10

O MAIO


Este ano algunhas mamás decidiron facer un "Maio" con todo o alumnado de infantil. Elas cubriron a estrutura e os peques fixeron cadeas de pampullos. O venres despois do patio as mamás atreveronse a cantar e os peques tocaron os paus. Rematamos saboreando a rica rosca que pedimos pola interpretación e que trouxeron as mamás. ¡Foi todo un éxito!

29/4/10

VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO



Pili convidounos a visitar a Biblioteca do Concello, leunos o conto de "Aquiles o puntiño". Logo debuxamos a Aquiles e tamén o modelamos con plastilina. Pasamos un rato moi agradable. ¡Grazas por convidarnos Pili!

26/4/10

RECEITA 3: FONDUE DE FROITAS

A receita de hoxe resultou moi apetitosa, chocolate con froitas.

19/4/10

RECEITA 2: NATA CON AMORODOS

APROVEITANDO QUE NA PRIMAVERA UNHA DAS FROITAS MÁIS ABUNDANTES SON OS AMORODOS IMOS A PREPARAR A TÍPICA RECEITA DE NATA CON AMORODOS. NESTA OCASIÓN INVESTIGAMOS SOBRE A PROCEDENCIA DA NATA E O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DE NATA LÍQUIDA A NATA MONTADA. ¡QUEDOUNOS UN PRATO DELICIOSO!

15/4/10

CANDIDATOS Ó PREMIO MIMI 2010



ESTE ANO OS CANDIDADATOS PROPOSTOS PARA O PREMIO MIMI SON:

- AVELINO POUSA ANTELO (mestre, agrarista, político, animador cultural e escritor galego)

- XAVIER DOCAMPO (mestre, actor, director e escritor)

- XABARÍN (personaxe de ficción que presenta o programa infantil "Xabarín Club")

- ÓSCAR IBÁÑEZ (gaiteiro e mestre de música tradicional galega)

- ADRIÁN SILVA MAGDALENA (frautista internacional)

A PROFE CLAUDIA E ALGÚNS ALUMNOS/AS DE 5º PRESENTÁRONNOS OS CANDIDATOS O PREMIO MIMI 2010 APOIÁNDOSE EN MATERIAL AUDIOVISUAL.

COMA O RESTO DO ALUMNADO OS MAÍS PEQUENOS DO COLE FOMOS VOTAR PARA ELIXIR O CANDIDATO QUE CONSIDERAMOS DEBEMOS OUTORGARLLE O "PREMIO MIMI". O VOTO ERA SEGREDO PERO AS ESTIMACIÓNS EN INFANTIL APUNTABAN QUE O GAÑADOR SERÍA "XABARÍN" E ASÍ FOI.

12/4/10

RECEITA 1: LIMOADA

A PRIMEIRA RECEITA QUE ELABORAMOS OS PEQUENOS DE TRES ANOS FOI A LIMOADA. INVESTIGAMOS: COMO SE FARÍA UNHA LIMOADA, COMO SE OBTIÑA O ZUME DE LIMÓN, A QUE SABÍA, COMO CHEIRABA... ESTA BEBIDA RESULTA MOI FRESQUIÑA AGORA NA PRIMAVERA E TAMÉN NO VERÁN E ADEMAIS É MOI SINXELA DE PREPARAR. AQUÍ VEREDES COMO O FIXEMOS.

8/4/10

SESIÓN DE CONTACONTOS

HOXE, PARTICIPAMOS NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS PRESENTADA POLO GRUPO EDITORIAL ANAYA. TRATÁBASE DUN LEÓN QUE VIVÍA NA SELVA. OS SEUS PAIS QUERÍAN QUE SE ADESTRARA PARA CAZAR. PERO, EL NON QUERÍA CAZAR, XA QUE ERA AMIGO DE TÓDOLOS ANIMAIS E, POLO TANTO, A DIFERENZA DOS OUTROS LEÓNS QUERÍA SER VEXETARIANO. LOGO, COÑECEU A UN ELEFANTE QUE QUERÍA SER DE TODO MENOS ELEFANTE: QUE SE TERRÓN DE AZUCRE, QUE SE ABELLA E REMATOU SENDO UN PEIXE. ¡FOI MOI DIVERTIDO!

7/4/10

¡ ANÍMATE A LER !

ESTES DÍAS TRABALLAMOS NAS AULAS ALGÚNS DOS CONTOS QUE NA HORA DE LECTURA MELLOR FUNCIONAN COS PEQUENOS/AS. FIXEMOS DEBUXOS E ATA PUBLICIDADE DOS MESMOS: OS TRES PORQUIÑOS; A MOSCA CHOSCA; O GALO QUIRICO; A QUE SABE A LÚA; CATARINA, O OSO E PEDRO; OS TRES BANDIDOS; OS BOLECHAS TEÑEN UNHA CURMÁ; A CEBRA CAMILA; OS TRES OSOS, EL SOL Y EL ERIZO; DONA CARME; E O COELLIÑO BRANCO.

26/3/10

FESTA DA PASCUA


HOXE, DÍA 26 DE MARZO, CELEBRAMOS TODOS XUNTOS A "FESTA DA PASCUA" COAS ROSCAS QUE NOS TROUXO ALBERTO. ¡¡QUE RICAS ESTÁN!! ESPEREMOS QUE PARA O ANO SE LEMBRE DE TRAELAS OUTRA VEZ.

22/3/10

CHEGADA DA PRIMAVERA


COMO PODEDES OBSEVAR NO NOSO XARDÍN XA É PRIMAVERA, CENTOS DE FLORES E CORES FAN DESTE ESPAZO UN LUGAR MOI AGRADABLE, NO QUE APRENDEMOS ENTRE OUTRAS COUSAS O NOME DAS FLORES: PENSAMENTOS, TULIPÁNS, NARCISOS, XACINTOS, ANÉMONAS, CROCUS, MUSCARIS, FRESIAS...

8/3/10

SESIÓN DE CINE



ESTA SEMANA PREPARÁMONOS PARA UN SESIÓN DE CINE, ELABORAMOS UNHA BOLSA PARA OS FLOCOS DE MILLO CO TÍTULO DA PELÍCUA "CAILLOU". O VENRES MIRÁMO-LA PELÍCULA COMA NO CINE, COMENDO UNS RICOS FLOCOS. FOI MOI DIVERTIDO.

24/2/10

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA


HOXE, DÍA 23 DE FEBREIRO, OS PEQUES DO COLE PARTICIPAMOS NAS "XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA". ASISTIMOS Á PROXECCIÓN DUNS VÍDEOS, FIXEMOS TROQUEIS E PERCORREMOS UN CIRCUÍTO.¡ PASÁMOLO MOI BEN!

15/2/10

FESTIVAL DE ENTROIDO 2010


ESTE ANO TENDO EN CONTA A TEMÁTICA DO SALÓN DO LIBRO "AS CIDADES" DECIDIMOS DISFRAZARNOS DE EDIFICOS E BAILAR A CANTIGA DE "EL PATIO DE MI CASA". MIRADE QUE BEN O FIXEMOS E QUE GUAPOS ESTABAMOS.

14/2/10

CANTIGAS PORTUGUESAS

Velaquí unhas cantas cancións portuguesas e brasileiras bonitas e moi doadas para os nosos nenos




9/2/10

SAÍDA SALÓN DO LIBRO


O día 8 de febreiro fomos ata Pontevedra en autobús para visitar o "Salón do Libro" este ano decicado ás cidades, pasámolo moi ben nas sesións de teatro.

XOGOS NA REDE












































1/2/10

DÍA DA PAZ

Este ano, para conmemorar o Día da Paz cada curso aportou unha frase coñecida ou inventanda sobre a amizade, a convivencia, a solidariedade... e para rematar interpretamos o tema de "No dudaría" de Rosario Flores.

29/1/10

A PAZ E OS AMIGOS

ESTE ANO 2010 O DÍA DA PAZ DEDICÁMOSLLO OS AMIGOS
QUE SON FUNDAMENTAIS PARA VIVIR EN PAZ