Os nenos e nenas de infantil debuxaron unha chea de bichos cos que fixeron unha bonita espiral que puxeron na entrada do cole. Esta espiral ten algúns bichos que van cara atrás e o xogo consiste en descubrir cantos son. ¡Botádelle un ollo e contádeos!
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
14/3/16
VISITAMOS A AULA DE MÚSICA
Esta semana a profe Claudia convidounos a súa aula para experimentar con algúns intrumentos de percusión coma os carrillóns, xilófonos, metalófonos e o bombo. Tamén nos ensinou a importancia do son e do silencio na música e tocamos coma unha pequena orquestra seguindo as súas instrucións. ¡Foi moi divertido!
¡Grazas pola experiencia profe Claudia!
¡Grazas pola experiencia profe Claudia!
11/3/16
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Para conmemorar este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no Centro desenvolvéronse diversas actividades ó longo da semana: contos, diálogos, historia, debuxos...
Dende un contexto próximo para os nenos/as, destacamos o papel e participación das mulleres na sociedade; sobre todo a participación na construción das familias e a conquista do mercado laboral.
As protagonistas da semana foron as mámas, avoas, tías, madriñas e tamén as coidadoras do comedor, monitoras, as caixeiras do super, as carteiras, as panadeiras e as pediatras. Todas elas mulleres importantes nas vidas destes cativos.
Aquí vos deixamos dous dos contos que máis nos gustoron dos que lemos estes días:
ARTURO Y CLEMENTINA de Adela Turín, editorial Kalandraka
ROSA CARAMELO de Adela Turín, editorial Kalandraka

Suscribirse a:
Entradas (Atom)