27/11/15

ATA SEMPRE, XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe  deixounos Xosé Neira Vilas, célebre e ilustre escritor galego, traballador incansable en pro da defensa do galego rural. Podemos sentirnos afortunados porque nos deixa  un gran legado a través das súas obras.
O curso pasado tivemos a sorte de recibir  a súa visita e compartir uns  momentos moi agradables coa súa conversa. Nunca te esquereremos, ata sempre Xosé Neira Vilas.
Estas son algunhas das impresións, percepcións e sentimentos que expresaron os máis pequenos:







20/11/15

LIM "O OUTONO"

Estamos na estación de OUTONO que é por excelencia a estación da recollida de moitas froitas. ¡¡Xogade con este LIM a ver se as coñecedes todas!!

13/11/15

MAGOSTO 2015

Este venres celebramos O MAGOSTO. Foi unha xornada moi divertida, realizamos unha serie de xogos antes da degustación das castañas asadas: papacastañas, pesca castañas, apaña castañas, sementa castañas... Temos que darlles as grazas aos pais de Ángel e Estefanía e tamén aos pais de Melody e Wendy que coas súas locomotoras deron feito castañas asadas para todos. Para rematar a celebración todos os nenos e nenas do cole cantamos xuntos a cantiga "O noso Magosto", inspirada na melodía popular galega "Na beira do mar". ¡¡Botádelle un ollo o vídeo!!

10/11/15

POESÍA DE OUTONO

Aproveitando que estamos no outono, os nenos e nenas de 5 anos traballaron unha fermosa poesía de Antonio García Teixeiro que ten que ver coa chegada desta estación. ¡Botádelle unha ollada os vídeos!




9/11/15

CARTEIS GAÑADORES

Xa temos carteis gañadores do concurso do Magosto. ¡Botádelle un ollo ó enlace da biblioteca!

6/11/15

CARTEIS DO MAGOSTO

Os nenos e nenas de infantil deseñaron un cartel por aula para o concurso do magosto. Son todas elas creacións moi orixinais. ¡¡Moitas grazas pola vosa participación!! ¡¡Botádelle un ollo e xa  veredes!!

3/11/15

CONCURSO DE CARTEIS DO MAGOSTO

Dende a Biblioteca Mimi propuxo a realización de carteis de Magosto. ¡Botádelle un ollo a este enlace!
                                                    CONCURSO CARTEIS

CANTIGA DE MAGOSTO

O alumnado de 5º e 6º  estivo preparando unha cantiga "O NOSO MAGOSTO"  inspirada na melodía popular galega " Na beira do mar". Este foi o presultado, agora só queda cantala e bailala para interpretala todos xuntos o día do Magosto. ¡Botádelle un ollo e cantade con eles!

2/11/15

CANCIÓN "LOS ESQUELETOS"

Os nenos e nenas de 5 anos, para celebrar o Samaín, foron cantar aos compañeiros de 3 e 4 anos a famosa cantiga "Los Esqueletos" do pallaso Fofito. Aprenderon a cantiga, prepararon o vestiario e gravaron. Aquí vos deixamos un vídeo coa interpretación do tema.  ¡Botádelle un ollo, son uns artistas!

SAMAÍN 2015

Aquí vos deixamos algúns dos momentos que vivimos na celebración do Samaín no cole. Ademais de cantar algunhas cantigas, fixemos caveiras mexicanas, coroas fantasma, baleirado de cabazas... ¡Botádelle un ollo o vídeo!