24/3/23

Canto aprendemos con Seila e Javi!!!

Hoxe viñeron á aula de 4 anos do cole Seila e Javi, nai e pai de Xabi (4 anos) e Elba (2º de Primaria). Explicáronnos o seu traballo: odontóloga e protésico dental. 


Aprendemos cantos dentes temos na boca, como hai que limpar os dentes e cal é a alimentación axeitada para ter unha boa saúde bucodental.

Contáronnos que o azucre é o maior inimigo dos nosos dentes, que o chupete e o biberón son grandes responsables de que os dentes nazan "torcidos" e, para rematar, mostráronnos como son as prótesis dentais e como se corrixen algúns defectos na dentadura.

MOITAS GRAZAS SEILA E JAVI!!!

FOI UN PRACER PODER CONTAR CON VÓS!!!

8/3/23

DÍA DA MULLER

 Na aula de 3 anos tamén celebramos o Día da Muller estampando e coloreando este mural tan chulo.

24/2/23

AS NOSAS EMOCIÓNS

     Na aula de 4 anos levamos un tempo aprendendo a poñer nome ás nosas emocións, xa que é moi importante, dende ben cativos, entender o que sentimos e saber como reaccionar, como calmarnos e como solucionar pequenos conflitos no día a día...

    A nosa andadura comezou cos contos "O Monstro de Cores" e "O Monstro de cores vai ao Colexio" da autora  Anna Llenas.

 


     Grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Barro temos na aula os "botes das emocións" e o "monstro da calma" inspirados nestes contos. Durante un montón de días fomos poñendo nome ás nosas emocións e coñecéndoas máis profundamente.

    Tamén elaboramos unhas "botellas da calma" ou "botellas máxicas" que nos axudan a sentirnos mellor cando estamos tristes ou enfadados. Velaí o resultado!


    Pero a nosa viaxe polas emocións non remata aquí. Durante estas últimas semanas acudiu á nosa aula Natalia. Da man dos seus contos: "¿Qué bigotes me pasa?" da autora Olga de Dios, "Tengo un Volcán" de Miriam Tirado Torras, e "Valeria" de Margarita del Mazo e os seus  talleres, puidemos profundizar un pouco máis e aprendemos que a timidez e a vergonza son emocións importantes que hai que xestionar, e que o volcán que se acende no noso interior cando sentimos ira, pódese apagar con só respirar moi profundamente.

Da gusto vérmonos así de implicadas e implicados!!! 

MOITAS GRAZAS!!!

16/2/23

SOMOS MADAMAS E GALÁNS POR UN DÍA!

Na clase de 4 anos do cole decidimos saber un pouco máis do entroido tradicional que se fai en Cobres (Vilaboa), vimos os sombreiros tan chulos e animámonos a facer o noso!

                                                    
A que estamos guapas e guapos?

O luns recibimos unha gran sorpresa: as Madamas e os Galáns de Cobres enviáronnos un vídeo saudándonos! Fíxonos moita ilusión!

Hoxe, tras rematar os nosos sombreiros, quixemos facerlles un pequeno agasallo, atrevéndonos a ser Madamas e Galáns por un día!



Moitas grazas ás veciñas e veciños de Cobres por este gran labor de recuperación do entroido tradicional e pola atención que tivestes con nós.

14/2/23

EXERCENDO DE VECIÑOS

Na clase dos Gatiños xurdiu a necesidade de pedir ao Concello auga quente para os baños e chocolate con rosca para os solicitantes. As nenas e nenos prepararon unha longa carta e pediron cita para levala. Os Canciños, informados polos seus veciños, quixeron apuntarse á iniciativa. O Alcalde prometeu estudar o tema da auga e atendeu uns días despois á demanda de chocolate. 


Moitísimas Grazas!!!

11/2/23

A muller e a nena na Ciencia

Para conmemorar esta data a cativada de Infantil do CEIP Amor Ruibal recibíu a visita de dúas marabillosas mulleres, farmacéuticas e veciñas, que lles amosaron como se elaboran algúns medicamentos e outros experimentos que lles permitiron descubrir a maxia do mundo científico.




 Moitísimas grazas, Nerea e Mireia, pola vosa colaboración!

 Pasámolo en grande!

 

6/2/23

A ELFA XIANA

A elfa Xiana cumpriu a promesa que nos fixera hai 2 semanas e veunos  visitar este venres. Tróuxonos de regalo uns cadernos matemélficos, demostrounos a súa maxia e despediuse. Coa promesa de darlle a Papá Noel todos os recados que lle enviamos. A elfa Xiana prometeu volver visitarnos


7/12/22

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

Sara, mestra de Audición e Linguaxe, déixanos a presentación "Estimulación da Linguaxe" con información, pautas e algunhas actividades. 

Botádelle un ollo!


Tamén podedes acceder á información escaneando este código QR:



26/10/22

OBRADOIRO DE CABAZAS DE SAMAÍN!

Hoxe viñeron ao colexio, a pasar un ratiño con nós, Sonia e Vanesa (mamás de Saúl e Alma, respectivamente). Con elas fixemos un obradoiro de decoración de cabazas para a celebración do Samaín.


                               Baleiramos as cabazas, picamos os ollos e a boca e ... decorámolas!!!

                                                 Pasámolo xenial!!!  Velaí o resultado!

                                                Moitas grazas, Vanesa e Sonia!!!


15/6/22

PROXECTO SOBRE O MEDIO AMBIENTE

     Con motivo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, na aula de 3 anos do noso cole estivemos vendo o conto ¿Qué le pasa al Planeta? de Eva Clemente.


    Na clase, estivemos falando da importancia de que cada persoa coide o noso entorno, pero...como podemos facelo? Pensamos que si procuramos non tirar basura ao chan, os animais non comerán cousas que non deben, se aprendemos a separar e reciclar o que xeramos, non malgastaremos os recursos, non haberá basura no mar, no campo...

    Fixemos uns libros cos que aprendemos o básico da separación de residuos e a importancia de que cada cousa vaia no seu contedor.

    Durante a semana pasada, recibimos unha grata sorpresa: uns carnés que acreditan que xa formamos parte do "Clube de nenos e nenas coidadoras do planeta".

Felices e con moita ilusión, tomarémonos esta responsabilidade moi en serio... E vós?...

AXUDÁDESNOS A SALVAR O PLANETA? NON HAI OPCIÓN B!

9/6/22

Facendo un tramo do Camiño de Santiago!

As nenas e os nenos de 3 anos, despois de rematar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, enmarcado no proxecto de Centro "Barro no Camiño", quixemos facer un pequeno tramo do Camiño que pasa por Barro. 

Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora!!! Puidemos comprobar "in situ" a simboloxía dos fitos e vimos moitos pelegríns aos que lles desexamos "bo camiño!".

Para a ocasión, tiñamos preparados uns sombreiros de pelegrín e unhas cunchas. Fomos a sensación do camiño!!! e moito fachendeamos.

Durante a nosa andaina tivemos unha grata sorpresa: Mónica deixounos ver o peixe que levaba na súa furgoneta e a todas e todos nos entrou moita fame!!! 

Tamén puidemos ver os carteis que elaboraron as nosas compañeiras e compañeiros maiores.

Para rematar, merendamos no parque de Santo Antoniño e xogamos un pouco; aínda tiñamos forzas para troulear.

Deixámosvos un vídeo resumo da nosa aventura de hoxe. 


FOI UN GRAN DÍA!!!


Excursión ao Grove

O pasado venres, día 3, o alumnado de 4 e 5 anos foi de excursión ao Acuario do Grove. Desfrutou moito e mesmo tivo un ataque virtual dun tabeirón!


Comimos nun precioso parque que hai na illa da Toxa, no que viven os grobits. Pero non había ninguén nas súas casiñas. Deberon ir tamén de excursión.

2/6/22

CAMIÑO DE SANTIAGO NA AULA DE 3 ANOS.

    Durante as últimas semanas, na aula de 3 anos do cole estivemos traballando o Camiño de Santiago. Nós quixemos centrarnos nos símbolos do Camiño e no tramo que pasa polo noso Concello. Durante a nosa "andaina" acompañounos un amigo moi especial: Valentiño!!! (do libro Bo camiño, Valentiño).

    Achegámonos ao noso patrimonio dun xeito moi divertido! Deixámosvos un vídeo resumo das nosas actividades máis destacadas.

     Lembrarvos que segue activo o padlet do Camiño de Santiago para continuar subindo a vosa foto ao lado dun fito do Camiño. Este é o enlace  👇

PADLET BARRO NO CAMIÑO

ANIMÁDEVOS!!!


28/5/22

FIN DO CAMIÑO PORTUGUÉS: SANTIAGO

Vexo as torres da catedral. Estou en Santiago!!! Rematou o meu camiño. Espero que o pasarades tan ben coma min!! Moitos bicos.


27/5/22

CUARTA ETAPA DO CAMIÑO INGLÉS: BETANZOS

Cheguei a Betanzos e tiven sorte. Están de festa. Constrúen un grande globo de papel e pola noite bótano a voar.



26/5/22

TERCEIRA ETAPA DO CAMIÑO INGLÉS: PONTEDEUME

Acabo de cruzar unha bonita ponte sobre o Eume e estou diante dunha gran torre: O Torreón dos Andrade. Estou en Pontedeume!!!


19/5/22

PRIMEIRA ETAPA DO CAMIÑO: LONDRES

Esta semana recibimos nas aulas de 4 e 5 anos unha sorpresa...

A teacher chegou con Paddington, o popular osiño inglés, e comezou con nós o proxecto do Camiño de Santiago. Presentounos a cidade desde donde MIMI inicia esta andaina: LONDON e o seu icono, o BIG BEN.

 

 

Mirade!, Paddy enviou unha carta... para quen será?



18/5/22

AS LETRAS DE FLORENCIO

Que ben celebraron o Día das Letras Galegas as nenas e nenos de 6º de Infantil coas letras e os versos de Florencio Delgado Gurriarán.


14/5/22

FACEMOS O CAMIÑO DE SANTIAGO VIRTUALMENTE!!!

Dende Infantil, queremos propoñervos unha actividade en familia ao aire libre e relacionada co proxecto anual do noso Cole "Barro no Camiño".

A nosa proposta é que fagades un ou varios tramos do Camiño de Santiago que pasa polo noso Concello, facer unha foto xunto a un dos fitos que hai ao longo do camiño e subila a este padlet:

PADLET BARRO NO CAMIÑO

Tamén podedes acceder ao padlet a través deste código Qr:


Mimi xa está facendo o Camiño!!! 

Como boas e bos pelegríns iremos selando a "nosa credencial", cun selo moi especial. Cantas máis fotos en diferentes fitos, máis selos acumularedes!!! No pé da foto deberedes poñer onde vos atopades.

Deixámosvos un pequeno titorial de como subir a foto (clicade enriba para ampliar):


Animádevos a desfrutar do noso patrimonio cultural e natural, gozade do voso tempo en familia e descubride as particularidades do Camiño de Santiago no noso Concello.