31/5/15

VISITA DE HÉCTOR LORENZO

A pasada semana tivemos no colexio a última das actividades programadas polas Letras Galegas. O músico e cantante Héctor Lorenzo visitounos para interpretar algúns dos poemas de Raúl Gómez Pato aos que lle puxo música... Se queres saber máis fai clik e segue lendo no Blog da Biblioteca.

17/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

O Día das Letras Galegas deste ano dedicáselle a Xosé Fernando Filgueira Valverde polo seu traballo a prol da cultura galega. Xosé Fernando Filgueira Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia. Os nenos e nenas de 4 anos traballaron unha das súas poesías "Este mes de maio". ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

 Os peques de 3 anos:

15/5/15

VISITA: GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL

Este venres visitounos o "GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL" co que pasamos un agradable momento tocando e escoitando instrumentos tradicionais galegos como a gaita, a pandeireta, o acordeón, as cunchas, o bombo... ¡Botádelle un ollo o vídeo!

PREMIO MIMI 2015

Nesta sétima edición do Premio Mimi trala exposición de candidaturas, votacións e escrutinio resultou gañador o grupo musical galego "OS DA RÍA". Esta candidatura foi proposta pola Real Academia Galega que tivo en conta a súa longa traxectoria musical enriba dos escenarios defendendo a lingua e a cultura galega como ferramenta de expresión cultural e festeira do pobo galego. ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE

Hoxe conmemoramos o día das FAMILIAS e desde aquí queremos destacar o seu papel educativo. Este feito implica a necesidade dunha actuación conxunta das familias e do profesorado respecto á educación dos seus fillos/as. Como puidestes comprobar, este curso,  convidamos ás familias a participar  no cole a través de diversas actividades que  puidesen facer co apoio das titoras.  Xurdiron moitas actividades interesantes que os nenos e nenas disfrutaron. Dende aquí queremos darvos outra vez as  grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos  un pequeno resumo. ¡ Podedes botarlle un ollo!

13/5/15

CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2015

Coma vimos facendo estes últimos anos os pequenos/as de infantil participaron no certame "Cóntame un conto veciño" organizado polo concello de Barro e de Portas. No seguinte vídeo podedes  ver e oír os orixinais contos que inventaron os peques do cole. ¡¡Botádelle un ollo!!
Grupos de  4 anos:


Grupo de 5 anos:

6/5/15

X NEIRA VILAS NO COLE

Como xa anunciamos en entradas anteriores o ilustre escritor Don Xosé Neira Vilas estivo de visita no colexio o pasado día 8 de Abril. Ofrecemos hoxe un video resumo da súa estadía e paso polo noso centro. Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación da súa enfermidade, pois sabemos o esforzo que esta visita supuxo para el e por riba de todo quixo cumplir coa súa palabra.

Máis cousas da visita