18/12/15

TEMPO DE NADAL

Aquí vos deixamos unha recompilación do que fomos facendo neste tempo de nadal que vivimos con tanta ilusión. ¡ FELICES FESTAS A TODOS !

16/12/15

PANXOLIÑA: O PELO ROXIÑO

Os nenos e nenas de 5 anos o longo destes días cantaron moitas panxoliñas. Ademais, fixeron este fermoso traballo para cantar a panxoliña "O pelo roxiño", co que queren desexarvos a todos un "BO NADAL E FELIZ ANO 2016. ¡Botádelle un ollo e cantada con eles!

CONTO DE NADAL

Os nenos e nenas de 5 anos leron estes días o conto de "PAPÁ NOEL", da editorial aGalera. Gustoulles  moito.  Como era un préstamo e querían ter un na  aula  fixeron unha adaptación do mesmo,  nos dous grupos, coas correspondentes ilustracións. Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo!

2/12/15

TEXTOS DE OUTONO

Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha pequena escolma de textos de tradición oral relacionados co outono. Para esta pequena  recollida   contamos coa estimada colaboración das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración. ¡Botádelle un ollo o vídeo, para ver o resultado!!

27/11/15

ATA SEMPRE, XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe  deixounos Xosé Neira Vilas, célebre e ilustre escritor galego, traballador incansable en pro da defensa do galego rural. Podemos sentirnos afortunados porque nos deixa  un gran legado a través das súas obras.
O curso pasado tivemos a sorte de recibir  a súa visita e compartir uns  momentos moi agradables coa súa conversa. Nunca te esquereremos, ata sempre Xosé Neira Vilas.
Estas son algunhas das impresións, percepcións e sentimentos que expresaron os máis pequenos:







20/11/15

LIM "O OUTONO"

Estamos na estación de OUTONO que é por excelencia a estación da recollida de moitas froitas. ¡¡Xogade con este LIM a ver se as coñecedes todas!!

13/11/15

MAGOSTO 2015

Este venres celebramos O MAGOSTO. Foi unha xornada moi divertida, realizamos unha serie de xogos antes da degustación das castañas asadas: papacastañas, pesca castañas, apaña castañas, sementa castañas... Temos que darlles as grazas aos pais de Ángel e Estefanía e tamén aos pais de Melody e Wendy que coas súas locomotoras deron feito castañas asadas para todos. Para rematar a celebración todos os nenos e nenas do cole cantamos xuntos a cantiga "O noso Magosto", inspirada na melodía popular galega "Na beira do mar". ¡¡Botádelle un ollo o vídeo!!

10/11/15

POESÍA DE OUTONO

Aproveitando que estamos no outono, os nenos e nenas de 5 anos traballaron unha fermosa poesía de Antonio García Teixeiro que ten que ver coa chegada desta estación. ¡Botádelle unha ollada os vídeos!




9/11/15

CARTEIS GAÑADORES

Xa temos carteis gañadores do concurso do Magosto. ¡Botádelle un ollo ó enlace da biblioteca!

6/11/15

CARTEIS DO MAGOSTO

Os nenos e nenas de infantil deseñaron un cartel por aula para o concurso do magosto. Son todas elas creacións moi orixinais. ¡¡Moitas grazas pola vosa participación!! ¡¡Botádelle un ollo e xa  veredes!!

3/11/15

CONCURSO DE CARTEIS DO MAGOSTO

Dende a Biblioteca Mimi propuxo a realización de carteis de Magosto. ¡Botádelle un ollo a este enlace!
                                                    CONCURSO CARTEIS

CANTIGA DE MAGOSTO

O alumnado de 5º e 6º  estivo preparando unha cantiga "O NOSO MAGOSTO"  inspirada na melodía popular galega " Na beira do mar". Este foi o presultado, agora só queda cantala e bailala para interpretala todos xuntos o día do Magosto. ¡Botádelle un ollo e cantade con eles!

2/11/15

CANCIÓN "LOS ESQUELETOS"

Os nenos e nenas de 5 anos, para celebrar o Samaín, foron cantar aos compañeiros de 3 e 4 anos a famosa cantiga "Los Esqueletos" do pallaso Fofito. Aprenderon a cantiga, prepararon o vestiario e gravaron. Aquí vos deixamos un vídeo coa interpretación do tema.  ¡Botádelle un ollo, son uns artistas!

SAMAÍN 2015

Aquí vos deixamos algúns dos momentos que vivimos na celebración do Samaín no cole. Ademais de cantar algunhas cantigas, fixemos caveiras mexicanas, coroas fantasma, baleirado de cabazas... ¡Botádelle un ollo o vídeo!

27/10/15

TEMPO DE HALLOWEN E SAMAÍN

Aquí vos deixamos un xogo moi divertido con cabazas. ¡Probade a facelo!

Estas son algunhas das cantigas que andamos a cantar:



1/10/15

COMEZAMOS O COLE

Estamos comezando a andaina deste curso 2015-2016 e queremos facervos participes dun dos mellores momentos da xornada destes primeiros días "O PATIO". Como veredes ¡xa estamos todos! os nenos de 3, 4 e 5 anos. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

13/9/15

CONTACONTOS

O Señor Abraldes, alcade do Concello, veu inaugurar oficialmente o curso  2015-2016. A continuación, puidemos disfrutar dunha sesión de Contacontos con Ignacio Vilariño, subvencionado polo Concello. Se queres saber máis, fai click e segue lendo no Blog da Biblioteca.

25/6/15

GRADUACIÓN 2015

Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN. Compartiron esta data tan especial cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto. As familias tamén foron convidadas a este fantástico momento.  O acto foi amenizado pola  Banda Infantil de Barro, baixo a dirección de Manuel Fariña. Fixérono todos estupendamente. ¡Botádelle un ollo!

19/6/15

TALENT SHOW 2015

Por cuarto ano consecutivo rematamos o curso cun "TALENT SHOW". Os alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais... ¡Botádelle un ollo, hai moito artista!

16/6/15

XOGAMOS COA AUGA

Aproveitando que se achega o verán e a calor, organizamos unha serie de xogos para facer con auga en pequenos equipos coma: soprar barquiños de papel, soprar con pallas, pescar con cana e axudar a encher un vaso grande con outro máis pequeno.¡Pasámolo xenial! ¡Botádelle un ollo a estas fotos!

8/6/15

PIRATAS

Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas cousas que aprendemos de "Piratas", os nenos e nenas de 4 anos. A verdade é que aprendemos unha morea de palabras novas. ¡Botádelle un ollo o vídeo e xa veredes!

5/6/15

ENTREGA DO VII PREMIO MIMI

Este 3 de xuño, o grupo musical galego "Os da Ría" recibiu o VII Premio Mimi ao persoeiro do ano. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo Fabián Santomé (Tomás Lijó) e Suso Pián (Suso Alonso. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar este proxecto adiante, algúns dos seus temas máis coñecidos: "Se me dan a escoller un país", "Infanta Elena", "Himno Galego" e tamén nos agasallaron cun novo tema. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que algueirada! Despois da entrega do Premio fixemos algunhas fotos:

SOMOS PIRATAS

Estes son os piratas que inventamos os nenos e nenas da clase de 5 anos.
Clica na imaxe do pirata para ver o libro con todos os nosos traballos.

Clica para acceder ao libro "Somos Piratas"

(Se queres visualizar o libro dende o móbil  clica nesta outra ligazón en versión HTML5)

OS PIRATAS

Os nenos e nenas de 5 anos estivemos traballando neste curso nun proxecto sobre os piratas.
Clica na imaxe para ver o libro con algunhas das cousas que fixemos.

Clica para abrir o libro dos piratas

(Se queres visualizar o libro dende o móbil podes acceder a esta outra ligazón en HTML5)

3/6/15

XOGAMOS COS PIRATAS

Está é outra das actividades LIM de Piratas que fixemos os nenos e nenas de 4 anos. Podedes botarlle un ollo e probar a facela.

31/5/15

VISITA DE HÉCTOR LORENZO

A pasada semana tivemos no colexio a última das actividades programadas polas Letras Galegas. O músico e cantante Héctor Lorenzo visitounos para interpretar algúns dos poemas de Raúl Gómez Pato aos que lle puxo música... Se queres saber máis fai clik e segue lendo no Blog da Biblioteca.

17/5/15

LETRAS GALEGAS 2015

O Día das Letras Galegas deste ano dedicáselle a Xosé Fernando Filgueira Valverde polo seu traballo a prol da cultura galega. Xosé Fernando Filgueira Valverde, controvertido intelectual galego, foi co-fundador do Seminario de Estudos Galegos e director do Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. É autor dunha moi numerosa obra, nos campos da historia, literatura, arqueoloxía e antropoloxía de Galicia. Os nenos e nenas de 4 anos traballaron unha das súas poesías "Este mes de maio". ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

 Os peques de 3 anos:

15/5/15

VISITA: GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL

Este venres visitounos o "GRUPO DE DANZAS AMOR RUIBAL" co que pasamos un agradable momento tocando e escoitando instrumentos tradicionais galegos como a gaita, a pandeireta, o acordeón, as cunchas, o bombo... ¡Botádelle un ollo o vídeo!

PREMIO MIMI 2015

Nesta sétima edición do Premio Mimi trala exposición de candidaturas, votacións e escrutinio resultou gañador o grupo musical galego "OS DA RÍA". Esta candidatura foi proposta pola Real Academia Galega que tivo en conta a súa longa traxectoria musical enriba dos escenarios defendendo a lingua e a cultura galega como ferramenta de expresión cultural e festeira do pobo galego. ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE

Hoxe conmemoramos o día das FAMILIAS e desde aquí queremos destacar o seu papel educativo. Este feito implica a necesidade dunha actuación conxunta das familias e do profesorado respecto á educación dos seus fillos/as. Como puidestes comprobar, este curso,  convidamos ás familias a participar  no cole a través de diversas actividades que  puidesen facer co apoio das titoras.  Xurdiron moitas actividades interesantes que os nenos e nenas disfrutaron. Dende aquí queremos darvos outra vez as  grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos  un pequeno resumo. ¡ Podedes botarlle un ollo!

13/5/15

CÓNTAME UN CONTO VECIÑO 2015

Coma vimos facendo estes últimos anos os pequenos/as de infantil participaron no certame "Cóntame un conto veciño" organizado polo concello de Barro e de Portas. No seguinte vídeo podedes  ver e oír os orixinais contos que inventaron os peques do cole. ¡¡Botádelle un ollo!!
Grupos de  4 anos:


Grupo de 5 anos:

6/5/15

X NEIRA VILAS NO COLE

Como xa anunciamos en entradas anteriores o ilustre escritor Don Xosé Neira Vilas estivo de visita no colexio o pasado día 8 de Abril. Ofrecemos hoxe un video resumo da súa estadía e paso polo noso centro. Dende aquí desexámoslle unha pronta recuperación da súa enfermidade, pois sabemos o esforzo que esta visita supuxo para el e por riba de todo quixo cumplir coa súa palabra.

Máis cousas da visita

28/4/15

AS MAMÁS DE HELIA E BRAIS VIÑERON Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Helia que se chama Mili e a mamá de Brais que se chama Sonia. Viñeron ó cole para falar con nós da importancia de xogar cos amigos e amigas para pasalo ben. Con elas xogamos á ra, ó pano, a levar ovos cunha culler na boca, a levar una pelota en parellas sen mans e ó "ratón que te pilla el gato" coas cadeiras. Depois dos xogos déronnos un Diploma de Participación e unhas chuches.  Pasámolo moi ben, foi moi divertido. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mili e Sonia  pola vosa asistencia!!

26/4/15

DÍA DO LIBRO

Este ano celebramos o día do libro dun xeito algo especial.Realizamos unha serie de actividades que recollemos no video que amosamos a continuación. Son as seguintes: - Apadriñamento lector: "Padriños" e "madriñas" de Primaria agasallaron coa lectura dun conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º curso de Primaria. - Exposición do Proxecto "Os cabalos" realizado por Manuel Maquieira de 5º curso de Primaria. - Visita á Biblioteca Pública de Barro.

24/4/15

CANCIÓN: PATA DE LATA

Co gallo da celebración do día do libro e posto que o proxecto de piratas tivo como elemento motivador o libro "El pirata pata de lata", os peques de catro anos cantaron, ilustraton e escribiron algo sobre o conto. ¡Botádelle un ollo!

23/4/15

CANCIÓN: QUE MALA PATA TIENE EL PIRATA

Os peques de 4 anos aprenderon unha cantiga de piratas coa que logo fixemos unha montaxe cun barco bergantín que pintaron entre todos e con debuxos deles co vestiario pirata. ¡Veredes que tripulación!

22/4/15

MARCAPÁXINAS PIRATAS

Para o Día do Libro fixemos marcapáxinas nos que figura, por unha banda,  o libro que inspirou o proxecto e, pola outra, o debuxo e nome que os nenos e nenas se puxeron de piratas.

9/4/15

A MAMÁ DE ELVIRA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Elvira que se chama Rosa. Veu para axudarnos a facer un cadro do pintor Romero Britto. Ensinounos algúns dos seus cadros. Escollemos para confeccionar o do gato. Foi algo fantástico xa que non tivemos que pintar, Rosa  trouxo tódalas pezas  recortadas, só había que ir colocándoas correctamente no soporte.  Pasámolo moi ben e o resultado foi marabilloso. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Rosa pola túa asistencia!!

27/3/15

OS PIRATAS DE BARRO

Decidimos decorar e ambientar o corredor coa temática pirata, tendo en conta a motivación implícita do alumnado neste momento do proxecto que se está a desenvolver. Foi un traballo moi completo: embarcacións con mome, piratas con nome propio, lemas para as bandeiras, illa do tesouro, palmeiras... Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo, é todo un éxito!

26/3/15

A TÍA DE AITANA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á tía de Aitana que se chama Montse. Veu para lernos un conto de piratas de Peppa Pig. Despois da lecutra coloreamos un debuxo de Peppa e  picamos un ollo de boi.  Pasamos un rato moi divertido mirando polo ollo de boy de diferentes cores. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Montse pola túa asistencia!!

21/3/15

DÍA MUNDIAL DA POÉSÍA

Este 21 de marzo, celebramos o día da Poesía. Grazas a este xénero literario podemos facer voar a nosa imaxinación e os nosos pensamentos, con palabras ordenadas cun ritmo que manifesta moita creatividade e enxeño. Este ano traballamos a poesía "O meu barco" de Manuel María Fernandez Teixeiro e convertémonos en valentes capitáns e capitanas de barcos de xoguete.

19/3/15

O PAPÁ DE ALEX VILAS VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó papá de Alex Vilas que se chama Ángel. Veu para ensinarnos a sementar e plantar  agora que se achega a primavera. Primeiro sementamos leitugas e cenorias, insistiunos na importancia dunha boa terra abonada e da rega diaria. Despois gardamos os envases xa sementados no invernadoiro. Logo fomos á pequena horta do cole, onde nos falou da importancia de preparar e limpar a terra co sacho e abonala.   Sementamos grans de millo e plantamos repolos. Rematamos regando o cultivo. ¡Agora a regar e a esperar á colleita! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Ángel pola túa asistencia!!

11/3/15

OS PAPÁS DE PAULA VEÑEN Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ós papás de Paula, Mar e Benito. Viñeron  para ensinarnos como se fabrica o papel  (hixiénico, panos, folios...) grazas á árbore do eucalipto. Tamén nos ensinaron como podemos reciclar o papel que xa non empregamos para contribuir na conservación do medio ambiente. ¡¡ Pasámolo moi ben, sobre todo no taller de reciclaxe!! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mar e Benito pola vosa asistencia!!

27/2/15

XURAMENTO PIRATA

En días atrás, completamos o Xuramento, hoxe xurámolo  para converternos nos Piratas de Barro. Como poderedes ver e escoitar, esta é unha tripulación de  piratas: rápidos, valientes e moi fortes. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

20/2/15

XOSÉ NEIRA VILAS

Imos recibir no cole a emotiva visita do  ilustre escritor Xosé Neira Vilas, aínda non temos data, pero andamos a traballar nas súas fantásticas obras. En infantil traballamos "Espantallo Amigo", unha obra na que se tratan  valores tan importantes como a humanidade, a xenerosidade, a solidariedade e a  harmonía. Os pequenos ilustraron, escribiron textos, narraron, cantaron...
De seguido,  poderedes ver algunhas das actividades realizadas:

Os nenos e nenas de 4 anos fixeron unha adaptación da obra:



Tamén traballamos o retrato e os nenos e nenas fixeron estes mágníficos retratos de Xosé Neira Vilas: Pola celeberación do Día da Paz e aproveitando o traballo da obra do "Espantallo Amigo" falamos da importancia da amizade. Os nenos e nenas a través dos paxariños levaron mensaxes ao Espantallo do que para eles son os amigos e amigas.

O ESPANTALLO AMIGO

Os nenos e nenas de 5 anos leron tamén esta obra e ofrécennos esta bonita versión. Disfrutade coa súa lectura.


Como non podía ser doutro xeito, dibuxaron tamén aos persoonaxes.



17/2/15

A MAMÁ DE ANTÍA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Antía que se chama Susana. Veu para ensinarnos a experimentar co aire. Ensinounos que o aire ocupa un espazo. Para iso empregou cun globo e unha botella de plastico. Ensinounos a facer voar bólas de papel. Tamén como suxeitar un anaco de papel cunha palla sen agarrarlo e por último a facer un muíño de papel para que se movera co vento, é dicir, o aire en movemento. ¡¡ Pasámolo moi ben facendo todos estes experimentos!! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Susana pola túa asistencia!!

ENTROIDO 2015

A pasada semana celebramos o tradicional entroido no cole. Este ano "Os mandados de Mimi" foron conformando  como veredes no vídeo  o disfraz de pirata. Pois no cole andamos a traballar  no Proxecto "Piratas" e que mellor ocasión que esta  para vestirnos de tan peculiar personaxe.¡¡ Pasámolo xenial!! ¡¡ Botádelle un ollo o vídeo!!

15/2/15

ENTROIDO PIRATA

Aproveitando o feito de que estamos a traballar no Proxecto dos Piratas o tema do vestiario, o grupo dos elefantes e o grupo das xiragas de 4 anos, pensamos que podiamos facer roupa de piratas para disfrazarnos. O resultado foi fantástico, podedes xogar a vestirnos. ¡Botádelle un ollo!

13/2/15

CARTA DE BARBARROJA

Hoxe recibimos unha carta do Capitán Barbarroja, que nos convidaba a buscar un tesouro coa axuda dun mapa que trouxo Iría. Tamén nos anunciaba que o que iamos atopar era o XURAMENTO PIRATA, a través do cal poderiamos formar parte da tripulación dos nosos barcos o "Tiburón-Sirena" e o "Tiburón-Rosa". Ademais,  tivemos que completalo porque algunhas palabras desapareceran. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

5/2/15

A MAMÁ DE MIRO VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole á mamá de Miro que se chama Mónica. Veu para lernos un conto de animais da granxa, un dos preferidos de Miro na casa, protagonizado por unha familia de coellos. Despois da lectura e traballo de comprensión do mesmo propuxo como actividade a realización dun cucurucho con forma de coello. Finalmente, deulle ós nenos/as uns caramelos para gardar no mesmo, aínda que como é evidente non chegaron todos á casa. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mónica pola túa asistencia!!

2/2/15

PAZ 2015

Un ano máis celebramos o Día da Paz no cole. Ademais dos traballos que se foron facendo polas aulas todos os nenos e nenas do cole cantaron a cantiga "RUMBA DAS APERTAS" de Magín Blanco, coordinados pola profe de música Claudia. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

28/1/15

O PAPÁ DE AARÓN VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole ó papá de Aarón que se chama Sergio. Veu para ensinarnos a facer pizzas. Ensinounos a facer a masa e a amasala e como engadir os ingredientes. Despois, mentras se cocían, decoramos uns biscoitos de chocolate con xelatina e boliñas de cores. Con este delicioso doce e as saborosas pizzas fixemos unha merenda especial. ¡¡Estaba todo riquísimo!! ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Sergio pola túa asistencia!!

27/1/15

SAÍDA Ó CENTRO SOCIAL AFUNDACIÓN

Hoxe, fomos a Pontevedra, ó Centro Social Afundación para ver as obras de algúns mestres do arte español do século XX, entre os cales sobresaen tres grandes xenios internacionais da pintura e tamén do arte da estampa: Salvador Dalí, Pablo Picasso y Joan Miró. Despois fixemos un obradoiro empregando a técnica da estampación. Ó rematar fomos ver unha obra de teatro "Cuentos de titiritrapo". Sobre o escenario puidemos ver unha actriz daba vida a unha morea de personaxes e animais que habitan nos contos de Perrault, Grimm, Alfonso X O Sabio... por medio da danza, o xesto e o ritmo. Acompañados da música de Bach, Mozart e Brahms que xurdía das alegres cordas dun violín.

2/1/15

A MAMÁ DE SERGIO VEU Ó COLE

Antes das vacacións de Nadal recibimos no cole á mamá de Sergio que se chama Blanca. Veu ó cole para  contarlles ós nenos e nenas un conto de Nadal con marionetas. Despois do conto deixounos tocar e poñer as marionetas. Tamén nos trouxo un xogo de nadal moi parecido ó tradicional xogo da "Oca" que primeiro tivemos que colorear e co que logo xogamos tras unhas sinxelas instrucións. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Blanca pola túa asistencia!!

Toc Toc

Os nenos e nenas de 5 anos queremos entrar neste 2015 dándovos unha sorpresa...