Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
25/11/14
EXPOSICIÓN: FOTOGRAFOS DA NATUREZA 2014
Este martes fomos de excursión a pontevedra os nenos de 5 e 4 anos. Visitamos o Centro Cultural Afundación para ver unha exposición «Fotógrafos da Natureza 2014" onde puidemos desfrutar de algunhas das mellores instantáneas sobre a vida salvaxe na natureza. Tamén fixemos un taller con follas do outono moi divertido. ¡Botádelle un ollo ó vídeo!
14/11/14
A MAMÁ DE XOEL VÉN Ó COLE
Esta semana recibimos no cole á mamá de Xoel que se chama Sandra. Veu para facer con nós unha actividade de cociña sinxela e moi saborosa. Ensinounos como facer arañas de chuches con: galletas, nocilla, regalicias e lacasitos. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Sandra pola túa asistencia!!
Etiquetas:
AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE,
PROPOSTAS DE TRABALLO
11/11/14
MAGOSTO 2014
Este luns celebramos o Magosto. O tempo non acompañou e realizamos os Xogos Populares dentro do cole e nos patios. Temos que darlle as grazas un ano máis a Jose e a Isabel por asarnos as castañas no seu tren. ¡Botádelle un ollo o vídeo e, veredes o ben que o pasamos!
7/11/14
A MAMÁ DE ALBA VÉN Ó COLE
Esta semana recibimos no cole ó mamá de Alba que se chama Manoli. Veu para falar con nós das mamás, de como son, a onde nos levan, que facemos con elas... Tamén nos ensinou a cantar unha cantiga dedicada ás mamás e axudounos a prepararlles un agasallo. Pasamos un rato moi agradable con ela. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Manoli pola túa asistencia!!
Etiquetas:
AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE,
PROPOSTAS DE TRABALLO
OS ELEFANTES
2/11/14
SAMAÍN 2014
Este ano recibimos polo Samaín á Bruxa Tarabela que nos veu contar o conto dun calacú chamado Breixo. Por ser tan bos rapaces/as agasallounos con caramelos. Tamén pintamos as caras con cabazas, morcegos...
¡Botádelle un ollo o vídeo!
¡Botádelle un ollo o vídeo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)