Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
18/12/15
TEMPO DE NADAL
Aquí vos deixamos unha recompilación do que fomos facendo neste tempo de nadal que vivimos con tanta ilusión. ¡ FELICES FESTAS A TODOS !
16/12/15
PANXOLIÑA: O PELO ROXIÑO
Os nenos e nenas de 5 anos o longo destes días cantaron moitas panxoliñas. Ademais, fixeron este fermoso traballo para cantar a panxoliña "O pelo roxiño", co que queren desexarvos a todos un "BO NADAL E FELIZ ANO 2016. ¡Botádelle un ollo e cantada con eles!
CONTO DE NADAL
Os nenos e nenas de 5 anos leron estes días o conto de "PAPÁ NOEL", da editorial aGalera. Gustoulles moito. Como era un préstamo e querían ter un na aula fixeron unha adaptación do mesmo, nos dous grupos, coas correspondentes ilustracións. Este foi o resultado. ¡Botádelle un ollo!
2/12/15
TEXTOS DE OUTONO
Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha pequena escolma de textos de tradición oral relacionados co outono. Para esta pequena recollida contamos coa estimada colaboración das familias. Moitas grazas pola vosa colaboración. ¡Botádelle un ollo o vídeo, para ver o resultado!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)