22/6/10

FESTIVAL FIN DE CURSO


Aquí vos deixamos as actuacións dos peques do cole: os nenos/as de tres anos interpretaron "Cabeza, hombro, rodilla, pie", os nenos/as de catro anos "La vaca Lola" e os alumnos/as de cinco anos "A vaca Amarela". Tamén, podedes ver o baile que prepararon nas actividades extraescolares os nenos/as de infantil.

21/6/10

ENTREGA DE ORLAS



A profe Amelia, no ximnasio fixo entrega das orlas e un pequeno agasallo ós alumnos e alumnas de 5 anos que para o próximo curso comezarán a Primaria. Despois, tamén se lles deu ós alumnos e alumnas de 6º que para o próximo curso comezarán no Instituto a Secundaria. Foi un día moi emocionante, as bágoas encheron os ollos de máis de un, nun momento tan especial de despedida.

8/6/10

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


Hoxe recibimos unha visita moi especial. Tivemos como convidada, grazas á ANPA, a PAULA CARBALLEIRA que veu a compañada de MIRO MAGARIÑOS. Paula contou dous contos cos que gañou en pouco tempo a todo o público. Logo, os rapaces emocionados fixéronlle entrega dun libro, no que traballaron días antes, con debuxos e agradecementos que fixeron con moita ilusión. Tamén, se lle fixo entrega dunha caixa de bombóns que a boa de Paula repartiu entre tódolos rapaces/as. Os representantes da ANPA agasallárona cunha carta de agradecemento e cunha cesta. En fin, esperamos volver ver a Paula pronto, para que nos regale algún dos seus fantásticos relatos.

7/6/10

GRANIZADO DE LARANXA


Aproveitando que chega a calor do verán, imos facer un granizado de laranxa que como veredes é moi sinxelo de facer. Despedímonos este obradoiro con esta receita tan apetitosa. E, non deixedes de cociñar este verán na casa, xa que resulta moi divertido e gratificante.