29/5/18

SAÍDA Á EEI A GALIÑA AZUL DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado 15 de maio as aulas de 3 anos fomos cantar unha canción aos nenos e nenas da EEI A Galiña Azul de Barro.  Foi a nosa aportación aos Contacontos Interciclos que o noso centro programou no marco das actividades "Do Libro ás Letras" para a semana grande das Letras Galegas.


Despois, o profesorado da Escola Infantil contounos o conto "Unha eiruga moi larpeira". Para rematar pintamos unha bolboreta!!


Pasámolo moi ben!! 

Moitas grazas ao equipo docente da EEI A Galiña Azul de Barro pola súa colaboración.


28/5/18

SAÍDA Á EEI A GALIÑA AZUL DE 6º DE INFANTIL

O 16 de maio as aulas de cinco anos fomos contar un conto aos nenos e nenas da EEI A Galiña Azul de Barro. Foi a nosa aportación aos Contacontos Interciclos que o noso centro programou no marco das actividades "Do Libro ás Letras" para a semana grande das Letras Galegas.

A aula de 5 anos A contou e representou o conto "Imos cazar un oso" de Michael Rosen.

A aula de 5 anos B contou "Tres lobos e un Pirata" un conto de produción propia.

As profes da Escola tiñan preparada unha bonita sorpresa! Participamos como actores e actrices na representación do conto "Os tres porquiños".
Foi xenial!!!

Queremos agradecer ao equipo docente da EEI A Galiña Azul de Barro a súa colaboración.



AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen  falarnos dos seus traballos aos nenos e nenas de 4ºde Infantil...

Marcelino, o papá de Lucas S. de 3 anos B, ensinounos unha grúa para o transporte de coches. Puidemos ver as luces de emerxencia, como baixa a plataforma para subir un coche, o velocímetro... E o mellor... Deixounos subir e ver a cabina!!!

Pasámolo xenial!!!!

Moitas grazas!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen cantar con nós, os nenos e nenas de 6º B de Infantil.

Laura, mamá de Jorge de 5 anos B, estivo no cole e trouxo o disco de Andrea Bayer "Puño puñete". Cantaron as cancións : Puño puñete; Xoaniña voa, voa e Ha, ha, ha.

Trouxeron consigo algunha sorpresiña ... e pasámolo moi ben!!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos aos nenos e nenas de 5º de Infantil...



Lorena, mamá de Hugo de 4 anos A, estivo no cole para contarnos "A eiruga larpeira", un clásico de Eric Carle co que gozamos un montón.

AS FAMILIAS CONTAN ...


E veñen contar contos a 4ºB de Infantil...



Elen, a mamá de Elba, estivo na Biblioteca para contarnos un conto: A cebra Camila. Pero, non viña soa..., na súa maleta viña Camila e... algún amiguiño máis!!!

Gustounos moitítismo!!!


AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen cociñar con nós, á aula de 4ºB de infantil...



Sergio, o papá de Teo, preparou unhas recetas fáciles de cociña. Primeiro fixemos un batido de fresas e plátano. Nós colaboramos a pelar as fresas. Por último, fixo un "pastel máxico!!!" pois estaba feito de escuma e cando o aplastabamos, enseguida recuperaba a forma. 

Canto gozamos!!!

Moitas grazas!


26/5/18

MERENDAS SAUDABLES


Dentro do Programa de Drogodependencias e prevención de Condutas Adictivas, promovido polo Concello de Barro e a Consellería de Sanidade, os nenos e nenas de 6ª de Educación Infantil aprendemos a mellorar a nosa alimentación cun obradoiro chamado "Merendas saudables"

Fai unhas semanas recibimos unha "maleta saudable" cargadiña de xogos e contos, que gozamos un montón e coa que puidemos aprender moitas cousas sobre os alimentos, as emocións...
E o pasado martes 22 realizamos no comedor unha actividade moi interesante: Julia, psicóloga encargada deste proxecto, amosounos cun semáforo de alimentos cales son fantásticos para a nosa alimentación, cales debemos descartar da nosa dieta e cales podemos tomar de vez en cando. Tamén aprendemos a diferenciar alimentos polo seu cheiro.

E para rematar esta actividade tan divertida e á vez tan interesante preparamos uns pinchos de froita, estaban moi ricos!!!

Canto aprendemos!!! Grazas Julia por ensinarnos deste xeito tan divertido!!

19/5/18

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos ás aulas de 5º de infantil...



Susana, mamá de Roi, estivo na Biblioteca do cole para contar : "Un libro". Puidemos tocalo, movelo, sacudilo, xiralo e ... ata houbo "confeti".
Tamén xogamos coas cores e miramos que ocorría ao superpoñer varias láminas de cores diferentes.

Gustounos moitísimo!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos ás nenas e aos nenos de 6º A de Infantil ...



Marián, mamá de Sara, e Nuria, mamá de Eric, estiveron na Biblioteca do cole para agasallarnos cunhas bonitas máscaras e contar o conto... "Gato vermello, gato azul"
Gustounos moitísimo!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos aos nenos e nenas de 6º B de Infantil.



Marián , mamá de Diego, estivo na Biblioteca para contar "Un conto cheo de lobos" e xogaron a buscalos entre as páxinas libro.
Gustounos moitísimo!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contarnos contos ás nenas e aos nenos de 4º de Infantil...



Diana, a mamá de Dani, volveu á biblioteca do cole para contarnos dous contos: "Paco" e "O coelliño branco"

Gustáronnos moitísimo!!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos á Biblioteca aos nenos e nenas de 6º A de Infantil ...



Diana, mamá de Noa, e Fabiola, mamá de Sara, trouxeron ao ratiño "Paco" e contaron o seu conto. Tamén o do "Coelliño branco" e "Gato Guille e os monstros".
Gustáronnos moitísimo!!

17/5/18

LETRAS GALEGAS 2018


Non podiamos empezar doutro xeito que coas LETRAS e imaxe da escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas. 

En infantil fixemos diferentes actividades para acercar á escritora, María Victoria Moreno, aos máis pequenos. Velaí un resumen das mesmas...


Como broche final a todas estas actividades, todo o centro acudíu ao ximnasio para gozar e cantar cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria a súa canción Tecendo Voces, homenaxe a María Victoria Moreno, e coa que participaron no concurso "Sondoumia" deste ano, convocado pola Coordinadora Comarcal Terras do Umia.



16/5/18

AS FAMILIAS CONTAN...

E veñen contarnos contos, ás nenas e aos nenos de 4º A de Infantil...



Patricia, a mamá de Alexa, estivo na biblioteca do cole contándonos dous contos: "El dragón pastelero" e "O pirata cara patata" do que tamén aprendemos a súa canción.

Gustáronnos moitísimo!!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen xogar co nós, os nenos e nenas de 5º de Infantil, ...

Cristina, a mamá de Iker F., estivo no cole con nós. Aprendeunos a xogar a dous xogos aos que xogaba a avoa de Iker cando era pequena: as xogas e o marro.

Pasámolo moi ben!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen xogar co nós, os nenos e nenas de 5º de Infantil, ...


Adriana, a mamá de Brais, estivo no cole. Xogou con nós á roda e á corda.

Pasámolo moi ben!

AS FAMILIAS CONTAN...

Dentro da programación "Do Libro ás Letras" convidamos ás familias a achegarse ao noso centro e compartir lecturas e outras actividades coas aulas dos seus fillos e fillas.
O pasado 2 de maio viñeron á escola Inés e Felipe (os pais de Fiz) e Natalia e Francisco (pais de Vera) da aula de 3 anos B e convidamos á aula de 3 anos A para cantar, bailar e xogar con nós.
O xogo que nos propuxeron foi " A serra ..."  e a canción "O galo canta". Traían tres instrumentos: unha pandeireta, unha guitarra eléctrica e unha gaita que as crianzas puideron tocar e así xogar cos seus sons.
Aquí tedes unha pincelada do ben que o pasamos.



Grazas pola vosa colaboración!

TEATRO: "ANTÓN COMODÓN"

O mércores 9 de maio as aulas de 5º e 6º de Educación Infantil do noso centro acudiron a ver a obra de teatro de títeres "Antón Comodón" de L'Estaquirot Teatre con música orixinal de Ferran Martínez no auditorio sede Afundación de Pontevedra.


Antón era un adulto que non sabía facer nada só: nin vestirse, nin comer, nin atarse os zapatos... Tiña un axudante, Nicolás, que lle facía todo. Pero un día, Nicolás decidiu marchar ás Illas Verdes...



Agora a pensar e repensar que podemos facer para non ser como Antón Comodón!!

11/5/18

Premio Microcreación Terras do Umia

Os alumnos e alumnas de 6º  A de Educación Infantil do noso Centro foron premiados no Concurso de Microcreación convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".
O venres día 4 de maio acudimos á Festa da Língua que se celebrou en Portas con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.


           Recollemos o premio con moita ilusión e un chisquiño de nervios!!



Por un mundo sen eivas!!!

Podedes ler máis no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/05/ix-festa-da-lingua.html



5/5/18

Día do libro 2018

Os nenos e nenas de educación infantil fixemos uns marcapáxinas preciosos dentro das actividades da celebración do Día do Libro e enmarcado no proxecto do Centro "Voces de mulleres".



Seguro que os imos utilizar moito!!!

Podedes ver un vídeo resumo dos padriños e madriñas lectoras que se desenvolveu o 23 de abril no seguinte enlace:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/04/padrinos-e-madrinas-lectoras.html