Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
20/2/12
SEMANA TEMATICA ENTROIDO 2012
A semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos a festa do entroido no colexio. Ao longo da semana MIMI, a mascota da biblioteca do centro, foinos dando instrucións para que todos trouxéramos algo especial: algo na cabeza, unha prenda do revés, algo feito con periódico, a cara pintada e disfrazad@ con cousas que houbera pola casa. O día 17, despois do recreo reunímonos no ximnasio para ver os disfraces dos compañeir@s e mostrar os nosos. ¡Mirade o vídeo e veredes as diferentes actividades da semana!
18/2/12
HISTORIA BREVE DO ENTROIDO 2012
Aquí vos deixamos unha montaxe de "libro pop-up" feita cun programa que permite ver o libro en 3D e nunha realidade aumentada. Facede clik co rato sobre o libro e veredes como se move. Os protagonistas son os nenos e nenas de infantil disfrazados en catro ambientes distintos: a cidade, a selva- bosque, o mar e una ambiente mediaval de castelos. Mirade que divertido resulta.
6/2/12
CUMPLEANOS DE FEBREIRO
En FEBREIRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!
2/2/12
PAZ 2012
O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Como actividade de centro decoramos durante a mañá o ximnasio con bandeirolas e cenefas de nen@s coa palabra Paz en diferentes idiomas. Despois do recreo, reunímonos tamén ximnasio para falar sobre a Paz: como a entendemos, que implica... E rematamos cantanto todos xuntos a cantiga de Juanes "Paz, paz, paz...". Mirade agora no vídeo que ben cantamos e bailamos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)