28/12/16

O NADAL DOS MÁIS PEQUENOS

O tempo de Nadal é tempo de ilusión. A ilusión dos encontros, das luces de cores, dos agasallos. A ilusión de adornar as casas e a escola para agardar polas visitas máis esperadas. Con toda a ilusión traballaron  as nenas e os nenos de Infantil. E coa mesma ilusión recibiron a visita de Papá Noel que se achegou a Barro uns días antes para sorprender os pequenos. Para as familias e para todos, BO NADAL.


22/12/16

VISITOUNOS PAPÁ NOEL

O luns día 19 Papá Noel estivo no cole para traer os agasallos do concurso de Postais.

No blog da biblioteca podedes mirar o video-resumo da súa visita e consultar a programación do Concello para este Nadal en Barro.
Premede aquí para acceder:
http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/12/visita-de-papa-noel-e-programa-de-nadal.html

15/12/16

Para Iker, camiño da súa estrela



  Xurdiron ou han xurdir preguntas. Ofrecémosvos unha proposta de lecturas sobre esta temática desde a biblioteca do centro:

24/11/16

OUTONO 2016 3 ANOS

Un pequeno fragmento dunha poesía de F García Lorca para introducir os máis pequenos na maxia da literatura. Escoitádeos con atención!







8/11/16

SAMAÍN 2016

        Este ano celebramos o Samaín. Os nenos e as nenas fixeron fantasmas, arañas, cabazas e morcegos para decorar as aulas e os corredores. As familias colaboraron tamén con marabillosas cabazas que encheron o cole coa maxia do Samaín. E, o día 28, algunhas voluntarias dos cursos superiores axudaron ás profes a pintar os máis pequenos. Por último, cantamos e bailamos a canción escollida para este ano: "Samaín", interpretada por Jesús Pareja e Andrea Picos. Aquí deixamos unha recollida de fotos. A ver se vos gusta!


5/7/16

GRADUACIÓN 2016

Rematamos o curso despedindo aos cativos e cativas das clases de 6º de Educción Infantil cunha festa de Graduación na que se fixo a entrega de orlas. Non podían faltar as familias e tampouco os demais compañeiros e compañeiras do centro.
No vídeo que vos amosamos podedes ver as imaxes do acto.

22/6/16

A QUE XOGAMOS?


Nas clases de 5 anos levamos xa algunhas semanas aproveitando o bo tempo para aprender diferentes xogos. Para axudarnos con algúns deses xogos, contamos coa colaboración inestimable de avós e avoas.
 A todos e todas, moitas grazas.
Aí vai unha pequena recollida de fotos e debuxos.

14/6/16

JUAN, O AVÓ DE JULIA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Juan, o avó de Julia. Veu para ensinarnos a xogar ás canicas. Falamos dos nosos xogos preferidos e despois explicounos como xogar ás bólas e como se trocaban. ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Juan pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!

9/6/16

FESTA "ARREDOR DAS LETRAS 2016"

Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello...  SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ E VERÁS

8/6/16

CONCHA, A AVOA DE ANTÍA VEU Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Concha, a avoa de Antía. Veu para ensinarnos a cantar e bailar o "Chuchua". Tamén cantamos xuntos "Ondiñas veñen e van" e xogamos a "ratón que te pilla el gato".   ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Concha pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!

1/6/16

EMILIA E CELSA AS AVOAS DE HELIA VIÑERON Ó COLE

Esta semana recibimos no cole a Emilia e a Celsa, as avoas de Helia, acompañadas da súa mamá Mili. Viñeron para ensinarnos a xogar a un xogo moi especial, porque non o coñeciamos. A avoa Celsa díxonos que o seu avó lle ensinou a xogar cando tiña cinco anos. Na súa familia coñéceno como "O Xogo das Leiras". Tamén se coñece tradicionalmente como: o xogo do muíño, morris ou merreles. Parece ser que é un dos xogos vivos máis antigos que existen. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!

31/5/16

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Xa estamos a piques de rematar o curso e para facelo dun xeito especial, despois de tantos bichos e animais que estivemos a investigar, decidimos ir de excursión ó Zoo de Vigo cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Estaban moi ilusionados e non lles daba chegado o día. Pasaron unha mañá moi entretida na compaña dunhas monitoras que lles ían dando información dos animais que alí viven. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

30/5/16

ENTREGA DO VIII PREMIO MIMI

Este 30 de maio, a produtora audiovisual galega "Páramo Picture" recibiu o VIII Premio Mimi ao persoeiro do ano, otorgado polo CEIP Amor Ruibal. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo,  dous dos seus integrantes, Daniel Moreira e Iván Capón. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto, o seu novo tema "Préndeme o boi" (baseado no tema orixinal "Duele el Corazón"), o famoso"Eu vou estalar" (coñecido coma o "Gangnam Style Galego") e, tamén nos agasallaron cun anaco da "Bertolina" (a "Adrenalina galega"). ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que troula!

Aquí vos deixamos algunhas das fotos que nos fixemos con eles:

TALLER DE BICHOS

Unha das actividades que estivemos a desenvolver para o Proxecto "Menuda Bichería", no que está traballando todo o centro, foi a elaboración de diferentes bichos empregando e reutilizando diferentes materiais. Aquó vos deixamos algunhas fotos dos que fixemos. ¡Mirade que bonitos!

27/5/16

CARMEN A AVOA DE SERGIO VEU Ó COLE

Esta semana recibimos a visita da avoa Carmen a de Blanca a mamá de Sergio que aceptaron a nosa invitación para vir ó cole. Con elas pasamos un rato moi agradable cantando algunhas cantigas populares galegas. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!

INVESTIGAMOS BICHOS

Todo o alumnado do centro está a traballar no Proxecto Menuda Bichería. Os nenos e nenas de 5 anos do grupo A e B fixeron investigación de algúns bichos. Buscaron información na Biblioteca do cole, na internet, en libros, xornais... para responder ás preguntas que se formularon ó comezo do proxecto. Aquí tendes o resultado da investigación. ¡Botádelle un ollo!

24/5/16

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano o día das Letras Galegas lembra a Manuel María Fernández Teixeiro que naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego. Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos. Os nenos e nenas de infantil traballaron algunhas das súas poesías: "O arco da bella", "O caracol" e " A roda roda"; recollidos no libro "OS SOÑOS NA GAIOLA". Todos os nenos e nenas debuxáronse para representar no corredor do cole as rodas. ¡Quedaron moi ben! ¡Botádelle un ollo! Aquí vos deixamos o traballo de aula dos alumnos/as de 5 anos, para o cal ilustraron e cantaron as poesías. ¡Podedes botarlle un ollo!

23/5/16

ENTREGA DE AGASALLOS POLO CONCURSO DOS CONTOS

O pasado día 20 de maio, o alcalde de Barro o Sr. Abraldes acompañado de Pili estiveron na Biblioteca do cole para entregarnos os agasallos por participar no concurso "Cóntame un conto veciño". Se queres saber máis preme AQUÍ.

19/5/16

OS AVÓS DE PAULA, JUAN E CARMEN, VEÑEN Ó COLE

Este mes para celebrar o día das Familias convidamos ós avós a vir ó cole para pasar con nós un ratiño entrañable. O avó Juan veu para tocar a armónica mentres cantabamos cantigas populares e a avoa Carmen veu para ensinarnos a xogar ó burro coas cartas. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!

16/5/16

DÍA DA FAMILIA

Para conmemorar o día das Familias, o 15 de maio, organizamos unha exposición co traballo que foron facendo os nenos e nenas de 5 anos coa axuda das súas familias durante o curso. Tiñan que contarnos cousas que facían durante a fin de semana en familia, é dicir, o sábado e mailo domingo. Dende aquí queremos agradecer a vosa colaboración. ¡Botádelle un ollo á exposición!

11/5/16

VIII PREMIO MIMI

Nesta edición o gañador do concurso VIII Premio MIMI ao Persoeiro do Ano que se celebra no noso centro foi a productora audiovisual "Páramo Pictures"
Si queredess saber máis sobre como desenvolvimos este proxecto no noso centro, premede no enlace ao blog da biblioteca:



3/5/16

CANDIDATURAS PREMIO MIMI 2016

Reunímonos un ano máis na biblioteca do centro para escoitar a exposición que fixo o alumnado de 5º curso responsable do proxecto. Presentáronnos as cinco candidaturas sobre as que investigaron este curso.

PLANTAMOS EN PRIMAVERA

Xa estamos en primavera e este ano plantamos algunhas plantas e arbustos fóra do colexio nos xardíns que rodean o pavillón. Tamén plantamos sementes de herba en vasiños de plástico, ós que antes lles puxemos uns ollos e unhas bocas, coa idea de que cando lles medrase a herba poderiamos facerlles diferentes peiteados. ¡Traballamos moito! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes!

29/4/16

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Este mes coa celebración do Día do Libro, Pili convidounos a visitar a Biblioteca Municipal para contarnos algúns contos. ¡Foi moi divertido! ¡Botádelle un ollo o vídeo!

26/4/16

DITOS, REFRÁNS E CANTINELAS DE BICHOS

Un dos traballos que fixeron os nenos e nenas de 5 anos para o proxecto dos "Bichos" foi a recollida de diferentes textos tradicionais relacionados co tema. Contamos coa sempre agradecida colaboración das familias, que nos facilitaron ditos, refráns, adiviñas, cantinelas... que despois no cole escribimos e ilustramos. ¡Botádelle un ollo os vídeos!

22/4/16

CÓNTAME UN CONTO VECIÑO

Xa estamos no mes dos libros e, un ano máis  os pequenos/as de infantil participamos no certame "Cóntame un conto veciño" organizado polo concello de Barro e de Portas.  Estes  son os orixinais contos que inventaron os peques do cole. ¡¡Botádelle un ollo!!
3 ANOS:


4 ANOS:






5 ANOS:

21/4/16

CONTACONTOS " LA AVENTURA DE LOS MOLINOS"

Con motivo do IV centenario da morte de Don Miguel de Cervantes Saavedra, escritor universalmente coñecido pola súa obra "Don Quijote de la Mancha" (considerada unha das mellores obras da literatura universal, converténdose no libro máis editado e traducido da historia), os voluntarios da Biblioteca representaron o episodio dos muíños para os alumnos/as de infantil. ¡PREMEDE AQUÍ SE QUEREDES SABER MÁIS!

19/4/16

PUNTOS DE LECTURA

Estes días fixemos uns  puntos de lectura coa temática que nos ocupa dende hai xa algúns meses "Os Bichos" . Agora que coñecemos tanta bichería debuxámolos sen problemas. ¡Botádelle un ollo a estas fotos!



31/3/16

XOGO: ATOPA O BICHO QUE VAI CARA ATRÁS

Os nenos e nenas de infantil debuxaron unha chea de bichos cos que fixeron unha bonita espiral que puxeron na entrada do cole. Esta espiral ten algúns bichos que van cara atrás e o xogo consiste en descubrir cantos son. ¡Botádelle un ollo e contádeos!

14/3/16

VISITAMOS A AULA DE MÚSICA

Esta semana  a profe Claudia convidounos a súa aula para experimentar con algúns intrumentos de percusión coma os carrillóns, xilófonos, metalófonos e o bombo.  Tamén nos ensinou a importancia do son e do silencio na música e tocamos coma unha pequena orquestra seguindo as súas instrucións. ¡Foi moi divertido!
¡Grazas pola experiencia profe Claudia!

11/3/16

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no Centro desenvolvéronse diversas actividades ó longo da semana: contos, diálogos, historia, debuxos...
Dende un contexto próximo para os nenos/as, destacamos o papel e participación das mulleres na sociedade; sobre todo  a  participación na construción das familias e a  conquista do mercado laboral.
As protagonistas da semana foron as mámas, avoas, tías, madriñas  e  tamén as coidadoras do comedor, monitoras, as caixeiras do super, as carteiras, as panadeiras e as pediatras. Todas elas mulleres importantes nas vidas destes cativos.






Aquí vos deixamos dous  dos contos que máis  nos gustoron dos que lemos estes días:
ARTURO Y CLEMENTINA  de Adela Turín, editorial Kalandraka

ROSA CARAMELO de  Adela Turín, editorial Kalandraka

17/2/16

SAÍDA Ó CENTRO SOCIAL AFUNDACIÓN E Ó TEATRO

Hoxe, os nenos e nenas de 4 e 5 anos,  fomos a Pontevedra ó Centro Social Afundación. Alí, presentáronnos a mascota da Fundación, un Pintafontes,  que pintamos nun obradoiro. Despois, visitamos a exposición de Isidoro Brosco escultor, gravador e debuxante galego. Recoñecido coma un dos mellores escultores  do século pasado. Foi profesor da Escola de Artes da Coruña, onde tivo entre os seus alumnos a Pablo Picasso. Ó rematar fomos ver a obra de teatro "Aurora". Aurora é a historia  dunha curuxa  que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz pero, cando sae o sol  énchese de tristura porque o sol queimalle as plumas e cégalle os ollos. Un aviador procura axudala mais  finalmente descubren que o sol é imprescindible para a vida. ¡Pasamos unha mañá moi divertida! ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

9/2/16

DÍA DA PAZ

Para ver o que fixemos no cole o Día da Paz  fai clic  AQUÍ e  poderás ver dende o Blogger da Biblioteca as distintas actividades.   ¡Botádelle un ollo! ¡Veredes que ben bailan e recitan!


ENTROIDO 2016

Celebramos un ano máis o Entroido segundo os mandados de Mimi, a mascota da nosa Biblioteca. Cada día organizamos un pequeno desfile para dar mostra do mandado. ¡Botádelle un ollo o vídeo!

2/2/16

POESÍA PARA A PAZ

Este ano para celebrar o día da Paz traballáronse diferentes textos en todo o centro. En infantil para conmenorar esta data escollemos a poesía "Que ocorre na terra" de Antonio García Teijeiro. Os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha pequena adaptación da mesma. Ilustraron o texto e pensaron o que lles gustaría ver ó espertar dun pesadelo. ¡Botádelle un ollo ó vídeo!

12/1/16

OS GOLFIÑOS

Os nenos e nenas de 5 anos do grupo B, decidiron ser a comezos do curso o grupo "Os golfiños". Desta proposta xurdiu unha pequena investigación sobre este singular animal e o resultado despois duns meses de traballo foi o seguinte. ¡Botádelle un ollo e veredes todo o que saben!