Explicounos cal é a protección necesaria para o desempeño dalgúns traballos, e a importancia de ir ben protexidos.
Trouxo un montón de material: cascos, gafas de protección, arneses, chalecos, botas de seguridade... Poidemos probar case todo!!!
Para rematar, falounos dos perigos que nos rodean se non temos o suficiente coidado, e que facer en caso dun accidente: Protexer, Avisar, Socorrer (PAS siglas do protocolo de emerxencias). Como nenos e nenas ante un accidente debemos sempre buscar a un adulto, e chamar ao 112.
Moitas grazas, Raúl, por vir ata o colexio e acercarnos o "mundo dos maiores" dun xeito tan sinxelo e lúdico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario