31/10/12

LIM "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA"

Ademais do conto "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA" os nenos e nenas de 5 anos fixeron actividades sobre o mesmo aproveitando a ferramenta LIM. ¡Probade a facelo!

30/10/12

O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA

  Esta pequena produción  xorde dunha actividade de animación á lectura en tempo de SAMAÍN.  Os nenos e  nenas de 5 anos atoparon  unha folla envellecida na que se contaba unha pequena historia dunha bruxa. Pero, nesta historia había fragmentos que non se vían,  estaban como borrados,  e houbo que reinventala. ¡Botádelle un ollo!

A BRUXA LOCA

Este SAMAÍN cantamos e bailamos unha cantiga moi divertida LA BRUJA LOCA.

29/10/12

POCIÓN BLA-BLA-BLA

Este SAMAÍN con tantas bruxas e bruxos non podía rematar sen que cada grupo elaborase unha POCIÓN. Aquí vos deixamos a que elaboraron os nenos e nenas do grupo de cinco anos. ¡Podedes probar a facela, seguro que funciona!

26/10/12

MEG AND MOG

Aquí vos deixamos un vídeo da bruxa Meg e o seu gato Mog moi divertido para este Halloween.

24/10/12

LIM "O COELLIÑO BRANCO

Tamén fixeron un LIM para escoitar o conto "O Coelliño Branco" e facer algunhas actividades relacionadas co mesmo. ¡Probade a facelo!

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar esta data os nenos e nenas de 5 anos traballaron o conto "O Coelliño Branco". Ilustrárono, contárono . ¡Disfrutádeo !






4/10/12

CUMPLEANOS DE OUTUBRO

Neste mes de OUTUBRO tivemos algúns amigos e amigas de cumple. ¡FELICIDADES! Se os vedes non vos esquezades de felicitalos.

3/10/12

LIM VOGAIS

Estamos estudando as vogais en maiúscula  e en minúscula.  Entre moitas outras actividades fixemos un LIM podedes botarlle un ollo e probar a facelo.  ¡Que vos parece!