9/11/18

VISITA DE SUSA HERRERA


Hoxe as nenas e nenos de Infantil tivemos unha agradable sorpresa: Susa Herrera estivo no cole para presentarnos o seu traballo "Cantos Animais".

Nenos, nenas e profes divertímonos moito cantando a canción do Elefante, a do Gatiño, a do Crocodilo, a da Xoaniña e a do Caranguexo.

Pasámolo moi ben!! 



Moitas grazas, Susa pola túa simpatía e as túas cancións!!

6/11/18

SAMAÍN EN 3 ANOS

Para conmemorar o Samaín, nas aulas de tres anos, realizamos moitas actividades terrorificamente divertidas!! Xogamos a pescar ollos e arañas, creamos monstros, baleiramos e decoramos cabazas, limos contos de medo e realizamos diferentes motivos decorativos. Tamén fixemos "unha pantasma comemedos" e "un monstro comemedos".

Neste video resumo recollemos algunhas fotos de todas as actividades.