12/3/20

AS FAMILIAS CONTAN

Enmarcado na actividade "Do 8 ao 18: Lecturas en Feminino", hoxe veu contarnos un conto Mónica, mamá de Mario, de 4 anos.

Pero...hoxe o conto tiña unha voz feminina cun grande peso histórico... Contounos a vida da pequena Marie Curie. Todas e todos puidemos ver o valor dos seus achados e a importancia desta importante científica.

Moitas grazas, Mónica, por vir ata a nosa biblioteca!!!

11/3/20

AS FAMILIAS CONTAN

Continuando co ciclo de contos  "Do 8 ao 18: Lecturas en Feminino", hoxe veu visitarnos Sonia, nai de Danae, de 4 anos. Contounos "La princesa rebelde" e "Orellas de bolboreta".


Moitas grazas por vir ata a nosa biblioteca e enchela destes personaxes con voz feminina tan suxerentes!!!

10/3/20

AS FAMILIAS CONTAN

Continuando co ciclo "Do 8 ao 18: Lecturas en Feminino", hoxe veu contarnos uns contos Tamara, mamá de Iván de 3 anos.
Así de atentas e atentos estivemos na lectura de "La princesita espacial" e "Rosa Caramelo" de Adela Turin.

Moitas grazas!!!

9/3/20

AS FAMILIAS CONTAN

Dentro da actividade organizada pola Biblioteca do noso centro, "Do 8 ao 18: Lecturas en Feminino", hoxe veu contarnos un conto Tamara, nai de Lucas, de 4 anos. Todo o alumnado de Infantil escoitou emocionado "La princesita bombera".
Ao rematar, tras a nosa insistencia, contou "Os petos de Loreto".

Moitas grazas, Tamara, por compartir con nós estes contos e poñer voz feminina ás súas protagonistas!!!

2/3/20

DÍA DE ROSALÍA

Este ano quixemos celebrar o Día de Rosalía recuperando da memoria o pote e aprendendo uns versos do seu poema "Caldo de Gloria". 
Estes fermosos e coloridos potes sonche cousa de envidiar!! ao igual que o caldo e os bolos de pote que Rosalía describe no seu poema.

18/2/20

SAÍDA AO TEATRO

Onte, as aulas de 4 e 5 anos acudimos ao auditorio de Afundación de ABANCA en Pontevedra. Vimos unha obra de teatro titulada  "O lobo e a lúa".


 Pasámolo xenial e desfrutamos moito cos monicreques!!


Para rematar a nosa visita a Pontevedra, fixemos unha foto de grupo...que guapiños saímos!!!



11/2/20

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Hoxe, 11 de febreiro, é o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

En infantil, quixemos adicar a xornada a facer ciencia: experimentamos co aire...a través de dous experimentos moi sinxelos, comprobamos as propiedades deste gas que nos rodea e nos dá a vida.
O aire ocupa sitio? Coa axuda dun recipiente de auga, unha luva e un vaso vimos que, aínda que non o vemos, o aire si ocupa sitio!!!
O aire pesa? Ten forma? Podemos sentilo?.. Cun experimento moi divertido observamos que o aire adopta a forma do recipiente onde o "encerremos", que podemos sentilo se o movemos ou que pesa, aínda que sexa case imperceptible. E, coma boas científicas e científicos, rexistramos as nosas conclusións nuns libriños que levamos a casa.

Canto nos divertimos hoxe facendo ciencia!!!!!

4/2/20

AS FAMILIAS CONTAN

O luns veu visitarnos á aula,  Miguel, pai de Lucas de 4 anos. Falounos da súa profesión: traballa nunha fábrica de manipulación de tiburón...Puidemos ver os barcos onde se pescan, os contenedores e ata a propia fábrica nun vídeo.

Explicounos cales son as aletas de tiburón, o nome que reciben segundo a posición no peixe e...puidemos tocalas!!!, xa que traía unha pequena mostra das mesmas. Puidemos comprobar o dura que teñen a pel estes animais. Foi moi interesante e pasámolo xenial!

Moitas grazas, Miguel, por vir facernos pasar un rato tan entretido!!!

2/2/20

DÍA DA CANDELORIA

 Continuando coa tradición de cada 2 de febreiro cando, de nenos e nenas, escoitabamos: hoxe casan os paxariños!. En Infantil quixemos conmemorar o día da Candeloria.


Así de bonito quedou o mural do "casamento" dos paxaros, preludio de futuros niños e chíos nas árbores que anuncian a chegada da primavera.