Tamén recitaron poesías de xirafas:
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
24/10/14
AS XIRAFAS
Os nenos de 4 anos do grupo das xirafas investigaron sobre estes animais e recolleron moita información. Agora saben onde viven, como son, que comen, como beben, como dormen, como demostran a súa forza... ¡Botádelle un ollo a este vídeo e veredes!
21/10/14
UN PASEO POLA SABANA
Os nenos e nenas de 4 anos saíron das aulas para dar un "Paseo pola Sabana" africana. Mentras un grupo facíase pasar polos animais que habitan na sabana o outro grupo organizado en parellas cunha folla de recollida de datos, tiña que identificar e escribir o nome daqueles animais que atopaban.
¡Pasámolo moi ben! ¡ Botádelle un ollo o vídeo!
¡Pasámolo moi ben! ¡ Botádelle un ollo o vídeo!
19/10/14
17/10/14
HALLOWEEN NA CLASE DE INGLÉS.
Estamos aprendendo cancións de Halloween e un xogo con cabazas, que sabemos se chaman "PUMPKIN". Picade na imaxe para acceder ao blog de inglés e aprendelas.
O PAPÁ DE DARÍO VÉN Ó COLE
Esta semana recibimos no cole ó papá de Darío que se chama Rubén. Veu para falarnos do seu traballo como Técnico Electrónico. Foi unha experiencia marabillosa na que Rubén lles falou das súas ferramentas, das cousas que arranxa, de como funcionan as baterías dos móbiles. Tamén lles trouxo un pequeno circuito que o producir contacto facía vibrar un pequeno vibrador dun móbil. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Rubén pola túa asistencia!!
Etiquetas:
AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE,
PROPOSTAS DE TRABALLO
2/10/14
ENSALADA DE FROITAS E ZUME DE UVAS NO OUTONO
Aproveitando a chegada do outono e a recollida de moitas froitas fixemos a seguinte experiencia: una ensalada de froitas e zume de uvas. Chegamos a conclusión de que as froitas ademais de cheirar ben, saben mellor e son moi sas.¡¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)