Esta semana recibimos no cole á mamá de Helia que se chama Mili e a mamá de Brais que se chama Sonia. Viñeron ó cole para falar con nós da importancia de xogar cos amigos e amigas para pasalo ben. Con elas xogamos á ra, ó pano, a levar ovos cunha culler na boca, a levar una pelota en parellas sen mans e ó "ratón que te pilla el gato" coas cadeiras. Depois dos xogos déronnos un Diploma de Participación e unhas chuches. Pasámolo moi ben, foi moi divertido. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Mili e Sonia pola vosa asistencia!!
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
26/4/15
DÍA DO LIBRO
Este ano celebramos o día do libro dun xeito algo especial.Realizamos unha serie de actividades que recollemos no video que amosamos a continuación. Son as seguintes:
- Apadriñamento lector: "Padriños" e "madriñas" de Primaria agasallaron coa lectura dun conto ao alumnado de Educación Infantil e 1º curso de Primaria.
- Exposición do Proxecto "Os cabalos" realizado por Manuel Maquieira de 5º curso de Primaria.
- Visita á Biblioteca Pública de Barro.
24/4/15
CANCIÓN: PATA DE LATA
Co gallo da celebración do día do libro e posto que o proxecto de piratas tivo como elemento motivador o libro "El pirata pata de lata", os peques de catro anos cantaron, ilustraton e escribiron algo sobre o conto. ¡Botádelle un ollo!
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
PRODUCIONS MIMI,
PROXECTO PIRATAS
23/4/15
CANCIÓN: QUE MALA PATA TIENE EL PIRATA
Os peques de 4 anos aprenderon unha cantiga de piratas coa que logo fixemos unha montaxe cun barco bergantín que pintaron entre todos e con debuxos deles co vestiario pirata. ¡Veredes que tripulación!
22/4/15
MARCAPÁXINAS PIRATAS
Para o Día do Libro fixemos marcapáxinas nos que figura, por unha banda, o libro que inspirou o proxecto e, pola outra, o debuxo e nome que os nenos e nenas se puxeron de piratas.
9/4/15
A MAMÁ DE ELVIRA VEU Ó COLE
Esta semana recibimos no cole á mamá de Elvira que se chama Rosa. Veu para axudarnos a facer un cadro do pintor Romero Britto. Ensinounos algúns dos seus cadros. Escollemos para confeccionar o do gato. Foi algo fantástico xa que non tivemos que pintar, Rosa trouxo tódalas pezas recortadas, só había que ir colocándoas correctamente no soporte. Pasámolo moi ben e o resultado foi marabilloso. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Rosa pola túa asistencia!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)