15/6/22

PROXECTO SOBRE O MEDIO AMBIENTE

     Con motivo do 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, na aula de 3 anos do noso cole estivemos vendo o conto ¿Qué le pasa al Planeta? de Eva Clemente.


    Na clase, estivemos falando da importancia de que cada persoa coide o noso entorno, pero...como podemos facelo? Pensamos que si procuramos non tirar basura ao chan, os animais non comerán cousas que non deben, se aprendemos a separar e reciclar o que xeramos, non malgastaremos os recursos, non haberá basura no mar, no campo...

    Fixemos uns libros cos que aprendemos o básico da separación de residuos e a importancia de que cada cousa vaia no seu contedor.

    Durante a semana pasada, recibimos unha grata sorpresa: uns carnés que acreditan que xa formamos parte do "Clube de nenos e nenas coidadoras do planeta".

Felices e con moita ilusión, tomarémonos esta responsabilidade moi en serio... E vós?...

AXUDÁDESNOS A SALVAR O PLANETA? NON HAI OPCIÓN B!

9/6/22

Facendo un tramo do Camiño de Santiago!

As nenas e os nenos de 3 anos, despois de rematar o noso proxecto sobre o Camiño de Santiago, enmarcado no proxecto de Centro "Barro no Camiño", quixemos facer un pequeno tramo do Camiño que pasa por Barro. 

Foi unha experiencia preciosa e moi enriquecedora!!! Puidemos comprobar "in situ" a simboloxía dos fitos e vimos moitos pelegríns aos que lles desexamos "bo camiño!".

Para a ocasión, tiñamos preparados uns sombreiros de pelegrín e unhas cunchas. Fomos a sensación do camiño!!! e moito fachendeamos.

Durante a nosa andaina tivemos unha grata sorpresa: Mónica deixounos ver o peixe que levaba na súa furgoneta e a todas e todos nos entrou moita fame!!! 

Tamén puidemos ver os carteis que elaboraron as nosas compañeiras e compañeiros maiores.

Para rematar, merendamos no parque de Santo Antoniño e xogamos un pouco; aínda tiñamos forzas para troulear.

Deixámosvos un vídeo resumo da nosa aventura de hoxe. 


FOI UN GRAN DÍA!!!


Excursión ao Grove

O pasado venres, día 3, o alumnado de 4 e 5 anos foi de excursión ao Acuario do Grove. Desfrutou moito e mesmo tivo un ataque virtual dun tabeirón!


Comimos nun precioso parque que hai na illa da Toxa, no que viven os grobits. Pero non había ninguén nas súas casiñas. Deberon ir tamén de excursión.

2/6/22

CAMIÑO DE SANTIAGO NA AULA DE 3 ANOS.

    Durante as últimas semanas, na aula de 3 anos do cole estivemos traballando o Camiño de Santiago. Nós quixemos centrarnos nos símbolos do Camiño e no tramo que pasa polo noso Concello. Durante a nosa "andaina" acompañounos un amigo moi especial: Valentiño!!! (do libro Bo camiño, Valentiño).

    Achegámonos ao noso patrimonio dun xeito moi divertido! Deixámosvos un vídeo resumo das nosas actividades máis destacadas.

     Lembrarvos que segue activo o padlet do Camiño de Santiago para continuar subindo a vosa foto ao lado dun fito do Camiño. Este é o enlace  👇

PADLET BARRO NO CAMIÑO

ANIMÁDEVOS!!!