21/12/21

A MALETA SAUDABLE NO NOSO COLE

Dentro do Programa Saúde na Escola promovido polo Concello de Barro, o alumnado de 6º de Infantil tivo a oportunidade de gozar durante dúas semanas coas lecturas e xogos que contén a Maleta Saudable que cada mes vai itinerante polos colexios da comarca (Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas). A finalidade é fomentar nas crianzas hábitos saudables de alimentación, hixiene, intelixencia emocional, autonomía e amizade.

As nosas nenas e nenos deixaron testemuña e pegada do seu traballo cunhas fermosas ilustracións no caderno que acompaña esta maleta de recursos.