17/12/17

Mes da Ciencia

O mes de novembro estivo adicado á Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares.
Por este motivo, desde a Biblioteca propuxéronos un xogo de pistas para investigar e saber máis dunha muller de ciencia pioneira no seu campo: Marie Curie.

Gustounos tanto esta investigación que quixemos ser científicos e científicas. Na Biblioteca e tamén nas aulas fixemos experimentos, xogamos a mezclar diferentes elementos e observar o que sucedía ... Así que collemos diferentes envases e mesturamos: auga, aceite e colorante alimentario.





Guau!!! O resultado foi sorprendente!! A auga e o aceite "pelexan", non se mesturan, e o colorante alimentario non tingue o aceite pero si a auga. Emocionados, continuamos experimentando. As profes tiñan un "ingrediente misterioso" que botaron na nosa mestura...que sucedeu?
Mirade...




O ingrediente misterioso era unha pastilla efervescente que provocou burbullas na auga tinguida, estas atravesaban o aceite sen misturarse e despois volvían baixar á auga. As profes explicáronos que non era cousa de maxia, senón de ciencia.

Gustounos tanto que nos xuntamos de novo na biblioteca para contarlle como fixemos o experimento aos compañeiros e compañeiras de 3 anos.
Quedamos cun gran sabor de saber, e coas ganas de aprender moito e ser grandes científicos!
Podedes ler máis no blog da nosa biblioteca, si premedes no enlace: O blog de MIMI.


11/12/17

Visita a Clesa catro e cinco anos

O pasado 1 de decembro visitamos a fábrica Clesa en Caldas de Reis. Os nosos anfitrións foron os integrantes de Polo Correo do Vento, grandes profesionais que nos achegaron dun xeito moi lúdico o traballo diario desta fábrica.
 


Fixemos un pequeno obradoiro de debuxo e seguindo paso a paso as instruccións... debuxamos unha fermosa vaca!

Para rematar tomamos unha rica merenda, cortesía de Clesa. 

Queremos agradecer a amabilidade e o bo facer destes dous profesionais, así memo, dar as gracias a Clesa por abrir as súas portas  aos centros escolares que desexen visitar a fábrica, pola rica merenda e polo detalle que tivo con cada neno e cada profesora.

30/6/17

Agasallos "Cóntame un conto veciño"

O pasado 19 de xuño, o Concello obsequiou aos nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Amor Ruibal pola súa participación a nivel de aula no certame interconcellos Portas-Barro "Cóntame un conto veciño". Os encargados do día recolleron o agasallo en nome da súa aula. A emoción e ilusión eran visibles nas caras dos nosos alumnos e alumnas.

Moitísimas grazas!

29/6/17

XOGOS DE VERÁN

Un dos últimos días de escola, aproveitando a calor, as nenas e os nenos de Infantil participamos en diferentes xogos no ximnasio e no patio.
Pasámolo moi ben!

INVESTIGAMOS SOBRE... "OS CABALOS"

Na aula de 5 anos - A tivemos como mascota este curso : "O cabalo". Investigamos sobre estes animais tan apaixonantes: razas, alimentación, fisionomía, seleccionamos a información e desenvolvemos un completo proxecto que quedou así de bonito.




PINTAMOS COMO...

Durante o terceiro trimestre, as nenas e os nenos de 4º de EI (3 anos), desenvolveron un pequeno proxecto de arte.
Aquí deixamos unha pequena recollida dos mellores momentos.

13/6/17

LUDANTIA,REPENSANDO OS PATIOS.


O pasado xoves 8 de xuño os nenos e nenas de 4 anos disfrutamos dun obradoiro moi divertido impartido por Sheila García Prado e que titulou "re-pensando Barro". Dentro do proxecto que o noso cole está desenvolvendo para Ludantia. Aquí deixamos unhas bonitas imaxes.

25/5/17

VISITAMOS A ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"

As aulas de 4º curso de Infantil (4 anos) estiveron o luns na escola "A Galiña azul" para realizar un contacontos. Sentíronse "maiores" por un día e ... fixérono realmente ben!
Podedes ver un resumo desta saída no seguinte vídeo.


7/5/17

"REVITALIZA" TAMÉN CHEGA A INFANTIL

Os nenos e nenas de 5º curso de Primaria prepararon para os peques de 5º e 6º de infantil (4 e 5 anos) o contido da exposición "Revitaliza" cedida polo CEIDA e que estivo na Biblioteca do cole durante dúas semanas.
No blog da biblioteca podedes ver o vídeo resumo e ler toda a información sobre as actividades relacionadas con esta exposición que se desenvolveron no colexio.

30/3/17

DÍA DA POESÍA 2017

No día 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía. Este ano a autora homenaxeada foi Gloria Fuertes. As nenas e os nenos de tres anos tamén se sumaron á conmemoración, e aprenderon unha poesía curtiña "Mi cara" e fixeron retratos da autora. Aquí deixamos unha pequena montaxe.

14/3/17

SAÍDA AO TEATRO

As aulas de 4 e 5 anos (5º e 6º curso de Educción Infantil ) viaxamos o pasado venres a Pontevedra para gozar dunha representación no Pazo da Cultura. A obra teatral "Xoga" da compañía Entremáns.
Música e danza para xogar co corpo, así como a canción "Head, shoulders, knees and toes" que aprendemos na clase de inglés.
Ao remate merendamos e xogamos na "Illa das esculturas".
Pasámolo en grande!

7/3/17

PARTICIPAMOS NO ENTROIDO DO COLE

Durante a semana do Entroido, disfrazámonos como nos mandou MIMI e bailamos todos xuntos no patio.
Aquí deixamos un vídeo para que o vexades.



27/2/17

ENTROIDO 2017 - OS NOSOS CHOQUEIROS

Este ano, as nenas e os nenos de Infantil fixemos uns choqueiros moi divertidos.
Despois, fixemos unhas fotos moi chulas con eles.
E queremos compartilas con vós.
Primeiro, as de 3 anos:


Despois, as de 4 anos:


E, por último, as de 5 anos:

15/2/17

CONTACONTOS


A semana pasada gozamos dunha sesión de contacontos na Biblioteca do cole. Laura Filgueira da Libraría Pataka Frita de Pontevedra agasallounos con historias cheas de emocións:


Cantamos en inglés con "Pete el gato", atopamos tenrura en "Garabanciño" e un pouco de medo en "A bruxa regañadentes" . Por último, un pouco de cociña coa "Sopa verde" 



Podedes mirar o vídeo que está no blog da biblioteca premendo aquí.




9/2/17

Froitos de inverno



O pasado 2 de febreiro os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil degustaron diferentes froitos do inverno. Unha actividade que implicou os seus cinco sentidos, pois non só os degustaron, senón que os uliron, debuxaron, tocaron e incluso descubriron que as apariencias enganan...pois había unha froita con apariencia de laranxa pero con olor e sabor a limón!!!

8/2/17

DÍA DA PAZ 2017

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano, na escola, o tema escollido foi  "El mismo sol", interpretada por Álvaro Soler. Os nenos e nenas de EI contaron coa axuda da profe de música e das nenas e nenos máis maiores para aprender unha preciosa coreografía e para cantar todos xuntos.