A semana pasada tivemos a enorme fortuna de contar coa colaboración dunhas familias moi involucradas na educación vial dos nenos e nenas...
Irene e Rosi, nai e tía, respectivamente, de Lara (4 anos) viñeron ao cole acompañadas por Pepe, un burriño que lles explicou aos nenos e nenas as normas viais básicas.
Despois, Eva e Nuria, mamás de Xabi e Antía, viñeron facer con nós un taller moi divertido de elaboración de disfraces de semáforos.
Pasámolo en grande e, o máis importante, aprendemos o valor que ten respectar os semáforos para a nosa seguridade.
Moitísimas grazas, familias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario