Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
5/6/15
ENTREGA DO VII PREMIO MIMI
Este 3 de xuño, o grupo musical galego "Os da Ría" recibiu o VII Premio Mimi ao persoeiro do ano. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo Fabián Santomé (Tomás Lijó) e Suso Pián (Suso Alonso. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar este proxecto adiante, algúns dos seus temas máis coñecidos: "Se me dan a escoller un país", "Infanta Elena", "Himno Galego" e tamén nos agasallaron cun novo tema. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que algueirada!
Despois da entrega do Premio fixemos algunhas fotos:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario