Hoxe conmemoramos o día das FAMILIAS e desde aquí queremos destacar o seu papel educativo. Este feito implica a necesidade dunha actuación conxunta das familias e do profesorado respecto á educación dos seus fillos/as. Como puidestes comprobar, este curso, convidamos ás familias a participar no cole a través de diversas actividades que puidesen facer co apoio das titoras. Xurdiron moitas actividades interesantes que os nenos e nenas disfrutaron. Dende aquí queremos darvos outra vez as grazas pola vosa colaboración. Aquí vos deixamos un pequeno resumo. ¡ Podedes botarlle un ollo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario