Os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil desprazáronse o mércores pasado a O Grove para gozar dunha xornada de convivencia e contacto coa natureza no campamento de "Os fieitás"
Pola mañá participaron nunha actividade de exploración e creación con elementos da natureza.
Despois dunha pausa para o xantar, xogaron na tirolina e gozaron coa sesión de música e baile que guiou o equipo de monitores.
Finalmente baixaron á praia. Non estaba o día para un chapuzón, pero igualmente o gozaron xogando na area.
Unha completísima xornada!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario