Algúns dos rapaces e rapazas de Infantil baixamos ao supermercado no final do curso pasado. Regaláronnos uns lápices de cores e dixéronnos se lles podiamos facer uns debuxos. Este curso cumprimos co trato. Poden verse na fachada do super.
PEQUECHOLANDIA
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
15/10/24
8/5/24
A NOSA HORTA: AMORODOS
No patio de Infantil estamos creando a nosa horta. Este ano, xunto coas cereixas e amoras, temos unhas plantas de amorodos.
Cada día observamos como medran e van collendo cor. Probámolos. Limpamos as herbas e retiramos os bichiños que queren deixarnos sen os amorodos.
25/4/24
AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS. A MAMÁ DE LUCÍA
Este xoves, 25 de abril, veunos visitar Silvia, a mamá de Lucía. Contounos o conto Dhor el compostador e aprendeunos a facer compost.
23/4/24
AS FAMILIAS CONTAN, 3 ANOS: A MAMÁ DE SEBAS
O xoves 11 de abril veunos visitar Flor, a nai de Sebas. Tocou varias cancións coa frauta e aprendeunos a fabricar maracas.
AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS: A AVOA DE ANDREA
O xoves 18 veunos visitar a avoa de Andrea. Tocounos varias cancións coa viola e acompañounos cando cantamos Vaite lavar porcona.
AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS: A MAMÁ DE XABI
Este luns, día 22, veunos visitar a mamá de Xabi. Contounos un conto no que o protagonista era Xabi. Puxemos gomets, fixemos música e acabamos soprando pompas de xabrón.
AS FAMILIAS CONTAN. 3 ANOS. A IRMÁ DE BALO.
O mércores, día 10 de abril, veunos visitar Leire, a irmá de Balo e contounos o conto Mamá de Mariana Ruiz Johnson.
23/3/24
XOGADE TAMÉN PARA INFANTIL
O alumnado de 5º e 6º de Infantil (4 e 5 anos) viaxamos o xoves a Pontevedra para participar nunha actividade de iniciación no medio acuático nas Piscinas Rías do Sur, actividade enmarcada dentro do Programa Xogade.
Pasámolo moi, moi ben!
20/12/23
SAÍDA A PONTEVEDRA
O alumnado de 4º e 5º de Infantil desprazouse a Pontevedra para participar nun obradoiro e visitar a exposición "Picasso protagonista" que promove Afundación Abanca no Café Moderno.
Pasámolo xenial!!!
3/11/23
CAIXAS MONSTRUOSAS POLO SAMAÍN
Para a celebración do Samaín nas aulas de Infantil, pedimos colaboración ás familias do alumnado. Propuxemos a creación de monstruos reutilizando caixas ou envases de cartón e aquí vos amosamos unha pequena mostra do resultado.
Quedaron chulísimas!!
Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!!
3/6/23
VISITAMOS O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPOLAMEIRO
Hai uns días, as nenas e nenos de Infantil do cole desfrutamos da nosa saída de fin de curso. Visitamos o Parque Arqueolóxico de Campolameiro.
Fixemos dous obradoiros moi interesantes, a través dos cales puidemos poñernos na pel das mulleres e dos homes da prehistoria: pintura rupestre e sementes do pasado.
Durante a nosa estancia no parque, realizamos dúas visitas guiadas: unha á exposición estable do edificio do museo; e outra, á área arqueolóxica, onde puidemos ver os petróglifos e unha recreación dun poboado da Idade de Bronce.
Na área exterior, agardábanos unha sorpresa: un enorme labirinto!!! Pasámolo xenial tentando buscar a saída...que ten truco!
30/5/23
Plantamos Xirasoles!!
"Oculta no corazón dunha pequena semente
unha pranta en profunda paz durmía.
-Esperta!- dixolle o sol
-Esperta! díxolle a choiva fría.
A pranta que escoitou, quixo ver que ocurría,
Puxo un traxe verde,
estirou os seus brazos cara arriba.
De toda planta que nace,
esta é a súa historia bonita"
Cando comezou a primavera, na aula de 4 anos representamos esta sinxela poesía, poñéndonos na pel dunha pequena semente. Tanto nos gustou que decidimos "deitar" a nosa pipa de xirasol nunha camiña de terra e agardar a que suceda a maxia da vida!
Agardaremos con emoción a que a nosa planta se vista de verde e estire os seus brazos cara arriba!
18/4/23
SAÍDA AO TEATRO
O luns 17 de abril, as nenas e nenos de Educación Infantil fomos ao teatro. Vimos "Feo", unha adaptación, a cargo de Caramuxo Teatro, do conto "O parruliño feo" de Hans Christian Andersen, no Auditorio Sede Afundación de Pontevedra.
Despois de desfrutar da obra, achegámonos ao parque de Campolongo para merendar e...
12/4/23
A TRIBO DOS ECOBECHOS!
Hoxe veu Rocío ata o colexio, a ensinarnos a importancia da compostaxe. Coas súas historias e os seus xogos tan divertidos, aprendemos que podemos facer un montón de cousas para reciclar e reducir os residuos dun fogar e do cole.
Descubrimos unha terra máxica que fai ás prantas moi fortes: o compós. Tamén coñecemos a uns amiguiños moi importantes para a compostaxe: os bechos... arañas, cempés, miñocas, bechos bóla... todos son peóns no xadrez da compostaxe e... sempre fan xaque mate cando de compostar se trata.
Moitas grazas, Rocío, por crear conciencia dun xeito tan ameno!!!
Agradecer á Deputación de Pontevedra a organización de ditos talleres a través do Plan Revitaliza en centros educativos.
24/3/23
Canto aprendemos con Seila e Javi!!!
Hoxe viñeron á aula de 4 anos do cole Seila e Javi, nai e pai de Xabi (4 anos) e Elba (2º de Primaria). Explicáronnos o seu traballo: odontóloga e protésico dental.
Aprendemos cantos dentes temos na boca, como hai que limpar os dentes e cal é a alimentación axeitada para ter unha boa saúde bucodental.
Contáronnos que o azucre é o maior inimigo dos nosos dentes, que o chupete e o biberón son grandes responsables de que os dentes nazan "torcidos" e, para rematar, mostráronnos como son as prótesis dentais e como se corrixen algúns defectos na dentadura.
MOITAS GRAZAS SEILA E JAVI!!!
FOI UN PRACER PODER CONTAR CON VÓS!!!
8/3/23
DÍA DA MULLER
24/2/23
AS NOSAS EMOCIÓNS
Na aula de 4 anos levamos un tempo aprendendo a poñer nome ás nosas emocións, xa que é moi importante, dende ben cativos, entender o que sentimos e saber como reaccionar, como calmarnos e como solucionar pequenos conflitos no día a día...
A nosa andadura comezou cos contos "O Monstro de Cores" e "O Monstro de cores vai ao Colexio" da autora Anna Llenas.
Grazas á colaboración da Biblioteca Municipal de Barro temos na aula os "botes das emocións" e o "monstro da calma" inspirados nestes contos. Durante un montón de días fomos poñendo nome ás nosas emocións e coñecéndoas máis profundamente.
Tamén elaboramos unhas "botellas da calma" ou "botellas máxicas" que nos axudan a sentirnos mellor cando estamos tristes ou enfadados. Velaí o resultado!
Pero a nosa viaxe polas emocións non remata aquí. Durante estas últimas semanas acudiu á nosa aula Natalia. Da man dos seus contos: "¿Qué bigotes me pasa?" da autora Olga de Dios, "Tengo un Volcán" de Miriam Tirado Torras, e "Valeria" de Margarita del Mazo e os seus talleres, puidemos profundizar un pouco máis e aprendemos que a timidez e a vergonza son emocións importantes que hai que xestionar, e que o volcán que se acende no noso interior cando sentimos ira, pódese apagar con só respirar moi profundamente.
Da gusto vérmonos así de implicadas e implicados!!!
MOITAS GRAZAS!!!