29/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu a 3 anos o papá de Martín, Gabriel. Veu a falarnos do seu traballo, adícase ao mantemento eléctrico. Falounos das enerxías renovables e explicounos,dun xeito moi sinxeliño, de onde sae a enerxía eléctrica...

Como podedes ver, tróuxonos un muiño de vento que xeraba enerxía!! aínda que soprando non o conseguimos, coa axuda dun secador de pelo, si poidemos ver que a luz do muíño acendía.


Unha vez situados, ensinounos todo o material que necesita para desenvolver o seu traballo: o casco, un arnés, lubas, o dobre cabo, a cinta de posicionamento, cordas de servicio e unha detectora (para saber cando un cable ten corrente). 

Foi moi divertido, poidemos probar case todo, e aprendemos que a luz que chega ás nosas casas depende do traballo de moitas persoas.

Moitas grazas, Gabriel, por vir ata á nosa aula e monstrarnos como é o teu día a día.

28/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Raúl, o papá de Lucas (4 anos), estivo cos nenos e nenas de catro anos mostándonos en que consiste o seu traballo: prevención de riscos laborais.

Explicounos cal é a protección necesaria para o desempeño dalgúns traballos, e a importancia de ir ben protexidos.

Trouxo un montón de material: cascos, gafas de protección, arneses, chalecos, botas de seguridade... Poidemos probar case todo!!!

   

Para rematar, falounos dos perigos que nos rodean se non temos o suficiente coidado, e que facer en caso dun accidente: Protexer, Avisar, Socorrer (PAS siglas do protocolo de emerxencias).  Como nenos e nenas ante un accidente debemos sempre buscar a un adulto, e chamar ao 112.

Moitas grazas, Raúl, por vir ata o colexio e acercarnos o "mundo dos maiores" dun xeito tan sinxelo e lúdico.

27/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

O luns 25 de marzo Inés, a nai de Tomás (5 anos) e Carmen (3 anos), estivo na aula de 5 anos B para contarnos o conto "El Ratoncito Pérez".

Personaxe moi querida polos nenos e nenas e que, ultimamente, ten moitísimo traballo nas aulas de 5 anos, pois non hai semana que non teña que recoller algún dente e deixar un agasallo.

Inés, tamén nos dou consellos para o coidado dos dentes.

Moitas grazas, Inés, por vir a contarnos este conto tan fermoso que nos deixou o bandullo da ilusión ben cheíño.


23/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Sandra, a mamá de Izan e Cayetana (3 anos A), veu ata a nosa aula para ensinarnos parte do seu oficio.

 
Prantamos semente de xirasol e outras prantas de flor.


Moitas grazas, Sandra, por vir a pasar parte do teu tempo con nós!!!

AS FAMILIAS CONTAN

Sonia, mamá de Danae (3 anos A), veu visitar as aulas de 4 anos. Tivemos unha charla do máis amena e moi moi didáctica.




Foi unha actividade moi práctica onde escoitamos os latexos do corazón, usamos un pulsómetro, vimos como era o funcionamento dos nosos pulmóns...

Moitas grazas, Sonia, por vir a compartir o teu saber con nós!!

22/3/19

DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES E DA POESÍA


No marco das conmemoracións do Día Internacional da Poesía e do Día Internacional dos Bosques, en Educación Infantil fixemos unha árbore de poesías.
A continuación podedes ver un breve resumo fotográfico de como nos quedou!





18/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe veu á clase de 3 anos B Ana,  mamá de Mauro (3 anos B). Veu cargadiña dun montón de cousas para facérmonos pasar un momento moi divertido facendo manualidades.

Fixemos composicións propias con troqueladoras e selos.

Tamén elaboramos chaveiros personalizados e puidemos manexar unha súper troqueladora!!


Como sorpresa final, tiña preparados uns lapis de cores cunha cabeza moi chula de oso!

Moitísimas grazas por vir e traernos tantas cousas chulas!!!

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe estivo nas aulas de 4 anos  Ángeles, nai de Letizia (4 anos B). Veu contarnos o conto de "Pedro e o Lobo"...


Ao rematar, tiña preparadas dúas actividades para facer unhas manualidades moi divertidas: Un barquiño con cortiza e unha ra que cazaba moscas!!


Moitísimas grazas por vir ata o cole e facérmonos pasar un rato tan divertido!!!


15/3/19

PROXECTO "O CORPO HUMANO"

En 3 anos levamos varias semanas traballando o proxecto do corpo humano. Foi un proxecto apaixoante porque descubrimos un montón de cousas que non sabiamos sobre o funcionamento do noso corpo. 

Na clase de 3 anos A, fixemos unhas siluetas (externas) e as fomos completando coas partes da cara e os sentidos.
Despois, noutras siluetas (internas) colocamos os órganos vitais e aprendemos as súas funcións.



Na clase de 3 anos B, fixemos unhas siluetas  que decoramos libremente...


Tamén elaboramos un libro de solapas onde recollemos información sobre os sentidos, o aseo diario, os órganos máis importantes e un puzzle de nós mesmos co que nos fartamos de xogar!!!




Grazas a xestión de Seila, mamá de Elba de 3 anos B, unha empresa donou cepillos e pasta de dentes que repartimos nas dúas aulas.

Agradecemos ás familias que se implicaron con nós no desenvolvemento deste proxecto.


12/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Onte viñeron ao colexio Inés e Quique, pais de Carmen (3 anos B) e Tomás (5 anos B). Contaron un conto en ambas aulas, "A derradeira Cincenta".
Despois de contarnos o conto, estivemos falando de como se organizan para colaborar todos na casa, que responsabilidades teñen Carmen e Tomás, e como papá e mamá se distribúen as tarefas do coidado do fogar e dos nen@s.

Moitas grazas, familia, por vir ata o cole a compartir un rato connosco e axudarnos, dun xeito tan natural, a ver que todos e todas podemos e debemos facer as mesmas cousas!!

8/3/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe, veu visitarnos Seila, a mamá de Elba (3 anos B). Ela é dentista e estivo connosco na aula explicándonos un montón de cousas sobre os nosos dentes.

Aprendemos cantos dentes temos, que é unha carie, como as/os dentistas miran os nosos dentes cun espello...


Explicounos como ter unha correcta hixiene bucal. Para rematar, contounos a súa experiencia en Nicaragua axudando aos nenos e nenas de alí.

Moitas grazas, Seila, por vir visitarnos e ensinarnos tantas cousas!

ENTROIDO INFANTIL


Durante os días de entroido, fixemos moitas cousas e pasámolo xenial. Cada día, lemos con emoción "O mandado de Mimi" e fixemos un pequeno libro cos debuxos dos seus mandados.


Tamén elaboramos uns sombreiros moi vistosos...


Nas seguintes fotografías podedes mirar o ben que nos sentan!!!








7/3/19

OS NOSOS DISFRACES

O venres pasado celebramos no centro o noso habitual desfile e festa de disfraces. Para deixar testemuña do guapísimos e guapísimas que estabamos fixemos estas fotos ao remate.


 
 
 

Si queredes saber máis sobre o acontecido no cole durante toda a semana podedes ler "O blog de MIMI":
https://oblogdemimi.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html



25/2/19

AS FAMILIAS CONTAN

Hoxe visitounos Sonia, a mamá de Danae ( da clase de 3 anos A). Ela é enfermeira, e veu explicarnos como funcionan os pulmóns e o corazón. Entendímolo moi ben coa axuda do mural que fixo con Danae. Ademais, trouxo un fonendoscopio e un pulsómetro que tivemos a sorte de probar.



Grazas as súas explicacións, profundizamos máis no noso "Proxecto do corpo humano".

Moitísimas grazas, Sonia!!!

 Gustounos moito a túa visita!!!

24/2/19

DÍA DE ROSALÍA 2019

Este ano, para conmemorar o Día de Rosalía, recitamos a `Alborada´ coas demais nenas e nenos do colexio. Podedes ver o vídeo premendo no seguinte enlace:


E Felipe e Inés, o pai e a nai do noso compañeiro Fiz, fixéronnos unha visita e tocaron coa gaita e a pandeireta a `Alborada´. Nós acompañamos con palmas e con moita, moita alegría. 

Gustounos moito, moitísimo!!!

Un millón de grazas!!!


O vídeo da actuación de Felipe e Inés podedes velo no blog de MIMI:


11/2/19

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, é o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. En Infantil, quixemos conmemoralo coñecendo a unha importante muller na ciencia galega: Aída Fernández Ríos.


Ademais de acercármonos un pouquiño á súa figura, quixemos saber que era iso da "climatoloxía" (un dos campos onde desenvolveu o seu traballo). Para iso... Que mellor que facendo experimentos!!!


 "Recreamos unha nube" e provocamos que chovera dentro dun tarro!!!
Para poder aprecialo, tinguimos a "nosa choiva" de azul.


Tamén fixemos neve!

Pasámolo xenial e aprendemos un pouco máis sobre o mundo que nos rodea!