Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
23/4/14
DÍA DO LIBRO, ABRIL 2014
Para conmemorar o Día do Libro, do presente ano, os peques de infantil traballaron diferentes libros, que seguro coñecedes, ilustráronos, narráronos e ata cantaron como podedes ver a continuación.
Os nenos e nenas de 3 anos versionaron: "Os Tres Porquiños", "O Polo Pepe" e a cantiga do grupo Mamá Cabra "Coñezo un Gatiño".
1/4/14
28/3/14
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Os pequenos de tres anos traballaron e recitaron a poesía "Tres Bolboretas" de X. Neira Vilas coincidindo coa chegada da primavera . ¡Botádelle un ollo!
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.
Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.
20/3/14
ANIVERSARIO JÉSSICA
No libro "Ás de mosca para Anxo" de fina Casalderrey cóntasenos como celebran os cumples na clase do profe Carlos. Os peques de 3 anos tamén celebran os seus aniversarios. Hai uns días estivo Jéssica de cumple e ademais de cantar as cantigas de aniversario os peques regaláronlle a Jéssica un debuxo, no que se reflicte o que lles gustaría regalarlle. ¡É un agasallo moi especial!
CUMPLE DE JÉSSICA from maite
19/3/14
AS NOSAS MASCOTAS
Este proxecto xurdiu trala lectura dun dos capítulos do libro "Ás de mosca para Anxo". Cando Estrela conta ós seus compañeiros que sobe moitas veces ó tellado e un deles lle pregunta: "E que fas no tellado? Xogas co gato?
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.
A PULSEIRA DE ESTRELA, 3 ANOS
A pulseira de Estrela tivo moito éxito entre os máis pequenos. Grazas a este elemento xurdiu a seguinte proposta "UNHA TARDE COA PULSEIRA DE ESTRELA". Estrela estaba algo aborrecida na Biblioteca e pensou en deixarlle a pulseira ós nenos e nenas de 3 anos a cambio de que lle contasen o que facían polas tardes nas súas casas. Os nenos e nenas levaban a pulseira na man e unha caixiña, a modo de xoieiro, para informar ás familias da actividade. Ó mañá seguinte debían contar ós seus compañeiros/as as cousas que fixeron a tarde pasada. Tamén tiñan que escribir e facer un debuxo, para levarlle a Estrela, do que máis lles gustou. Finalmente, Estrela agasallaraos con caramelos porque pasouno moi ben lendo o que facían polas tardes.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO, 3 ANOS
Este ano, como vimos anunciando dende hai tempo, todo o cole anda a traballar na obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey, vinculado ó proxecto "Escribir e Ler para ser Competentes". Os máis peques do cole tamén traballaron a obra, achegando a mesma as súas vidas. Aquí vos deixamos algunhas das actividades realizadas.
14/3/14
28/2/14
ENTROIDO 2014
Un ano máis, chega o Entroido ó CEIP Amor Ruibal cos orixinais "Mandados de Mimi". Pasámolo moi ben grandes e pequenos como podedes ver neste vídeo. ¡Botádelle un ollo!
DISFRACES 2013-2014
Aquí, vos deixamos un traballiño que fixeron os peques de 3 anos do entroido. A eles gustaríalles disfrazarse de...
20/2/14
17/2/14
LIM ENTROIDO 2014
Logo chega o entroido. Pásao ben cos Canguros e cos Pitiños! Próballes as máscaras a ver que guapos están!
16/2/14
LIM DISFRACES
A ver se adiviñas quen son estes nenos e nenas que están disfrazados. Ordena as letras. Xoga un pouco, ¡verás como resulta divertido!
14/2/14
BICOS DE SABORES POR SAN VALENTÍN
Os nenos e nenas de 3 anos polo San Valentín fixeron uns corazóns moi grandes para agasallar ós seus pais con bicos que sabían a... (actividade inspirada en Estrela, protagonista do libro "Ás de mosca para Anxo". No libro os pais de estrela din que ten un corazón moi grande e a Estrela gústalle moito dar bicos para facer amigos) ¡Botádelle un ollo ó vídeo e veredes que ricos!
13/2/14
12/2/14
DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADO
Hoxe comemoramos O Día Mundial contra a Utilización de Nenos e Nenas Soldado. Todos os nenos e nenas do cole danzaron e cantaron a cantiga "A Ronda do Soldadinho" cantada pola portuguesa Isabel Silvestre composta polo cantautor José Mario Branco.
Esta comemoración celébrase dende o ano 1998 para evitar que miles de menores en todo o mundo sexan utilizados, dun modo ou outro, en conflitos armados. Dende 2002 coñécese tamén como o Día das Mans Vermellas, símbolo proposto por Nacións Unidas para denunciar este problema.
Nenos e nenas soldado existen en lugares como Afganistán, Myanmar, Chad, Colombia, Filipinas, India, Iraq, Palestina, República Centroafricana, República Democrática do Congo (RDC), Somalia, Sri Lanka, Sudán, Thailandia e Uganda. Pero non só o Terceiro Mundo é testemuña deste abuso, xa que algúns exércitos de países desenvolvidos tamén teñen nas súas filas a rapaces e rapazas que non alcanzan a maioría de idade.
3/2/14
A RONDA DO SOLDADINHO
Para comemorar o Día Internacional contra a Utilización dos Nenos e Nenas Soldado os nenos e nenas de infantil ó igual que os maiores danzan e cantan a fermosa cantiga "A Ronda do Soldadinho" cantada por Isabel Silvestre e composta por José Mario Branco. ¡Botádelle un ollo ó ensaio dos nenos e nenas de 4 e 5 anos e veredes que ben o fan".
30/1/14
DÍA DA PAZ 2014
O día 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz con diversas actividades. Os máis pequenos e pequenas escribiron e debuxaron o que eles entendían por Paz. As mensaxes foron moi significativas tendo en conta as súas idades. ¡Botádelle un ollo, seguro que vos sorprenden!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


