12/2/14

DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADO

Hoxe comemoramos O Día Mundial contra a Utilización de Nenos e Nenas Soldado. Todos os nenos e nenas do cole danzaron e cantaron a cantiga "A Ronda do Soldadinho" cantada pola portuguesa Isabel Silvestre composta polo cantautor José Mario Branco. Esta comemoración celébrase dende o ano 1998 para evitar que miles de menores en todo o mundo sexan utilizados, dun modo ou outro, en conflitos armados. Dende 2002 coñécese tamén como o Día das Mans Vermellas, símbolo proposto por Nacións Unidas para denunciar este problema. Nenos e nenas soldado existen en lugares como Afganistán, Myanmar, Chad, Colombia, Filipinas, India, Iraq, Palestina, República Centroafricana, República Democrática do Congo (RDC), Somalia, Sri Lanka, Sudán, Thailandia e Uganda. Pero non só o Terceiro Mundo é testemuña deste abuso, xa que algúns exércitos de países desenvolvidos tamén teñen nas súas filas a rapaces e rapazas que non alcanzan a maioría de idade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario