Durante as últimas semanas, na aula de 3 anos do cole estivemos traballando o Camiño de Santiago. Nós quixemos centrarnos nos símbolos do Camiño e no tramo que pasa polo noso Concello. Durante a nosa "andaina" acompañounos un amigo moi especial: Valentiño!!! (do libro Bo camiño, Valentiño).
Achegámonos ao noso patrimonio dun xeito moi divertido! Deixámosvos un vídeo resumo das nosas actividades máis destacadas.
Lembrarvos que segue activo o padlet do Camiño de Santiago para continuar subindo a vosa foto ao lado dun fito do Camiño. Este é o enlace 👇
ANIMÁDEVOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario