19/5/18

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos aos nenos e nenas de 6º B de Infantil.



Marián , mamá de Diego, estivo na Biblioteca para contar "Un conto cheo de lobos" e xogaron a buscalos entre as páxinas libro.
Gustounos moitísimo!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contarnos contos ás nenas e aos nenos de 4º de Infantil...



Diana, a mamá de Dani, volveu á biblioteca do cole para contarnos dous contos: "Paco" e "O coelliño branco"

Gustáronnos moitísimo!!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen contar contos á Biblioteca aos nenos e nenas de 6º A de Infantil ...



Diana, mamá de Noa, e Fabiola, mamá de Sara, trouxeron ao ratiño "Paco" e contaron o seu conto. Tamén o do "Coelliño branco" e "Gato Guille e os monstros".
Gustáronnos moitísimo!!

17/5/18

LETRAS GALEGAS 2018


Non podiamos empezar doutro xeito que coas LETRAS e imaxe da escritora e profesora María Victoria Moreno, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas. 

En infantil fixemos diferentes actividades para acercar á escritora, María Victoria Moreno, aos máis pequenos. Velaí un resumen das mesmas...


Como broche final a todas estas actividades, todo o centro acudíu ao ximnasio para gozar e cantar cos nosos compañeiros e compañeiras de 6º de Primaria a súa canción Tecendo Voces, homenaxe a María Victoria Moreno, e coa que participaron no concurso "Sondoumia" deste ano, convocado pola Coordinadora Comarcal Terras do Umia.



16/5/18

AS FAMILIAS CONTAN...

E veñen contarnos contos, ás nenas e aos nenos de 4º A de Infantil...



Patricia, a mamá de Alexa, estivo na biblioteca do cole contándonos dous contos: "El dragón pastelero" e "O pirata cara patata" do que tamén aprendemos a súa canción.

Gustáronnos moitísimo!!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen xogar co nós, os nenos e nenas de 5º de Infantil, ...

Cristina, a mamá de Iker F., estivo no cole con nós. Aprendeunos a xogar a dous xogos aos que xogaba a avoa de Iker cando era pequena: as xogas e o marro.

Pasámolo moi ben!

AS FAMILIAS CONTAN ...

E veñen xogar co nós, os nenos e nenas de 5º de Infantil, ...


Adriana, a mamá de Brais, estivo no cole. Xogou con nós á roda e á corda.

Pasámolo moi ben!

AS FAMILIAS CONTAN...

Dentro da programación "Do Libro ás Letras" convidamos ás familias a achegarse ao noso centro e compartir lecturas e outras actividades coas aulas dos seus fillos e fillas.
O pasado 2 de maio viñeron á escola Inés e Felipe (os pais de Fiz) e Natalia e Francisco (pais de Vera) da aula de 3 anos B e convidamos á aula de 3 anos A para cantar, bailar e xogar con nós.
O xogo que nos propuxeron foi " A serra ..."  e a canción "O galo canta". Traían tres instrumentos: unha pandeireta, unha guitarra eléctrica e unha gaita que as crianzas puideron tocar e así xogar cos seus sons.
Aquí tedes unha pincelada do ben que o pasamos.



Grazas pola vosa colaboración!

TEATRO: "ANTÓN COMODÓN"

O mércores 9 de maio as aulas de 5º e 6º de Educación Infantil do noso centro acudiron a ver a obra de teatro de títeres "Antón Comodón" de L'Estaquirot Teatre con música orixinal de Ferran Martínez no auditorio sede Afundación de Pontevedra.


Antón era un adulto que non sabía facer nada só: nin vestirse, nin comer, nin atarse os zapatos... Tiña un axudante, Nicolás, que lle facía todo. Pero un día, Nicolás decidiu marchar ás Illas Verdes...



Agora a pensar e repensar que podemos facer para non ser como Antón Comodón!!

11/5/18

Premio Microcreación Terras do Umia

Os alumnos e alumnas de 6º  A de Educación Infantil do noso Centro foron premiados no Concurso de Microcreación convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia".
O venres día 4 de maio acudimos á Festa da Língua que se celebrou en Portas con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.


           Recollemos o premio con moita ilusión e un chisquiño de nervios!!



Por un mundo sen eivas!!!

Podedes ler máis no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/05/ix-festa-da-lingua.html



5/5/18

Día do libro 2018

Os nenos e nenas de educación infantil fixemos uns marcapáxinas preciosos dentro das actividades da celebración do Día do Libro e enmarcado no proxecto do Centro "Voces de mulleres".



Seguro que os imos utilizar moito!!!

Podedes ver un vídeo resumo dos padriños e madriñas lectoras que se desenvolveu o 23 de abril no seguinte enlace:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/04/padrinos-e-madrinas-lectoras.html

26/4/18

Visita ao Salón do Libro 2018

Fixemos unha saída moi interesante e divertida ao Salón do Libro de Pontevedra. Nada máis chegar, agardábanos alguén moi especial...Orbil !!!

Despois pasamos a unha sala onde nos esperaba unha contacontos mexicana. Este ano o país invitado é México. A sala estaba ambientada con motivos da cultura mexicana. Quedamos marabillados! Quedamos marabilladas!

Tras escoitar os contos, fixemos unha visita pola exposición dos traballos de todos os coles participantes. Alí tamén estaba o noso.

Antes de rematar, Rocío, a nosa monitora, falounos sobre México. Despois probamos un fermoso recuncho de lectura onde podemos ir coa familia a desfrutar dos libros.

Para rematar a mañá, fomos ao Edificio VI do Museo de Pontevedra. Alí nos falaron dos Romanos e puidemos ver unha exposición da Prehistoria recreada con "playmobil" que leva por título "Playevolución".   

Agardamos que vos guste o resumo desta mañá tan completa.

Podedes entrar no blog da biblioteca para saber máis do traballo que presentamos desde o noso cole. 

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2018/04/participamos-no-xix-salon-do-libro-de.html



Visita á exposición "As nosas senlleiras"

Estes días ten lugar unha exposición moi interesante no terceiro andar do edificio do Concello de Barro: "As nosas senlleiras..." Alí puidemos aprender que árbores ou formacións de árbores teñen esta consideración e onde podemos ir visitalas, pois todas están moi preto!!

Ademais da visita, fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e comprender mellor a importancia de coidar destes tesouros naturais e da nosa contorna.

Xa sabedes! Co bo tempo animádevos a pasear e a desfrutar entre tulipeiros, magnolias, carballos, causarinas, freixos...


31/3/18

TALLER DE COMPOSTAXE

Os días 22 e 23 de marzo acudimos á Biblioteca do colexio para recibir a visita de Rocío, mestra do CEIDA, para falarnos da Compostaxe.
Comezamos mirando un vídeo e logo amosounos a súa mascota, o caracol "Ecocol", que nos plantexou un xogo co que os nenos e nenas de Infantil lembramos moitas cousas das que aprendemos nas aulas.  

Gozamos tamén cuns peculiares xogos de maxia nos que quedamos asombrados de ver como se "transformaban" diversos obxectos que usualmente tiramos ao lixo. Unha boa mostra de "Reutilización".
 
Por último, empregando a "terra máxica" que Rocío traía (que dixo se chamaba "compost") plantamos unhas fabas que levamos para as nosas casas.
 
Podedes mirar un vídeo resumo desta actividade no blog da Biblioteca:

Gustounos moitísimo!
Grazas Rocío!


29/3/18

MICROCREACIÓN EIVA

O alumnado de Ed. Infantil (5 anos A) participa no concurso de Microcreacións convocado pola Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega con este significativo cartaz:


Parabéns, artistas !

27/3/18

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O 21 de marzo celebrouse o día mundial da poesía, os alumnos e alumnas de Educación Infantil conmemorámolo recitando uns versos do libro Pola Rúa dos Versos de Ana Fernández.

Debuxamos o que máis nos gustou do poema.


E...mirade que artistas!!


Xogamos coas palabras, coas imaxes,
coas estrofas e os versos,
co corazón enchido de ledicia
desfrutamos sendo poetas
neste día de poesía!


22/3/18

Teño unha "súper mamá"!



Enmarcada na semana da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, o pasado 15 de marzo @s nen@s das dúas aulas de 5 anos contaron @s compañeir@s de tres e catro anos por que teñen unhas "súper mamás". Velaí tedes unha pincelada do que foi esta actividade tan fermosa e enriquecedora.






28/2/18

DÍA DE ROSALÍA EN EDUCACIÓN INFANTIL

O 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía. En educación infantil celebrámolo recitando uns versos dunha das súas poesías, Alborada, e facendo unha bonita postal. Agardamos que vos guste!



21/2/18

Photocall Educación Infantil

O 9 de febreiro celebramos a festa de Entroido no Colexio. Grazas á  mamá de Sara e Diego García das aulas de 5 anos, gozamos dunha sesión de photocall moi divertida, xa que nos trouxo un fermoso e divertido photocall de paiasos.
Moitas grazas polo teu traballo, así da gusto! 

16/2/18

A CORRIDA DO GALO

A pasada semana os nenos e nenas de 5 anos B saímos ao patio para poder mirar como os compañeiros e compañeiras de Primaria participaban na actividade da Corrida do Galo.
De volta á clase deixamos recollido nunha ficha como se desenvolve esta actividade. Aquí están algúns destes traballos.






Podedes ler máis no blog da Biblioteca si premedes no enlace: