Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
28/12/16
O NADAL DOS MÁIS PEQUENOS
O tempo de Nadal é tempo de ilusión. A ilusión dos encontros, das luces de cores, dos agasallos. A ilusión de adornar as casas e a escola para agardar polas visitas máis esperadas. Con toda a ilusión traballaron as nenas e os nenos de Infantil. E coa mesma ilusión recibiron a visita de Papá Noel que se achegou a Barro uns días antes para sorprender os pequenos. Para as familias e para todos, BO NADAL.
22/12/16
VISITOUNOS PAPÁ NOEL
O luns día 19 Papá Noel estivo no cole para traer os agasallos do concurso de Postais.
No blog da biblioteca podedes mirar o video-resumo da súa visita e consultar a programación do Concello para este Nadal en Barro.
Premede aquí para acceder:
http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/12/visita-de-papa-noel-e-programa-de-nadal.html
No blog da biblioteca podedes mirar o video-resumo da súa visita e consultar a programación do Concello para este Nadal en Barro.
Premede aquí para acceder:
http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/12/visita-de-papa-noel-e-programa-de-nadal.html
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECA,
NADAL,
PRODUCIONS MIMI,
VÍDEOS,
VISITAS Ó CENTRO DE:
15/12/16
Para Iker, camiño da súa estrela
Xurdiron ou han xurdir preguntas. Ofrecémosvos unha proposta de lecturas sobre esta temática desde a biblioteca do centro:
Etiquetas:
BIBLIOTECA,
LECTURAS,
RECOMENDACIÓNS LECTURAS
24/11/16
OUTONO 2016 3 ANOS
Un pequeno fragmento dunha poesía de F García Lorca para introducir os máis pequenos na maxia da literatura. Escoitádeos con atención!
8/11/16
SAMAÍN 2016
Este ano celebramos o Samaín. Os nenos e as nenas fixeron fantasmas, arañas, cabazas e morcegos para decorar as aulas e os corredores. As familias colaboraron tamén con marabillosas cabazas que encheron o cole coa maxia do Samaín. E, o día 28, algunhas voluntarias dos cursos superiores axudaron ás profes a pintar os máis pequenos. Por último, cantamos e bailamos a canción escollida para este ano: "Samaín", interpretada por Jesús Pareja e Andrea Picos. Aquí deixamos unha recollida de fotos. A ver se vos gusta!
5/7/16
GRADUACIÓN 2016
Rematamos o curso despedindo aos cativos e cativas das clases de 6º de Educción Infantil cunha festa de Graduación na que se fixo a entrega de orlas. Non podían faltar as familias e tampouco os demais compañeiros e compañeiras do centro.
No vídeo que vos amosamos podedes ver as imaxes do acto.
No vídeo que vos amosamos podedes ver as imaxes do acto.
22/6/16
A QUE XOGAMOS?
Nas clases de 5 anos levamos xa algunhas semanas aproveitando o bo tempo para aprender diferentes xogos. Para axudarnos con algúns deses xogos, contamos coa colaboración inestimable de avós e avoas.
A todos e todas, moitas grazas.
Aí vai unha pequena recollida de fotos e debuxos.
14/6/16
JUAN, O AVÓ DE JULIA VEU Ó COLE
Esta semana recibimos no cole a Juan, o avó de Julia. Veu para ensinarnos a xogar ás canicas. Falamos dos nosos xogos preferidos e despois explicounos como xogar ás bólas e como se trocaban. ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Juan pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!
9/6/16
FESTA "ARREDOR DAS LETRAS 2016"
Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello... SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ E VERÁS
8/6/16
CONCHA, A AVOA DE ANTÍA VEU Ó COLE
Esta semana recibimos no cole a Concha, a avoa de Antía. Veu para ensinarnos a cantar e bailar o "Chuchua". Tamén cantamos xuntos "Ondiñas veñen e van" e xogamos a "ratón que te pilla el gato". ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Concha pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!
1/6/16
EMILIA E CELSA AS AVOAS DE HELIA VIÑERON Ó COLE
Esta semana recibimos no cole a Emilia e a Celsa, as avoas de Helia, acompañadas da súa mamá Mili. Viñeron para ensinarnos a xogar a un xogo moi especial, porque non o coñeciamos. A avoa Celsa díxonos que o seu avó lle ensinou a xogar cando tiña cinco anos. Na súa familia coñéceno como "O Xogo das Leiras". Tamén se coñece tradicionalmente como: o xogo do muíño, morris ou merreles. Parece ser que é un dos xogos vivos máis antigos que existen. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!
31/5/16
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Xa estamos a piques de rematar o curso e para facelo dun xeito especial, despois de tantos bichos e animais que estivemos a investigar, decidimos ir de excursión ó Zoo de Vigo cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Estaban moi ilusionados e non lles daba chegado o día. Pasaron unha mañá moi entretida na compaña dunhas monitoras que lles ían dando información dos animais que alí viven. ¡Botádelle un ollo o vídeo!
30/5/16
ENTREGA DO VIII PREMIO MIMI
Este 30 de maio, a produtora audiovisual galega "Páramo Picture" recibiu o VIII Premio Mimi ao persoeiro do ano, otorgado polo CEIP Amor Ruibal. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo, dous dos seus integrantes, Daniel Moreira e Iván Capón. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto, o seu novo tema "Préndeme o boi" (baseado no tema orixinal "Duele el Corazón"), o famoso"Eu vou estalar" (coñecido coma o "Gangnam Style Galego") e, tamén nos agasallaron cun anaco da "Bertolina" (a "Adrenalina galega"). ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que troula!
Aquí vos deixamos algunhas das fotos que nos fixemos con eles:
Aquí vos deixamos algunhas das fotos que nos fixemos con eles:
TALLER DE BICHOS
Unha das actividades que estivemos a desenvolver para o Proxecto "Menuda Bichería", no que está traballando todo o centro, foi a elaboración de diferentes bichos empregando e reutilizando diferentes materiais. Aquó vos deixamos algunhas fotos dos que fixemos. ¡Mirade que bonitos!
27/5/16
CARMEN A AVOA DE SERGIO VEU Ó COLE
Esta semana recibimos a visita da avoa Carmen a de Blanca a mamá de Sergio que aceptaron a nosa invitación para vir ó cole. Con elas pasamos un rato moi agradable cantando algunhas cantigas populares galegas. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!
INVESTIGAMOS BICHOS
Todo o alumnado do centro está a traballar no Proxecto Menuda Bichería. Os nenos e nenas de 5 anos do grupo A e B fixeron investigación de algúns bichos. Buscaron información na Biblioteca do cole, na internet, en libros, xornais... para responder ás preguntas que se formularon ó comezo do proxecto. Aquí tendes o resultado da investigación. ¡Botádelle un ollo!
24/5/16
LETRAS GALEGAS 2016
Este ano o día das Letras Galegas lembra a Manuel María Fernández Teixeiro que naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, en 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego. Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos.
Os nenos e nenas de infantil traballaron algunhas das súas poesías: "O arco da bella", "O caracol" e " A roda roda"; recollidos no libro "OS SOÑOS NA GAIOLA". Todos os nenos e nenas debuxáronse para representar no corredor do cole as rodas. ¡Quedaron moi ben! ¡Botádelle un ollo!
Aquí vos deixamos o traballo de aula dos alumnos/as de 5 anos, para o cal ilustraron e cantaron as poesías. ¡Podedes botarlle un ollo!
23/5/16
ENTREGA DE AGASALLOS POLO CONCURSO DOS CONTOS
O pasado día 20 de maio, o alcalde de Barro o Sr. Abraldes acompañado de Pili estiveron na Biblioteca do cole para entregarnos os agasallos por participar no concurso "Cóntame un conto veciño". Se queres saber máis preme AQUÍ.
19/5/16
OS AVÓS DE PAULA, JUAN E CARMEN, VEÑEN Ó COLE
Este mes para celebrar o día das Familias convidamos ós avós a vir ó cole para pasar con nós un ratiño entrañable. O avó Juan veu para tocar a armónica mentres cantabamos cantigas populares e a avoa Carmen veu para ensinarnos a xogar ó burro coas cartas. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!
16/5/16
DÍA DA FAMILIA
Para conmemorar o día das Familias, o 15 de maio, organizamos unha exposición co traballo que foron facendo os nenos e nenas de 5 anos coa axuda das súas familias durante o curso. Tiñan que contarnos cousas que facían durante a fin de semana en familia, é dicir, o sábado e mailo domingo. Dende aquí queremos agradecer a vosa colaboración. ¡Botádelle un ollo á exposición!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
