31/10/13

HALLOWEEN 13

Un ano máis celebramos o Halloween, na nosa terra Samaín. Como veredes no vídeo fixemos esqueletos, fantasmas, gatos...; os nenos e nenas trouxeron cabazas decoradas e cantamos no ximnasio todos xuntos coa colaboración da teacher Mª Carmen, Amelia e Eva dúas cantigas en inglés: " O baile dos esqueletos" e "As cores do Halloween".

30/10/13

LIM SAMAÍN

Aquí vos deixamos un LIM do SAMAÍN moi divertido. ¡Probade a facelo!

23/10/13

I FEIRA DO LIBRO USADO

Este ano, para celebrar a Semana das Bibliotecas, entre outras actividades, fíxose  a I Feira do Libro Usado con material retirado da Biblioteca do Cole, tralo expurgo . Os nenos e nenas de todo o cole podían  ver o material e retirar un libro cada día dos que dura a Feira.

22/10/13

THE SKELETON DANCE

Aquí vos deixamos un vídeo coa cantiga e baile dun esqueleto moi divertido para este Halloween.

4/10/13

OS BOMBEIROS DE BARRO

Este mes de setembro houbo algúns incendios polos arredores. O grupo dos  Pitiños estivo moi motivado con esta temática: bombeiros, camión de bombeiros, incendios, rescates... Fixeron un pequeno traballo e un super camión de bombeiros. Por un intre convertéronse en bombeiros e foron de servizo apagar incendios no bosque e na cidade, a rescatar gatos enriba de edificios ou árbores...¡¡¡Botádelle un ollo e veredes que valentes son!!!


GOOD MORNING, MR. ROOSTER

Os nenos e nenas de 3 anos están cantando esta cantiga coa teacher para saudar pola mañá.

PRIMEIROS DÍAS NO COLE

Estes son os nenos e nenas de 3 anos, o grupo dos CANGUROS  e o grupo dos PITIÑOS, como podedes ver nesta presentación  adaptáronse moi ben ó Cole.

26/6/13

2º TALENT SHOW

Por segundo ano consecutivo, celebramos no cole "O TALENTSHOW", os/as alumnos/as de todo o cole; prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes. Organizouse en dúas partes, como poderedes ver máis adiante.

21/6/13

GRADUACIÓN 2012-2013

Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación  Infantil cunha festa de GRADUACIÓN á que convidaron ós pais e nais e que compartiron cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto.
Estaban moi guapos cos seus birretes. ¡Botádelle un ollo!

24/5/13

A ESPANTALLA LÚA

Como ben sabedes, este ano temos unha pequena plantación de amorodos, que coidamos con moito cariño. Agora, comezan a madurar algúns amorodos e presentóusenos un pequeno problema: ¡os paxaros non deixaban unha! Despois de matinar un pouco, nunha solución para aquel problema, os nenos e nenas decidiron que o mellor era facer un espantallo. E así foi como Lúa comezou a formar parte das nosas vidas. ¡Botádelle un ollo ó vídeo e coñecerédela!


21/5/13

VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ

Este martes, recibimos no Centro a visita do escritor Ricardo Gómez. Como ben sabedes, este ano todo o centro traballou unha das súas obras "Ojo de Nube", nun Proxecto desenvolvido en colaboración co Club de Escritura Telémaco e a Asociación Española de Lectura e Escritura, coordinado por Laura Benítez.  Ricardo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle facía coñecer  os seus lectores. Logo, foi respondendo ás preguntas dos nenos e nenas  relacionadas con esta estupenda obra, comentando detalles interesantes atopados na lectura, e  cuestións relacionadas co seu oficio de escritor.

17/5/13

150 ANIVERSARIO DE CANTARES GALLEGOS

 Este ano 2013 celébrase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de  Castro,o día 17 de maio de 1863, aniversario de Manuel Murguía no que a súa compañeira lle ofrecía este poemario como sinal de amor mutuo e compromiso por Galicia, foi  o primeiro libro escrito integramente en lingua galega. Para homenaxeala os nenos e nenas de 5 anos recitaron e ilustraron  un dos seus poemas."¡Canta paxariño, canta..." ¡Botádelle un ollo!

16/5/13

CLUB TELÉMACO

    O Club de Escritura Telémaco posto en marcha pola Fundación SM e a Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), organiza este proxecto co que pretende fomentar o acercamento dos nenos/as e adolescentes á literatura.
   Este curso, todo o centro, infantil e primaria,  participa nun Proxecto do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE). Dirixido por Estela D´ Angelo Menéndez e coordinado por Laura Benítez Sastre. A obra literaria coa que imos traballar é "Ojo de Nube" do escritor Ricardo Gómez.
Para máis información:  http://www.clubescrituratelemaco.org/index.php


15/5/13

RAPEANDO CON AÍD A ROSALIA DE CASTRO

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos por Rosalía de Castro. Como vos anunciamos en días anteriores, a rapeira AÍD e unha grande admiradora de Rosalía de Castro, da cal interpreta algúns poemas a ritmo de rap no seu disco libro RAPOEMAS. Os nenos e nenas de 5 anos bailan a ritmo de rap os temas: "Apréndeo" e "Adeus ríos, adeus fontes" (poema de Rosalia). ¡Botádelle un ollo!

14/5/13

ENTREGA DO V PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO

Hoxe, fixemos a entrega do V Premio Mimi á rapeira viguesa AÍD. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Aid interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Apréndeo" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que Rosalia de Castro era para ela "o seu ídolo e unha gran muller". Regalounos a interpretación a ritmo de rap do poema "Adeus ríos, adeus fontes" recollido no seu disco libro " Rapoemas" da editorial Galaxia, que inclúe un bo feixe de poemas de Rosalía de Castro a ritmo de rap. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

3/5/13

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2013

Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á V edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Agustín Fernández Paz (escritor), Ángel Alfonso Piñeiro (mestre no centro durante 25 anos), Os Axóuxeres (serie debuxos emitida por tvG2 ; son unha familia divertida de monecos que vive  encol dunha mesa no dormitorio dun neno), Fina Casalderrey (escritora) e Aída Alonso Iglesias ( coñecida como AID, cantante e compositora de música urbana).  De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a rapeira galega "AID".

24/4/13

DON CARLOS

Este ano, para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha adaptación do conto "Dona Carme". Confecionaron un libriño, titulado "Don Carlos", no que escribiron e debuxaron para levar a casa. Ademais, aproveitando as TIC´s fíxose unha montaxe audiovisual que presentaron a outros alumnos/as. ¡Botádelle un ollo!