Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
30/1/13
DÍA DA PAZ
Este 30 de xaneiro de 2013 celebramos o "Día da Paz". Todos os nenos e nenas do cole cantamos e bailamos no ximnasio a cantiga "Color Esperanza " de Diego Torres. Tamén, elaboramos o "Tren da Paz" para o cal cada curso fixo a súa aportación.
28/1/13
SAÍDA Ó TEATRO PRINCIPAL PONTEVEDRA
Hoxe, luns día 28, fomos ó Teatro Principal de Pontevedra en autobús para ver a obra de teatro "PIO" do grupo Caramuxo. Foi unha experiencia moi divertida.
17/1/13
A TODA MÁQUINA: ALEMAÑA
Nesta viaxe imos visitar ALEMANIA!Aprendemos unha chea de cousas! Grazas a información facilitada polas mamás e papás. Facede clic nos cadros e mirade as imaxes.
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
A avoa de Matilde estivo vivindo moitos anos en Alemaña e convidámola para que nos contara como eran: as rúas, as festas, as comidas...
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
A avoa de Matilde estivo vivindo moitos anos en Alemaña e convidámola para que nos contara como eran: as rúas, as festas, as comidas...
21/12/12
NADAL 2012-2013
Aquí vos deixamos un vídeo no que recollemos como vivimos o Nadal no noso cole este ano. Desexámosvos a todos un "Bo Nadal e Feliz Ano Novo 2013".
¿QUERES FALAR CON PAPÁ NOEL OU COS REIS MAGOS?
Se queres falar con Papá Noel ou cos Reis Magos pídelle a algún adulto que che axude.
Fai Clic nesta imaxe.
Fai Clic nesta imaxe.
18/12/12
CONTO DE NADAL
Na aula de 5 anos estivemos carteando con PAPÁ NOEL. Un día deixóunos un boneco, en lugar dunha foto, dun dos seus axudantes que se chama KALEVI, e pediunos que creasemos un conto de nadal. O resultado foi este marabilloso conto: "PAPÁ NOEL NON TEN REGALOS". ¡Podedes ver que xeitoso nos quedou!
4/12/12
LIM "NADAL DOS NENOS/AS DE 5 ANOS"
Este Nadal preparamos un LIM cos nosos debuxos. Podedes intentar facelo, tamén hai panxoliñas para cantar. ¡Botádelle un ollo!
20/11/12
A TODA MÁQUINA: CUBA
Nesta viaxe imos visitar cuba. !Aprendemos unha chea de cousas! Grazas a información facilitada polas mamás e papás. Facede clic nos cadros e mirade as imaxes.
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
A TODA MÁQUINA: XAPÓN
Nesta viaxe imos visitar XAPÓN. !Aprendemos unha chea de cousas! Grazas a información facilitada polas mamás e papás. Facede clic nos cadros e mirade as imaxes.
Aqui podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
Aqui podedes ver tódalas cousas que aprendemos:
15/11/12
MAGOSTO 12
Este ano volvemos celebrar O MAGOSTO . Grazas a Alberto comemos unhas castañas moi ricas. Mirade estas fotos e comprobaredes que non é ningunha broma.
1/11/12
SAMAÍN 2012
Este ano no SAMAÍN había moitas bruxas e bruxos facendo POCIÓNS MÁXICAS como veredes neste vídeo. Ademais, os máis pequenos decoraron o corredor e os maiores trouxeron cabazas decoradas moi orixinais. ¡Botádelle un ollo!
31/10/12
LIM "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA"
Ademais do conto "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA" os nenos e nenas de 5 anos fixeron actividades sobre o mesmo aproveitando a ferramenta LIM. ¡Probade a facelo!
30/10/12
O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA
Esta pequena produción xorde dunha actividade de animación á lectura en tempo de SAMAÍN. Os nenos e nenas de 5 anos atoparon unha folla envellecida na que se contaba unha pequena historia dunha bruxa. Pero, nesta historia había fragmentos que non se vían, estaban como borrados, e houbo que reinventala. ¡Botádelle un ollo!
29/10/12
POCIÓN BLA-BLA-BLA
Este SAMAÍN con tantas bruxas e bruxos non podía rematar sen que cada grupo elaborase unha POCIÓN. Aquí vos deixamos a que elaboraron os nenos e nenas do grupo de cinco anos. ¡Podedes probar a facela, seguro que funciona!
26/10/12
MEG AND MOG
Aquí vos deixamos un vídeo da bruxa Meg e o seu gato Mog moi divertido para este Halloween.
24/10/12
LIM "O COELLIÑO BRANCO
Tamén fixeron un LIM para escoitar o conto "O Coelliño Branco" e facer algunhas actividades relacionadas co mesmo. ¡Probade a facelo!
SEMANA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar esta data os nenos e nenas de 5 anos traballaron o conto "O Coelliño Branco". Ilustrárono, contárono . ¡Disfrutádeo !
4/10/12
CUMPLEANOS DE OUTUBRO
Neste mes de OUTUBRO tivemos algúns amigos e amigas de cumple. ¡FELICIDADES! Se os vedes non vos esquezades de felicitalos.
3/10/12
LIM VOGAIS
Estamos estudando as vogais en maiúscula e en minúscula. Entre moitas outras actividades fixemos un LIM podedes botarlle un ollo e probar a facelo. ¡Que vos parece!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




