20/2/12

SEMANA TEMATICA ENTROIDO 2012

A semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos a festa do entroido no colexio. Ao longo da semana MIMI, a mascota da biblioteca do centro, foinos dando instrucións para que todos trouxéramos algo especial: algo na cabeza, unha prenda do revés, algo feito con periódico, a cara pintada e disfrazad@ con cousas que houbera pola casa. O día 17, despois do recreo reunímonos no ximnasio para ver os disfraces dos compañeir@s e mostrar os nosos. ¡Mirade o vídeo e veredes as diferentes actividades da semana!

TRABALLO DE ENTROIDO DE 5 ANOS

Entroido 12
Os nen@s de 5 anos fixeron este libriño como traballo do entroido.

18/2/12

HISTORIA BREVE DO ENTROIDO 2012

Aquí vos deixamos unha montaxe de "libro pop-up" feita cun programa que permite ver o libro en 3D e nunha realidade aumentada. Facede clik co rato sobre o libro e veredes como se move. Os protagonistas son os nenos e nenas de infantil disfrazados en catro ambientes distintos: a cidade, a selva- bosque, o mar e una ambiente mediaval de castelos. Mirade que divertido resulta.



6/2/12

CUMPLEANOS DE FEBREIRO

En FEBREIRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

2/2/12

PAZ 2012



O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Como actividade de centro decoramos durante a mañá o ximnasio con bandeirolas e cenefas de nen@s coa palabra Paz en diferentes idiomas. Despois do recreo, reunímonos tamén ximnasio para falar sobre a Paz: como a entendemos, que implica... E rematamos cantanto todos xuntos a cantiga de Juanes "Paz, paz, paz...". Mirade agora no vídeo que ben cantamos e bailamos.

POESIA DA PAZ

Esta é a poesía que inventaron os nenos e nenas de 5 anos.

15/1/12

CUMPLEANOS DE XANEIRO


En XANEIRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

23/12/11

O NADAL NO NOSO COLE


Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas das cousas que fixemos durante este tempo de nadal no cole.

15/12/11

CUMPLEANOS DE DECEMBRO

En DECEMBRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

FELICITACIÓN DE NADAL 5 ANOS


Aquí vos deixamos un vídeo desexándovos ¡¡¡UN BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!!!

VIDEO DIVERTIDO DE NADAL



11/12/11

CANTIGAS NADAL INGLES



Eiquí deixamos dúas panxoliñas que nos ensinou a teacher Mª Carmen. A nós resúltannos moi divertidas. Intentade cantalas, veredes como se pega o seu ritmo.

23/11/11

CONCERTO MUSICAL

Estos días os nenos de 4 anos andan investigando e traballando cos INSTRUMENTOS MUSICAIS, notas musicais, partituras, etc. A profe Claudia e algunhas das súas alumnas tocaron para todos os nenos e nenas de infantil algunhas pezas musicais. Helena tocou unha peza co seu violín, Elia tocou no teclado, Ana tocou coa frauta doce, Cristina co clarinete e Tania co oboe. ¡¡¡¡Foi todo un espectáculo!!!

Podedes ver estes dous vídeos, a ver se recoñecedes os instrumentos polo seu son.

11/11/11

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En NOVEMBRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

2/11/11

MANUALIDADES CORPO

Traballando O NOSO CORPO na aula de 5 anos, decidimos elaborar: unhas bolboretas empregando a silueta das nosas mans e tamén uns esqueletes con bastoncillos dos oídos, grazas os que aprendemos os nomes dalgúns ósos do noso corpo. Mirade que ben quedaron.

1/11/11

O SAMAÍN



Para celebrar o Samaín fixemos móbiles con fantasmas, cabazas e arañas. Os maiores decoraron as cabazas e nós fomos velas. A verdade é que eran moi divertidas. ¡Mirade o vídeo!


25/10/11

SEMANA DAS BIBLIOTECAS

Esta semana visitamos a BIBLIOTECA do cole. Alí a profe Mª Carmen presentounos a Mimi e contounos como naceu. Logo, contounos o conto de "Corre, corre cabaciña" que nos gusta moito e axudámoslle con algún anaco da narración. Despois, vemos e cantamos a versión cantada deste conto que nos encanta. Aquí vos queda, veredes como vos gusta.

2/10/11

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO


En OUTUBRO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!

29/9/11

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO



Celebramos en SETEMBRO os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!