23/12/10



CELEBRACIÓN DO NADAL

Este ano para o Nadal fixemos moitas cousas: decoramos o corredor con estrelas e farois, fixemos postais para as familias, colaboramos na decoración do ximnasio cunha árbore feita con caixas, cantamos panxoliñas... Podedes mirar este vídeo para facervos unha pequena idea.

17/12/10

CANTIGA DE NADAL

Os peques de infantil están preparando nas clases de inglés unha cantiga moi bonita "Twinkle Twinkle Little Star" , ¡escoitádea! O grupo de 5 anos vaina cantar o día do Festival de Nadal.

1/12/10

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO


No mes de decembro celebraremos todos estes cumples. ¡FELICIDADES!
¡Non vos esquezades de felicitalos!

18/11/10

A VISITA DE CHICHO CACHO


Se queres coñecer esta pequena historia que nos ocorreu no colexio, preme na imaxe

16/11/10

O MAGOSTO


Coma vimos facendo tódolos anos, no outono celebramos a festa do MAGOSTO, comemos asadas e pasámolo moi ben cos xogos tradicionais que organizan os profes. ¡Botádelle un ollo!

1/11/10

SAMAÍN 2010


Un ano máis celebramos o Samaín. Agradecemos a colaboración das familias respecto á ornamentación das cabazas. Todo o alumnado do centro participou na ambientación do ximnasio para a ocasión, resultando moi vistosa. Como poderedes ver ademais de bruxas e fantasmas o que máis abundaban nesta celebración eran os esqueletes.

ANIVERSARIOS NOVEMBRO


No mes de novembro imos celebrar os seguintes cumples. ¡MOITAS FELICIDADES! Non vos esquezades de felicitalos.

28/10/10

THE SKELETON DANCE


Polo Samaín imos cantar e bailar "The Skeleton Dance", escoitádea e bailádea todos na casa.

1/10/10

ANIVERSARIOS OUTUBRO


No mes de outubro imos celebrar todos estes cumples. ¡MOITAS FELICIDADES!Non vos esquezades de felicitalos.

11/9/10

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO


No mes de setembro celebraremos todos estes cumples. ¡Non vos esquezades de felicitalos! ¡Mirade!

1/9/10

22/6/10

FESTIVAL FIN DE CURSO


Aquí vos deixamos as actuacións dos peques do cole: os nenos/as de tres anos interpretaron "Cabeza, hombro, rodilla, pie", os nenos/as de catro anos "La vaca Lola" e os alumnos/as de cinco anos "A vaca Amarela". Tamén, podedes ver o baile que prepararon nas actividades extraescolares os nenos/as de infantil.

21/6/10

ENTREGA DE ORLAS



A profe Amelia, no ximnasio fixo entrega das orlas e un pequeno agasallo ós alumnos e alumnas de 5 anos que para o próximo curso comezarán a Primaria. Despois, tamén se lles deu ós alumnos e alumnas de 6º que para o próximo curso comezarán no Instituto a Secundaria. Foi un día moi emocionante, as bágoas encheron os ollos de máis de un, nun momento tan especial de despedida.

8/6/10

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA


Hoxe recibimos unha visita moi especial. Tivemos como convidada, grazas á ANPA, a PAULA CARBALLEIRA que veu a compañada de MIRO MAGARIÑOS. Paula contou dous contos cos que gañou en pouco tempo a todo o público. Logo, os rapaces emocionados fixéronlle entrega dun libro, no que traballaron días antes, con debuxos e agradecementos que fixeron con moita ilusión. Tamén, se lle fixo entrega dunha caixa de bombóns que a boa de Paula repartiu entre tódolos rapaces/as. Os representantes da ANPA agasallárona cunha carta de agradecemento e cunha cesta. En fin, esperamos volver ver a Paula pronto, para que nos regale algún dos seus fantásticos relatos.

7/6/10

GRANIZADO DE LARANXA


Aproveitando que chega a calor do verán, imos facer un granizado de laranxa que como veredes é moi sinxelo de facer. Despedímonos este obradoiro con esta receita tan apetitosa. E, non deixedes de cociñar este verán na casa, xa que resulta moi divertido e gratificante.

31/5/10

OBRADOIRO DE CUNCHAS


Hoxe pasámolo moi ben con Fran, o pai de Elena. Ensinounos a facer unha figura de escaiola con cunhas en relevo. Foi unha experiencia moi emocionante e sorprendente. Sobre todo ó final cando separamos o barro da escaiola e apareceron as formas das cunchas que introducimos na base de barro. ¡Veredes que interesante!

28/5/10

EXCURSIÓN FIN DE CURSO



Este ano a excursión de fin de curso fixémola ó ACUARIO do Grove e ó Museo da Salazón. No acuario estabamos algo abraiados mirando tantos peixes, bivalvos e crustáceos. O que máis nos chamou a atención foi o tiburón toro, as raias, o cabaliño de mar e un pez pallaso que nos lembraba a Nemo. Logo fomos ó Museo da Salazón que está moi preto do acuario o que máis nos chamou a atención foi o piso de cristal sobre o que podiamos camiñar e dende o que se via os salgadoiros antigos, pero dábanos moito medo a algúns. Seguro que despois de ver as fotos, vos apetece ir de excursión, xa veredes.

24/5/10

TRUFAS DE CENORIA

Esta semana fixemos unha receita moi curiosa: Trufas de cenoria. Polo nome non resultan moi saborosas, porén, saben moi ben. Mírade como as fixemos e probade a facelas.

20/5/10

VISITA Ó TALLER DE FRAN



Hoxe pola tarde xuntámonos profes, nais, pais e nenos/as para visitar o taller de Fran, o pai de Elena. Pasamos un rato moi agradable. Fran mostrounos algunhas das obras que xa tiña feitas (como un busto de Elena e variedade de esculturas en madeira, barro, poliéster) e outras nas que aínda está a traballar como: unha nora para un muíño andaluz, un relevo, unha dorna...