Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
31/5/10
OBRADOIRO DE CUNCHAS
Hoxe pasámolo moi ben con Fran, o pai de Elena. Ensinounos a facer unha figura de escaiola con cunhas en relevo. Foi unha experiencia moi emocionante e sorprendente. Sobre todo ó final cando separamos o barro da escaiola e apareceron as formas das cunchas que introducimos na base de barro. ¡Veredes que interesante!
28/5/10
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Este ano a excursión de fin de curso fixémola ó ACUARIO do Grove e ó Museo da Salazón. No acuario estabamos algo abraiados mirando tantos peixes, bivalvos e crustáceos. O que máis nos chamou a atención foi o tiburón toro, as raias, o cabaliño de mar e un pez pallaso que nos lembraba a Nemo. Logo fomos ó Museo da Salazón que está moi preto do acuario o que máis nos chamou a atención foi o piso de cristal sobre o que podiamos camiñar e dende o que se via os salgadoiros antigos, pero dábanos moito medo a algúns. Seguro que despois de ver as fotos, vos apetece ir de excursión, xa veredes.
24/5/10
TRUFAS DE CENORIA
Esta semana fixemos unha receita moi curiosa: Trufas de cenoria. Polo nome non resultan moi saborosas, porén, saben moi ben. Mírade como as fixemos e probade a facelas.
20/5/10
VISITA Ó TALLER DE FRAN
Hoxe pola tarde xuntámonos profes, nais, pais e nenos/as para visitar o taller de Fran, o pai de Elena. Pasamos un rato moi agradable. Fran mostrounos algunhas das obras que xa tiña feitas (como un busto de Elena e variedade de esculturas en madeira, barro, poliéster) e outras nas que aínda está a traballar como: unha nora para un muíño andaluz, un relevo, unha dorna...
14/5/10
BANDA MÚSICA DE BARRO
A Banda de Música de Barro volveu ó cole, coma o ano anterior polas Letras Galegas, para ofrecernos unha audición musical, interpretando algúns temas musicais de películas de debuxos coñecidas polo alumnado. Remataron convidando a algúns alumnos/as a tocar os instrumentos, así como a formar parte da Banda.
LETRAS GALEGAS 2010
Este ano como ben sabedes o Día das Letras Galegas está dedicado ó escritor Uxío Novoneyra. Nacido en 1930, na serra do Courel, inspiración da súa futura creación poética, morre en 1990 en Compostela e é enterrado en Lugo. Entre as súas publicacións de literatura infantil destacan: "O cubil do xabarín", "Gorgorín e Cabezón", "Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín"... e moitas outras obras: "Os eidos", "Elegías do Courel", "Poemas Caligráficos"...
No cole para homenaxear a Uxío Novoneyra realizamos diferentes actividades: teatro, poesía, presentación, murais...
11/5/10
ENTREGA DO II PREMIO MIMI
Aquí vos deixamos os vídeos do paso do Xabarín polo cole.
Hoxe visitunos "XABARÍN" O SUPERCOCHO DO "CLUBE DA GALEGA" para recibir o II Premio Mimi, mascota do colexio. Xabarín foi "o persoeiro do ano" gañador, tralas votacións, de entre os candidatos propostos. Para recibilo preparamos carteis que se levaron para decorar a Biblioteca do Concello, tamén fixemos pegatinas e cantamos míticas cantigas do Clube. Falou moito e respondeu a tódalas preguntas que lle fixemos. Ademais, deixounos como agasallo unha carpeta e un CD+ DVD para cada un.
10/5/10
MARMELADA DE AMORODOS
Esta semana a receita que preparamos foi a de "marmelada de amorodos". É moi fácil de facer, só precisamos amorodos e azucre. Ademais a marmelada pode acompañar en: torradas, galletas, tortas, iogures...
5/5/10
BATIDO DE MAZÁ
Esta semana preparamos un riquísimo batido de mazá, que ademais é moi rápido de facer. ¡Podedes probar a facelo na casa coa mamá ou co papá!
3/5/10
A MASCOTA DE MARCOS
OBRADOIRO DE CAMISETAS
Este luns despois do patio, Anabel axudounos a pintar con pincel camisetas con motivos moi variados. Foi moi divertido. Veredes que somos uns artistas e que quedaron moi vistosas.
30/4/10
O MAIO
Este ano algunhas mamás decidiron facer un "Maio" con todo o alumnado de infantil. Elas cubriron a estrutura e os peques fixeron cadeas de pampullos. O venres despois do patio as mamás atreveronse a cantar e os peques tocaron os paus. Rematamos saboreando a rica rosca que pedimos pola interpretación e que trouxeron as mamás. ¡Foi todo un éxito!
29/4/10
VISITA Á BIBLIOTECA DO CONCELLO
Pili convidounos a visitar a Biblioteca do Concello, leunos o conto de "Aquiles o puntiño". Logo debuxamos a Aquiles e tamén o modelamos con plastilina. Pasamos un rato moi agradable. ¡Grazas por convidarnos Pili!
26/4/10
19/4/10
RECEITA 2: NATA CON AMORODOS
APROVEITANDO QUE NA PRIMAVERA UNHA DAS FROITAS MÁIS ABUNDANTES SON OS AMORODOS IMOS A PREPARAR A TÍPICA RECEITA DE NATA CON AMORODOS. NESTA OCASIÓN INVESTIGAMOS SOBRE A PROCEDENCIA DA NATA E O PROCESO DE TRANSFORMACIÓN DE NATA LÍQUIDA A NATA MONTADA. ¡QUEDOUNOS UN PRATO DELICIOSO!
15/4/10
CANDIDATOS Ó PREMIO MIMI 2010

ESTE ANO OS CANDIDADATOS PROPOSTOS PARA O PREMIO MIMI SON:
- AVELINO POUSA ANTELO (mestre, agrarista, político, animador cultural e escritor galego)
- XAVIER DOCAMPO (mestre, actor, director e escritor)
- XABARÍN (personaxe de ficción que presenta o programa infantil "Xabarín Club")
- ÓSCAR IBÁÑEZ (gaiteiro e mestre de música tradicional galega)
- ADRIÁN SILVA MAGDALENA (frautista internacional)
A PROFE CLAUDIA E ALGÚNS ALUMNOS/AS DE 5º PRESENTÁRONNOS OS CANDIDATOS O PREMIO MIMI 2010 APOIÁNDOSE EN MATERIAL AUDIOVISUAL.
COMA O RESTO DO ALUMNADO OS MAÍS PEQUENOS DO COLE FOMOS VOTAR PARA ELIXIR O CANDIDATO QUE CONSIDERAMOS DEBEMOS OUTORGARLLE O "PREMIO MIMI". O VOTO ERA SEGREDO PERO AS ESTIMACIÓNS EN INFANTIL APUNTABAN QUE O GAÑADOR SERÍA "XABARÍN" E ASÍ FOI.
12/4/10
RECEITA 1: LIMOADA
A PRIMEIRA RECEITA QUE ELABORAMOS OS PEQUENOS DE TRES ANOS FOI A LIMOADA. INVESTIGAMOS: COMO SE FARÍA UNHA LIMOADA, COMO SE OBTIÑA O ZUME DE LIMÓN, A QUE SABÍA, COMO CHEIRABA... ESTA BEBIDA RESULTA MOI FRESQUIÑA AGORA NA PRIMAVERA E TAMÉN NO VERÁN E ADEMAIS É MOI SINXELA DE PREPARAR. AQUÍ VEREDES COMO O FIXEMOS.
8/4/10
SESIÓN DE CONTACONTOS
HOXE, PARTICIPAMOS NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS PRESENTADA POLO GRUPO EDITORIAL ANAYA. TRATÁBASE DUN LEÓN QUE VIVÍA NA SELVA. OS SEUS PAIS QUERÍAN QUE SE ADESTRARA PARA CAZAR. PERO, EL NON QUERÍA CAZAR, XA QUE ERA AMIGO DE TÓDOLOS ANIMAIS E, POLO TANTO, A DIFERENZA DOS OUTROS LEÓNS QUERÍA SER VEXETARIANO. LOGO, COÑECEU A UN ELEFANTE QUE QUERÍA SER DE TODO MENOS ELEFANTE: QUE SE TERRÓN DE AZUCRE, QUE SE ABELLA E REMATOU SENDO UN PEIXE. ¡FOI MOI DIVERTIDO!
7/4/10
¡ ANÍMATE A LER !
ESTES DÍAS TRABALLAMOS NAS AULAS ALGÚNS DOS CONTOS QUE NA HORA DE LECTURA MELLOR FUNCIONAN COS PEQUENOS/AS. FIXEMOS DEBUXOS E ATA PUBLICIDADE DOS MESMOS: OS TRES PORQUIÑOS; A MOSCA CHOSCA; O GALO QUIRICO; A QUE SABE A LÚA; CATARINA, O OSO E PEDRO; OS TRES BANDIDOS; OS BOLECHAS TEÑEN UNHA CURMÁ; A CEBRA CAMILA; OS TRES OSOS, EL SOL Y EL ERIZO; DONA CARME; E O COELLIÑO BRANCO.
26/3/10
FESTA DA PASCUA
HOXE, DÍA 26 DE MARZO, CELEBRAMOS TODOS XUNTOS A "FESTA DA PASCUA" COAS ROSCAS QUE NOS TROUXO ALBERTO. ¡¡QUE RICAS ESTÁN!! ESPEREMOS QUE PARA O ANO SE LEMBRE DE TRAELAS OUTRA VEZ.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)