As aulas de 4 e 5 anos (5º e 6º curso de Educción Infantil ) viaxamos o pasado venres a Pontevedra para gozar dunha representación no Pazo da Cultura. A obra teatral "Xoga" da compañía Entremáns.
Música e danza para xogar co corpo, así como a canción "Head, shoulders, knees and toes" que aprendemos na clase de inglés.
Ao remate merendamos e xogamos na "Illa das esculturas".
A semana pasada gozamos dunha sesión de contacontos na Biblioteca do cole. Laura Filgueira da Libraría Pataka Fritade Pontevedra agasallounos con historias cheas de emocións:
Cantamos en inglés con "Pete el gato", atopamos tenrura en "Garabanciño" e un pouco de medo en "A bruxa regañadentes" . Por último, un pouco de cociña coa "Sopa verde"
Podedes mirar o vídeo que está no blog da biblioteca premendo aquí.
O pasado 2 de febreiro os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil degustaron diferentes froitos do inverno. Unha actividade que implicou os seus cinco sentidos, pois non só os degustaron, senón que os uliron, debuxaron, tocaron e incluso descubriron que as apariencias enganan...pois había unha froita con apariencia de laranxa pero con olor e sabor a limón!!!
O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano, na escola, o tema escollido foi "El mismo sol", interpretada por Álvaro Soler. Os nenos e nenas de EI contaron coa axuda da profe de música e das nenas e nenos máis maiores para aprender unha preciosa coreografía e para cantar todos xuntos.
O tempo de Nadal é tempo de ilusión. A ilusión dos encontros, das luces de cores, dos agasallos. A ilusión de adornar as casas e a escola para agardar polas visitas máis esperadas. Con toda a ilusión traballaron as nenas e os nenos de Infantil. E coa mesma ilusión recibiron a visita de Papá Noel que se achegou a Barro uns días antes para sorprender os pequenos. Para as familias e para todos, BO NADAL.
Este ano celebramos o Samaín. Os nenos e as nenas fixeron fantasmas, arañas, cabazas e morcegos para decorar as aulas e os corredores. As familias colaboraron tamén con marabillosas cabazas que encheron o cole coa maxia do Samaín. E, o día 28, algunhas voluntarias dos cursos superiores axudaron ás profes a pintar os máis pequenos. Por último, cantamos e bailamos a canción escollida para este ano: "Samaín", interpretada por Jesús Pareja e Andrea Picos. Aquí deixamos unha recollida de fotos. A ver se vos gusta!
Rematamos o curso despedindo aos cativos e cativas das clases de 6º de Educción Infantil cunha festa de Graduación na que se fixo a entrega de orlas. Non podían faltar as familias e tampouco os demais compañeiros e compañeiras do centro.
No vídeo que vos amosamos podedes ver as imaxes do acto.
Nas clases de 5 anos levamos xa algunhas semanas aproveitando o bo tempo para aprender diferentes xogos. Para axudarnos con algúns deses xogos, contamos coa colaboración inestimable de avós e avoas.
A todos e todas, moitas grazas.
Aí vai unha pequena recollida de fotos e debuxos.
Esta semana recibimos no cole a Juan, o avó de Julia. Veu para ensinarnos a xogar ás canicas. Falamos dos nosos xogos preferidos e despois explicounos como xogar ás bólas e como se trocaban. ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Juan pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!
Para conmemorar esta data no colexio, e dado que o autor homenaxeado este ano tiña abundante produción literaria asequible e axeitada para o noso alumnado, decidimos organizar un festival. que chamamos "Arredor das Letras" por celebrarse en datas próximas ao Día das Letras Galegas e que tivo lugar o pasado 20 de maio na nave da Escola-Taller, grazas á colaboración do Concello... SE QUERES SABER MÁIS PREME AQUÍ E VERÁS
Esta semana recibimos no cole a Concha, a avoa de Antía. Veu para ensinarnos a cantar e bailar o "Chuchua". Tamén cantamos xuntos "Ondiñas veñen e van" e xogamos a "ratón que te pilla el gato". ¡ Pasámolo moi ben!¡Moitas grazas Concha pola túa asistencia! ¡Foi un pracer terte no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo!
Esta semana recibimos no cole a Emilia e a Celsa, as avoas de Helia, acompañadas da súa mamá Mili. Viñeron para ensinarnos a xogar a un xogo moi especial, porque non o coñeciamos. A avoa Celsa díxonos que o seu avó lle ensinou a xogar cando tiña cinco anos. Na súa familia coñéceno como "O Xogo das Leiras". Tamén se coñece tradicionalmente como: o xogo do muíño, morris ou merreles. Parece ser que é un dos xogos vivos máis antigos que existen. ¡Moitas grazas pola vosa asistencia! ¡Foi un pracer tervos no cole! ¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!
Xa estamos a piques de rematar o curso e para facelo dun xeito especial, despois de tantos bichos e animais que estivemos a investigar, decidimos ir de excursión ó Zoo de Vigo cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Estaban moi ilusionados e non lles daba chegado o día. Pasaron unha mañá moi entretida na compaña dunhas monitoras que lles ían dando información dos animais que alí viven. ¡Botádelle un ollo o vídeo!
Este 30 de maio, a produtora audiovisual galega "Páramo Picture" recibiu o VIII Premio Mimi ao persoeiro do ano, otorgado polo CEIP Amor Ruibal. Como xa sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla do mapa de Galicia, elaborada por Rodríguez Remiseiro, escultor de Barro. Acudiron a recollelo, dous dos seus integrantes, Daniel Moreira e Iván Capón. Trala recollida interpretaron co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto, o seu novo tema "Préndeme o boi" (baseado no tema orixinal "Duele el Corazón"), o famoso"Eu vou estalar" (coñecido coma o "Gangnam Style Galego") e, tamén nos agasallaron cun anaco da "Bertolina" (a "Adrenalina galega"). ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo, veredes que troula!
Aquí vos deixamos algunhas das fotos que nos fixemos con eles:
Unha das actividades que estivemos a desenvolver para o Proxecto "Menuda Bichería", no que está traballando todo o centro, foi a elaboración de diferentes bichos empregando e reutilizando diferentes materiais. Aquó vos deixamos algunhas fotos dos que fixemos. ¡Mirade que bonitos!