Esta semana recibimos no cole ó papá de Darío que se chama Rubén. Veu para falarnos do seu traballo como Técnico Electrónico. Foi unha experiencia marabillosa na que Rubén lles falou das súas ferramentas, das cousas que arranxa, de como funcionan as baterías dos móbiles. Tamén lles trouxo un pequeno circuito que o producir contacto facía vibrar un pequeno vibrador dun móbil. ¡¡Podedes botarlle un ollo a este vídeo!! ¡¡Moitas grazas Rubén pola túa asistencia!!
Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
17/10/14
2/10/14
ENSALADA DE FROITAS E ZUME DE UVAS NO OUTONO
Aproveitando a chegada do outono e a recollida de moitas froitas fixemos a seguinte experiencia: una ensalada de froitas e zume de uvas. Chegamos a conclusión de que as froitas ademais de cheirar ben, saben mellor e son moi sas.¡¡Botádelle un ollo o vídeo e veredes que ben o pasamos!!
25/9/14
AS FAMILIAS VEÑEN Ó COLE
Este ano convidamos ás familias ó cole, para que veñan facer cos nenos e nenas de catro anos algunha actividade para a que se sintan motivados: contar contos, bailar, cantar, cociñar, falar dos oficios... De seguro que será unha experiencia única para os nenos e nenas que lembrarán sempre "o día que mamá ou papá estivo no cole... ¡Animádevos e non deixedes pasar esta gran oportunidade!
24/9/14
COMEZAMOS O COLE
Xa estamos aquí, comezando o curso 2014-2015, cos nosos amigos e amigas. Este ano seguro que vivimos moitas novas e boas experiencias que vos imos ir contando. Estade atentos que haberá moitas novas.
30/6/14
20/6/14
3º TALENT SHOW
Xa remata o curso 2013-2014 e coma estes últimos anos celebramos "O TALENT SHOW". Os alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes. Organizouse en dúas partes, como poderedes ver máis adiante.¡Botádelle un ollo, hai moito artista!
19/6/14
GRADUACIÓN 2014.
Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN. Compartiron esta data tan especial cos demais compañeiros/as do colexio e en
especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto e como non! convidaron ás súas familias. Os papás e mamás non podían faltar. Para acompañar este acto viñeron uns músicos, o cuarteto BXBRASS, integrantes da Banda Xuvenil de Barro. Fixérono todos estupendamente. ¡Botádelle un ollo!
CANGREXOS E POLBIÑOS DE VERÁN
Os peques de 3 anos queren desexarvos un ¡¡BO VERÁN!! e despedirse ata o próximo curso ensinándovos os seus cangrexiños e os seus polbiños.
27/5/14
O POLI PACO E A POLI LOLA
Hoxe recibimos no cole ó poli Paco e á poli Lola que nos explicaron e ensinaron algunhas cuestións de Educación Viaria básicas : a importancia de poñer o cinturón no coche, o uso dos pasos de peóns, como baixar do coche, como camiñar polas beirarrúas... ¡Botádelle un ollo!
21/5/14
ENTREGA DO VI PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO
Hoxe, fixemos a entrega do VI Premio Mimi á cantante coruñesa SÉS. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Sés interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Canto aquí, canto na Habana" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que cando estaba entre amigos gustáballe cantar o tema "Labregha Berghantiñana" que nos regalou e interpretou con todos nós. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!
AGASALLOS NO CONCELLO
Hoxe visitamos o Concello. Pili, a informadora xuvenil, e Rosa, a concelleira de cultura, agasallaron a tódolos nenos e nenas de infantil cun pequeno libro para colorear; en agradecemento a súa participación no concurso organizado polo concello "Cóntame un conto veciño".
20/5/14
A LERCHA
Este é o conto co que os nenos e nenas de 5 anos participaron no concurso da Biblioteca de Barro " Cóntame un conto veciño".
A OVELLA CALOROSA
Este conto foi creado polo alumnado de 4 anos para o concurso "CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO"
19/5/14
LETRAS GALEGAS 2014
Este ano polo Día das Letras Galegas homenaxeamos ó escritor Xosé María Díaz Castro. Os nenos e nenas de infantil fixeron diversas actividades ó respecto.
Os nenos e nenas de 4 anos quixemos retratar ao autor homenaxeado este ano, JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, e estas son as nosas obras de arte!
15/5/14
SÓ UN SEGUNDO
DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
9/5/14
¡BENVIDA AOS PITIÑOS!
Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.
8/5/14
CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO
Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



