Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
20/6/14
3º TALENT SHOW
Xa remata o curso 2013-2014 e coma estes últimos anos celebramos "O TALENT SHOW". Os alumnos/as de todo o cole prepararon as súas propias actuacións individuais e grupais; considerando as súas habilidades de baile, canto, instrumentais e de contadores de chistes. Organizouse en dúas partes, como poderedes ver máis adiante.¡Botádelle un ollo, hai moito artista!
19/6/14
GRADUACIÓN 2014.
Os nenos e nenas de 5 anos remataron a súa estancia no 2º Ciclo de Educación Infantil cunha festa de GRADUACIÓN. Compartiron esta data tan especial cos demais compañeiros/as do colexio e en
especial cos de 6º curso que o próximo curso estarán no Instituto e como non! convidaron ás súas familias. Os papás e mamás non podían faltar. Para acompañar este acto viñeron uns músicos, o cuarteto BXBRASS, integrantes da Banda Xuvenil de Barro. Fixérono todos estupendamente. ¡Botádelle un ollo!
CANGREXOS E POLBIÑOS DE VERÁN
Os peques de 3 anos queren desexarvos un ¡¡BO VERÁN!! e despedirse ata o próximo curso ensinándovos os seus cangrexiños e os seus polbiños.
27/5/14
O POLI PACO E A POLI LOLA
Hoxe recibimos no cole ó poli Paco e á poli Lola que nos explicaron e ensinaron algunhas cuestións de Educación Viaria básicas : a importancia de poñer o cinturón no coche, o uso dos pasos de peóns, como baixar do coche, como camiñar polas beirarrúas... ¡Botádelle un ollo!
21/5/14
ENTREGA DO VI PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO
Hoxe, fixemos a entrega do VI Premio Mimi á cantante coruñesa SÉS. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Sés interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Canto aquí, canto na Habana" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que cando estaba entre amigos gustáballe cantar o tema "Labregha Berghantiñana" que nos regalou e interpretou con todos nós. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!
AGASALLOS NO CONCELLO
Hoxe visitamos o Concello. Pili, a informadora xuvenil, e Rosa, a concelleira de cultura, agasallaron a tódolos nenos e nenas de infantil cun pequeno libro para colorear; en agradecemento a súa participación no concurso organizado polo concello "Cóntame un conto veciño".
20/5/14
A LERCHA
Este é o conto co que os nenos e nenas de 5 anos participaron no concurso da Biblioteca de Barro " Cóntame un conto veciño".
A OVELLA CALOROSA
Este conto foi creado polo alumnado de 4 anos para o concurso "CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO"
19/5/14
LETRAS GALEGAS 2014
Este ano polo Día das Letras Galegas homenaxeamos ó escritor Xosé María Díaz Castro. Os nenos e nenas de infantil fixeron diversas actividades ó respecto.
Os nenos e nenas de 4 anos quixemos retratar ao autor homenaxeado este ano, JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, e estas son as nosas obras de arte!
15/5/14
SÓ UN SEGUNDO
DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
9/5/14
¡BENVIDA AOS PITIÑOS!
Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.
8/5/14
CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO
Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.
7/5/14
CANDIDATOS PREMIO MIMI 2014
Un ano máis, os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á VI edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos para este ano foron: o grupo humorístico musical Os da Ría, o contacontos Anxo Moure, a cantante coruñesa "SÉS" , a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa campaña "Gústame o Galego", o escritor X. Neira Vilas e a escritora Fina Casalderrey. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora María Xosé Silvar, a cantautora galega "SÉS".
1/5/14
ÁS DE MOSCA PARA ANXO
Este curso estamos traballando no Proxecto Escribir e Ler para ser competentes ten a súa orixe no proxcto desenvolto o curso pasado Escribir como Lectores na compaña do Club de Escritura Telémaco. A obra literaria escollida para traballar en todo o centro é "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. O obxectivo é achegar ós nenos e nenas á literatura, a través de diversas actividades adaptadas que estimulen e fomenten a motivación pola lectura e pola produción escritura.
28/4/14
ÁS DE MOSCA PARA ANXO: MARCAPÁXINAS
Un ano máis, para conmemorar o Día do Libro, cada alumno/a traballou no seu propio marcapáxinas. Este ano referido á obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.
Os nenos e nenas de 5 anos fixeron estes fermosos marcapáxinas co gallo do día do libro:
Os peques de 3 anos tamén fixeron, con moita ilusión, os seus primeiros marcapáxinas:
Etiquetas:
DIA DO LIBRO,
ESCRIBIR E LER PARA SER COMPETENTES
23/4/14
DÍA DO LIBRO, ABRIL 2014
Para conmemorar o Día do Libro, do presente ano, os peques de infantil traballaron diferentes libros, que seguro coñecedes, ilustráronos, narráronos e ata cantaron como podedes ver a continuación.
Os nenos e nenas de 3 anos versionaron: "Os Tres Porquiños", "O Polo Pepe" e a cantiga do grupo Mamá Cabra "Coñezo un Gatiño".
1/4/14
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

