21/5/14

ENTREGA DO VI PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO

Hoxe, fixemos a entrega do VI Premio Mimi á cantante coruñesa SÉS. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Sés interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Canto aquí, canto na Habana" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que cando estaba entre amigos  gustáballe cantar o tema "Labregha Berghantiñana"   que nos regalou e interpretou con todos nós. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

AGASALLOS NO CONCELLO

Hoxe visitamos o Concello. Pili, a informadora xuvenil, e Rosa, a concelleira de cultura, agasallaron a tódolos nenos e nenas de infantil cun pequeno libro para colorear; en agradecemento a súa participación no concurso organizado polo concello "Cóntame un conto veciño".

20/5/14

A LERCHA

Este é o conto co que os nenos e nenas de 5 anos participaron no concurso da Biblioteca de Barro " Cóntame un conto veciño".

A OVELLA CALOROSA

Este conto foi creado polo alumnado de 4 anos para o concurso "CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO"

CONTO: A POMBA VERDE

CREAMOS CONTOS!

19/5/14

LETRAS GALEGAS 2014

Este ano polo Día das Letras Galegas homenaxeamos ó escritor Xosé María Díaz Castro. Os nenos e nenas de infantil fixeron diversas actividades ó respecto. Os nenos e nenas de 4 anos quixemos retratar ao autor homenaxeado este ano, JOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, e estas son as nosas obras de arte!

15/5/14

SÓ UN SEGUNDO

DESPOIS DE LER O LIBRO "SO UN SEGUNDO", DE SILVIO FREYTES E FLAVIO MORRIS, EDITADO POR KALANDRAKA, FIXEMOS UNHA ADAPTACIÓN COAS NOSAS ILUSTRACIÓNS E VOCES.

ÁS DE MOSCA PARA ANXO

ESTA É A NOSA VISIÓN DO LIBRO DE ESTRELA, OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

RECITANDO

As nenas e nenos de 5 anos recítanos unhas fermosas poesías:







9/5/14

¡BENVIDA AOS PITIÑOS!

Hoxe fomos visitar ao ximnasio uns novos membros da comunidade educativa moi especiais. Unha familia de gorrións aniñou esta primavera dentro dun zampacastañas e estes días naceron os seus fermosos pitiños aos que fomos dar a benvida con moito agarimo.

8/5/14

CÓNTAME UN CONTO, VECIÑO

Estes son os dous contiños que inventaron e ilustraron os nenos e as nenas de 3 anos, para participar no concurso "Cóntame un conto, veciño" que convocan o Concello de Barro e o de Portas.

 

7/5/14

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2014

Un ano máis, os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á VI edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos para este ano foron: o grupo humorístico musical Os da Ría, o contacontos Anxo Moure, a cantante coruñesa "SÉS" , a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) coa campaña "Gústame o Galego", o escritor X. Neira Vilas e a escritora Fina Casalderrey. De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora María Xosé Silvar, a cantautora galega "SÉS".

1/5/14

ÁS DE MOSCA PARA ANXO


Este curso estamos traballando no  Proxecto Escribir e Ler para ser competentes  ten a súa orixe no proxcto desenvolto o curso pasado Escribir como Lectores  na compaña do Club de Escritura Telémaco. A obra literaria escollida para traballar en todo o centro  é "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. O obxectivo é achegar ós nenos e nenas á literatura, a través de diversas actividades adaptadas que estimulen e fomenten a motivación pola lectura e pola produción escritura.

28/4/14

ÁS DE MOSCA PARA ANXO: MARCAPÁXINAS

Un ano máis, para conmemorar o Día do Libro, cada alumno/a traballou no seu propio marcapáxinas. Este ano referido á obra "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey. Os nenos e nenas de 5 anos fixeron estes fermosos marcapáxinas co gallo do día do libro:


Os peques de 3 anos tamén fixeron, con moita ilusión, os seus primeiros marcapáxinas:

23/4/14

DÍA DO LIBRO, ABRIL 2014

Para conmemorar o Día do Libro, do presente ano, os peques de infantil traballaron diferentes libros, que seguro coñecedes, ilustráronos, narráronos e ata cantaron como podedes ver a continuación. Os nenos e nenas de 3 anos versionaron: "Os Tres Porquiños", "O Polo Pepe" e a cantiga do grupo Mamá Cabra "Coñezo un Gatiño".

1/4/14

O PIRATA MALAPATA

Fixémolo os nenos de 5 anos.

28/3/14

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Os pequenos de tres anos traballaron e recitaron  a poesía "Tres Bolboretas" de X. Neira Vilas coincidindo coa chegada da primavera . ¡Botádelle un ollo!

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron a poesía "Bicos" de Antonio García Teijeiro. ¡Facede clik na imaxe!
PICA NO BICO!
Os maiores de 5 anos traballaron as poesías  referidas ó Inverno e a Primavera de Antonio García Teijeiro. Ademais de recitalas tamén fixeron unhas fermosas ilustracións.




20/3/14

ANIVERSARIO JÉSSICA

No libro "Ás de mosca para Anxo" de fina Casalderrey cóntasenos como celebran os cumples na clase do profe Carlos. Os peques de 3 anos tamén celebran os seus aniversarios. Hai uns días estivo Jéssica de cumple e ademais de cantar as cantigas de aniversario os peques regaláronlle a Jéssica un debuxo, no que se reflicte o que lles gustaría regalarlle. ¡É un agasallo moi especial!

19/3/14

AS NOSAS MASCOTAS

Este proxecto xurdiu trala lectura dun dos capítulos do libro "Ás de mosca para Anxo". Cando Estrela conta ós seus compañeiros que sobe moitas veces ó tellado e un deles lle pregunta:  "E que fas no tellado? Xogas co gato?
Os nenos e nenas de 3 anos trouxeron fotos das súas mascotas. Falamos sobre elas e fixemos este libriño.


A PULSEIRA DE ESTRELA, 3 ANOS

A pulseira de Estrela tivo moito éxito entre os máis pequenos. Grazas a este elemento xurdiu a seguinte proposta "UNHA TARDE COA PULSEIRA DE ESTRELA". Estrela estaba algo aborrecida na Biblioteca e pensou en deixarlle a  pulseira ós nenos e nenas de 3 anos a cambio de que  lle contasen o que facían polas tardes nas súas casas. Os nenos e nenas levaban a pulseira na man e unha caixiña, a modo de xoieiro, para informar ás familias da actividade. Ó  mañá seguinte debían contar ós seus compañeiros/as as cousas que fixeron a tarde pasada. Tamén tiñan que escribir e facer un debuxo, para levarlle a  Estrela, do que máis lles gustou. Finalmente, Estrela agasallaraos con caramelos porque pasouno moi ben lendo o que facían polas tardes.