14/5/13

ENTREGA DO V PREMIO MIMI Ó PERSOEIRO DO ANO

Hoxe, fixemos a entrega do V Premio Mimi á rapeira viguesa AÍD. Como ben sabedes, este galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro. Aid interpretou co alumnado de 5º, encargado de levar adiante este proxecto cada ano, o tema "Apréndeo" que tanto cantamos estes días no cole. Tamén nos confesou que Rosalia de Castro era para ela "o seu ídolo e unha gran muller". Regalounos a interpretación a ritmo de rap do poema "Adeus ríos, adeus fontes" recollido no seu disco libro " Rapoemas" da editorial Galaxia, que inclúe un bo feixe de poemas de Rosalía de Castro a ritmo de rap. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!

3/5/13

CANDIDATOS PREMIO MIMI 2013

Os alumnos/as de 5º fixeron a presentación dos candidatos á V edición do Premio Mimi. Os candidatos propostos este ano foron: Agustín Fernández Paz (escritor), Ángel Alfonso Piñeiro (mestre no centro durante 25 anos), Os Axóuxeres (serie debuxos emitida por tvG2 ; son unha familia divertida de monecos que vive  encol dunha mesa no dormitorio dun neno), Fina Casalderrey (escritora) e Aída Alonso Iglesias ( coñecida como AID, cantante e compositora de música urbana).  De seguido, fixéronse as votacións e tralo escrutino saiu como gañadora, cunha gran vantaxe, a rapeira galega "AID".

24/4/13

DON CARLOS

Este ano, para celebrar o Día do Libro, os nenos e nenas de 5 anos fixeron unha adaptación do conto "Dona Carme". Confecionaron un libriño, titulado "Don Carlos", no que escribiron e debuxaron para levar a casa. Ademais, aproveitando as TIC´s fíxose unha montaxe audiovisual que presentaron a outros alumnos/as. ¡Botádelle un ollo!

23/4/13

OJO DE NUBE: MARCAPÁGINAS

Un ano máis, para celebrar o Día do Libro, cada neno e nena elaborou un marcapáxinas persoal, para marcar os puntos de lectura. Este ano a elaboración xiraba arredor do libro "Ojo de Nube" que traballou o alumnado de todo o colexio. Os peques de 5 anos decidiron ilustrar algún tipy, tótem, montaña... pola cara de diante e pola traseira o nome indio que se puxeron.





22/4/13

PRIMAVERA 2013

¡¡¡Xa comezou a primavera!!! Para celebralo decidimos plantar sementes de tomates e de cenorias. E, como a case todos os peques lles gustan os amorodos, imos probar a coidar as plantas para ver o proceso de transformación, dende que é unha pequena flor ata converterse nun fermoso amorodo. Este ano, para a plantación inspirámonos nos indios crow; sementamos, regamos a diario e ¡¡imos ver se podemos recolectar algo pasados uns meses!!

16/4/13

OJO DE NUBE: VISITA DE LAURA

Na xornada de hoxe,  Laura Benítez Satre, a coordinadora do Equipo da Asociación Española de Lectura e Escritura (AELE), visitou o Centro para traballar a obra de Ricardo Gómez "Ojo de nube" polas distintas aulas participantes no Proxecto. Como agasallo, para Laura,  todo o alumnado do colexio, coordinado pola profesora de música Claudia, interpretou a cantiga de "Hani Kuni". ¡Botádelle un ollo! ¡Fixérono moi ben!

15/4/13

OJO DE NUBE: PISADAS

Mentres liamos o libro "Ojo de Nube" descubrimos que os nenos indios aprendían a identificar pisadas dende ben pequenos. Achegando a experiencia o noso contorno tratamos de identificar as pisadas dos animais máis coñecidos entre nós. Ademais, recollemos algunhas pistas para identificalos. ¡¡¡A ver ser os adiviñades!!!! Tamén, preparamos un xogo LIM, aproveitando os debuxos feitos para o traballo das pisadas, así coma o novo vocabulario. ¡¡¡ Probade a facelo!!!

10/4/13

CANCIÓN "HANI KUNI"

Vídeo da interpretación feita por alumnos e alumnas do CEIP Amor Ruibal da cantiga india "Hani Kuni".

23/3/13

DIVERSIÓN CON MAWA

Aquí vos deixamos uns vídeos moi divertidos para pasar un bo rato estas Pascuas. ¡Boas Pascuas a todos!

22/3/13

VISITA O COLE: ANXO MOURE

Este venres, 22 de marzo, recibimos no centro a visita do contacontos Anxo Moure. Coñecido por algúns coma "O CARBALLO CON BOTAS". Que nos contou unha historia fantástica sobre as árbores, de como alimentan a nosa imaxinación, da música das árbores... Tamén nos contou cousas dos seus inimigos o lume e o lixo. ¡Pasamos un intre moi agradable con el!

20/3/13

A TRIBU DOS INDIOS CROW

Grazas á lectura do libro "OJO DE NUBE" aprendemos moitas cousas sobre os indios crow. Con toda esa información cada neno e nena de 5 anos fixo o seu libriño para levar a casa e informar as súas familias. Aquí vos deixamos unha mostra.

19/3/13

OJO DE NUBE: OS INDIOS CROW

A través da lectura do libro "Ojo de Nube" fomos aprendendo moitísimas cousas sobre os indios crow. Todo o que aprendemos escribímolo e debuxámolo, resultando esta pequena aplicación de imaxes interactivas, que responde  a prenguntas sinxelas como: onde vivían, como eran as súas casas, que cazaban, que recolectaban, que facían... ¡¡¡Facede clic na imaxe, movede o rato e premede nos círculos!!!



OJO DE NUBE: A FAMILIA

Na aula fixemos un traballo sobre a familia de Ojo de Nube e tamén da familia de cada un dos nenos e nenas de 5 anos. O traballo titulábase "Eu e Ollo de Nube" ; consistía nunha comparativa da familia de cada neno/a e a de Ollo de Nube. Como resultado obtivemos a "Árbore Xenealóxica" de cada un dos alumnos/as e de Ollo de Nube. ¡¡¡Facede Clic na imaxe, movede o rato e premede nos nomes!!!



OJO DE NUBE: TRABALLANDO AS ILUSTRACIÓNS

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron tamén a obra de Ricardo Gómez "Ollo de Nube" a través das ilustracións do mesmo. A través dos debuxos traballaron sensacións,sentimentos como podedes ver no seguinte traballo. ¡Botádelle un ollo!

11/3/13

CANTIGAS DO MOMENTO

Estas son as cantigas de máis éxito entre os máis peques do cole neste momento.¡Seguro que vós tampouco vos resistides a bailalas!!!!!

1/3/13

OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES

Os nenos e nenas de 4 anos crearon un conto a partir da ilustración da portada do libro "Ojo de Nube", argumentando unha pequena historia. ¡Botádelle un ollo!

25/2/13

OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES

No grupo de 5 anos  comezamos a traballar o Libro de "OJO DE NUBE", facendo unha lectura da imaxe da portada e creando a partir da mesma unha nova historia titulada " A VIAXE DE AVI E LUCERO". O traballo de argumentación e ilustración cos rapaces/as foi moi interesante, creativo e orixinal.
 O resultado foi este pequeno conto. ¡Unha historia fantástica! ¡Botádelle un ollo!

LIM: "A TRIBU GUAI"

Para axudarnos a recordar os nomes  de toda a nosa tribu e outras cousas importantes fixemos un xogo LIM. Se queredes podedes intentar facelo, ¡É moi divertido!

15/2/13

OJO DE NUBE: LIBRO NOMES INDIOS

Estamos traballando o libro "Ojo de Nube" de Ricardo Gómez. Para comezar, cada un dos nenos e nenas compuxo o seu nome indio (cun animal, planta ou astro máis unha calidade do mesmo). Tamén, fixeron o círculo sagrado para poñerlle nome á tribu, houbo varias propostas e escolleuse por votación.


12/2/13

ENTROIDO 2013

Xa chegou o ENTROIDO ao Cole e con el "Os mandados de Mimi".   "Cada día da semana un obxecto ou prenda vestirás, senón a cara pintarás": o luns algo de pallaso, o martes algo de animais, o mércores algo de indios, o xoves algo de magos ou meigas e o venres o gran día do que ti queiras. ¡Botádelle un ollo e veredes que ben o pasamos!