10/4/13

CANCIÓN "HANI KUNI"

Vídeo da interpretación feita por alumnos e alumnas do CEIP Amor Ruibal da cantiga india "Hani Kuni".

23/3/13

DIVERSIÓN CON MAWA

Aquí vos deixamos uns vídeos moi divertidos para pasar un bo rato estas Pascuas. ¡Boas Pascuas a todos!

22/3/13

VISITA O COLE: ANXO MOURE

Este venres, 22 de marzo, recibimos no centro a visita do contacontos Anxo Moure. Coñecido por algúns coma "O CARBALLO CON BOTAS". Que nos contou unha historia fantástica sobre as árbores, de como alimentan a nosa imaxinación, da música das árbores... Tamén nos contou cousas dos seus inimigos o lume e o lixo. ¡Pasamos un intre moi agradable con el!

20/3/13

A TRIBU DOS INDIOS CROW

Grazas á lectura do libro "OJO DE NUBE" aprendemos moitas cousas sobre os indios crow. Con toda esa información cada neno e nena de 5 anos fixo o seu libriño para levar a casa e informar as súas familias. Aquí vos deixamos unha mostra.

19/3/13

OJO DE NUBE: OS INDIOS CROW

A través da lectura do libro "Ojo de Nube" fomos aprendendo moitísimas cousas sobre os indios crow. Todo o que aprendemos escribímolo e debuxámolo, resultando esta pequena aplicación de imaxes interactivas, que responde  a prenguntas sinxelas como: onde vivían, como eran as súas casas, que cazaban, que recolectaban, que facían... ¡¡¡Facede clic na imaxe, movede o rato e premede nos círculos!!!



OJO DE NUBE: A FAMILIA

Na aula fixemos un traballo sobre a familia de Ojo de Nube e tamén da familia de cada un dos nenos e nenas de 5 anos. O traballo titulábase "Eu e Ollo de Nube" ; consistía nunha comparativa da familia de cada neno/a e a de Ollo de Nube. Como resultado obtivemos a "Árbore Xenealóxica" de cada un dos alumnos/as e de Ollo de Nube. ¡¡¡Facede Clic na imaxe, movede o rato e premede nos nomes!!!



OJO DE NUBE: TRABALLANDO AS ILUSTRACIÓNS

Os nenos e nenas de 4 anos traballaron tamén a obra de Ricardo Gómez "Ollo de Nube" a través das ilustracións do mesmo. A través dos debuxos traballaron sensacións,sentimentos como podedes ver no seguinte traballo. ¡Botádelle un ollo!

11/3/13

CANTIGAS DO MOMENTO

Estas son as cantigas de máis éxito entre os máis peques do cole neste momento.¡Seguro que vós tampouco vos resistides a bailalas!!!!!

1/3/13

OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES

Os nenos e nenas de 4 anos crearon un conto a partir da ilustración da portada do libro "Ojo de Nube", argumentando unha pequena historia. ¡Botádelle un ollo!

25/2/13

OJO DE NUBE: ESCRIBIR COMO LECTORES

No grupo de 5 anos  comezamos a traballar o Libro de "OJO DE NUBE", facendo unha lectura da imaxe da portada e creando a partir da mesma unha nova historia titulada " A VIAXE DE AVI E LUCERO". O traballo de argumentación e ilustración cos rapaces/as foi moi interesante, creativo e orixinal.
 O resultado foi este pequeno conto. ¡Unha historia fantástica! ¡Botádelle un ollo!

LIM: "A TRIBU GUAI"

Para axudarnos a recordar os nomes  de toda a nosa tribu e outras cousas importantes fixemos un xogo LIM. Se queredes podedes intentar facelo, ¡É moi divertido!

15/2/13

OJO DE NUBE: LIBRO NOMES INDIOS

Estamos traballando o libro "Ojo de Nube" de Ricardo Gómez. Para comezar, cada un dos nenos e nenas compuxo o seu nome indio (cun animal, planta ou astro máis unha calidade do mesmo). Tamén, fixeron o círculo sagrado para poñerlle nome á tribu, houbo varias propostas e escolleuse por votación.


12/2/13

ENTROIDO 2013

Xa chegou o ENTROIDO ao Cole e con el "Os mandados de Mimi".   "Cada día da semana un obxecto ou prenda vestirás, senón a cara pintarás": o luns algo de pallaso, o martes algo de animais, o mércores algo de indios, o xoves algo de magos ou meigas e o venres o gran día do que ti queiras. ¡Botádelle un ollo e veredes que ben o pasamos!

30/1/13

DÍA DA PAZ

Este 30 de xaneiro de 2013 celebramos  o "Día da Paz". Todos os nenos e nenas do cole cantamos e bailamos no ximnasio a cantiga "Color Esperanza " de Diego Torres. Tamén, elaboramos o "Tren da Paz" para o cal cada curso fixo a súa aportación.

28/1/13

SAÍDA Ó TEATRO PRINCIPAL PONTEVEDRA

Hoxe, luns día 28,  fomos ó Teatro Principal de Pontevedra en autobús para ver a obra de teatro "PIO" do grupo Caramuxo. Foi unha experiencia moi divertida.





17/1/13

A TODA MÁQUINA: ALEMAÑA

Nesta viaxe imos visitar ALEMANIA!Aprendemos unha chea de cousas! Grazas a información facilitada polas mamás e papás. Facede clic nos cadros e mirade as imaxes.


Aquí podedes ver tódalas cousas que aprendemos:




A avoa de Matilde estivo vivindo moitos anos en Alemaña e convidámola para que nos contara como eran: as rúas, as festas, as comidas...

21/12/12

NADAL 2012-2013

Aquí vos deixamos un vídeo no que recollemos como vivimos o Nadal no noso cole este ano. Desexámosvos a todos un "Bo Nadal e Feliz Ano Novo 2013".

¿QUERES FALAR CON PAPÁ NOEL OU COS REIS MAGOS?

Se queres falar con Papá Noel ou cos Reis Magos pídelle a algún adulto que che axude.
 Fai Clic nesta imaxe.

18/12/12

CONTO DE NADAL

Na aula de 5 anos estivemos carteando con PAPÁ NOEL. Un día deixóunos un boneco, en lugar dunha foto, dun dos seus axudantes que se chama KALEVI, e pediunos que creasemos un conto de nadal. O resultado foi este marabilloso conto: "PAPÁ NOEL NON TEN REGALOS". ¡Podedes ver que xeitoso nos quedou!

4/12/12

LIM "NADAL DOS NENOS/AS DE 5 ANOS"

Este Nadal preparamos un LIM cos nosos debuxos. Podedes intentar facelo, tamén hai panxoliñas para cantar. ¡Botádelle un ollo!