Un dos principais obxectivos da educación debe ser ampliar as ventás polas cales vemos ó mundo. Autor: Arnold H. Glasow
31/10/12
LIM "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA"
Ademais do conto "O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA" os nenos e nenas de 5 anos fixeron actividades sobre o mesmo aproveitando a ferramenta LIM. ¡Probade a facelo!
30/10/12
O ARMARIO DA BRUXA FERNANDA
Esta pequena produción xorde dunha actividade de animación á lectura en tempo de SAMAÍN. Os nenos e nenas de 5 anos atoparon unha folla envellecida na que se contaba unha pequena historia dunha bruxa. Pero, nesta historia había fragmentos que non se vían, estaban como borrados, e houbo que reinventala. ¡Botádelle un ollo!
29/10/12
POCIÓN BLA-BLA-BLA
Este SAMAÍN con tantas bruxas e bruxos non podía rematar sen que cada grupo elaborase unha POCIÓN. Aquí vos deixamos a que elaboraron os nenos e nenas do grupo de cinco anos. ¡Podedes probar a facela, seguro que funciona!
26/10/12
MEG AND MOG
Aquí vos deixamos un vídeo da bruxa Meg e o seu gato Mog moi divertido para este Halloween.
24/10/12
LIM "O COELLIÑO BRANCO
Tamén fixeron un LIM para escoitar o conto "O Coelliño Branco" e facer algunhas actividades relacionadas co mesmo. ¡Probade a facelo!
SEMANA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar esta data os nenos e nenas de 5 anos traballaron o conto "O Coelliño Branco". Ilustrárono, contárono . ¡Disfrutádeo !
4/10/12
CUMPLEANOS DE OUTUBRO
Neste mes de OUTUBRO tivemos algúns amigos e amigas de cumple. ¡FELICIDADES! Se os vedes non vos esquezades de felicitalos.
3/10/12
LIM VOGAIS
Estamos estudando as vogais en maiúscula e en minúscula. Entre moitas outras actividades fixemos un LIM podedes botarlle un ollo e probar a facelo. ¡Que vos parece!
27/9/12
CUMPLEANOS DE SETEMBRO
Neste mes de setembro tivemos algúns amigos e amigas de cumple. ¡FELICIDADES! Se os vedes non vos esquezades de felicitalos.
14/9/12
INAUGURACIÓN DO CURSO 2012-2013
Este venres demos por inaugurado oficialmente o curso 2012-2013. O acto foi presentado pola profe Claudia e os convidados: Miro Magariños, a Concelleira de Cultura e Gerino Calvo. Todos dedicaron unhas palabras ó alumnado, esperando que aproveiten o curso adquiriendo un novos coñecementos, cun pequeno esforzo e moita ilusión. Tamén se lembrou: o traballo e dedicación do profesorado ó alumnado e ó centro; así como, a participación das familias na vida do mesmo, a través da ANPA.
11/9/12
1/8/12
1º TALENT SHOW
¡¡O RESULTADO FOI MAGNÍFICO!!
GRADUACIÓN 2011-2012
Os nenos e nenas de 5 anos rematamos a nosa estancia no Ciclo de Infantil cunha festa de GRADUACIÓN á que convidamos os nosos pais e nais e que compartimos cos demais compañeiros/as do colexio e en especial cos de 6º curso que marchan para o Instituto.
Estabamos moi guapos cos nosos birretes. ¡Botádelle un ollo!
ALIMENTOS, ESPAZO E VERÁN
Aquí, podedes ver os alumnos de 5 anos nalgunhas das actividades que fíxemos neste último trimestre relacionadas cos alimentos, o espazo e o verán. Aprenderon moitas cousas e divertíronse moito. ¡Mirade!
19/6/12
CANTAMOS: EVA MARIA SE FUE...
Os nenos e nenas de 5 anos queren rematar o curso cantándovos unha cantiga moi popular "Eva Maria se fue" de Fórmula V. A interpretación foi moi boa, podedes ver o vídeo. Deséxanvos a todos un bo verán e esperan atopaparvos para xogar na praia ou no no parque.
7/6/12
UNHA VIAXE POLO ESPAZO
Os nenos e nenas de 5 anos están estudando o Sistema Solar e fixeron unha viaxe polo espazo. ¡Foi fantástico!
ESTUDAMOS O SISTEMA SOLAR
Aquí deixamos algúns materiais, recursos e xogos.
XOGOS:
MIRANDO LAS ESTRELLAS
LOS PLANETAS DEL SISTEMA SOLAR
XOGOS:
MIRANDO LAS ESTRELLAS
LOS PLANETAS DEL SISTEMA SOLAR
2/6/12
CUMPLES DE XUÑO
En XUÑO celebramos os cumples dos seguintes amigos e amigas. ¡FELICIDADES! ¡Non vos esquezades de felicitalos!
31/5/12
ENTREGA DO IV PREMIO MIMI
Hoxe, fixemos a entrega do IV Premio Mimi á gañadora "Pili",a informadora xuvenil do Concello que organiza moitísimas actividades para os rapaces e rapazas do cole. Os maiores do cole, no escenario, tocaron unha peza mexicana para Pili e tamén interpretaron o tema do "Rap da Lingua" do grupo Migallas. ¡Podedes botarlle un ollo ó vídeo!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)